Convenio Colectivo de Empresa de FABRICA DE CERAMICA DE SARGADELOS, S.L. de Lugo

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 29 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. 11/09/2001 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. 11/12/1997 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 11 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. 13/05/1996 Diario Oficial de Galicia

Resolución do 29 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S. L. (Diario Oficial de Galicia núm. 176 de 11/09/2001)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Plus de asistencia = 1.054 pesetas (6,33euros) /día efectivamente traballado.

Táboa de productividade: baseándose nos índices de productividade acadados, no cómputo xeral do ano anterior, establécense os incentivos sinalados no artigo 11º.

2002 e 2003.-Incremento: convenio estatal+ 1,25%. Calquera outro incremento levará aparellado un

sistema de incentivos (artigo 11º) , segundo as prescricións do convenio de ámbito estatal que, se é o caso, pactarán ámbalas dúas partes asinantes, no mes de xaneiro de cada ano.

Antigüidade: segundo o convenio colectivo sectorial de ámbito estatal.

O complemento de transporte ó que se refire o convenio colectivo sectorial de ámbito estatal queda compensado coas melloras contidas neste convenio colectivo de empresa, segundo a acta de preacordo AGA 6/01.

Artigo 10º.-Gratificación de marzo. A razón de trinta días de salario base maila antigüidade, que se aboará no primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 11º.-Bolsa de productividade. 2001: a partir dunha productividade de 5,70 minutos/peza, inclusive, aboarase un incentivo de 150.000 pesetas (901,52 euros) por cada centésima de mellora obtida.

2002 e 2003: segundo o pacto que se indica no artigo 9º deste convenio.

O aboamento desta bolsa, se é o caso, efectuarase no 2º trimestre do ano seguinte.

Artigo 12º.-Seguimento. As partes asinantes comprométense a un seguimento da xornada de traballo, para cuantifica-los resultados que se vaian obtendo, referidos fundamentalmente ó mellor aproveitamento do tempo de traballo e reducción do absentismo, o que incidirá necesariamente nun aumento da productividade e dos resultados económicos positivos.

Artigo 13º.Respectaranse as condicións máis beneficiosas que se poidan derivar do convenio colectivo sectorial de ámbito estatal, que rexerá como supletorio do convenio colectivo de empresa nas materias sobre as que este non dispoña, salvo renuncia expresa a este (AGA 6/01) .

Artigo 14º.Desígnase unha comisión paritaria, que integran catro membros das partes negociadoras, dous deles en representación do comité de empresa e outros dous en representación da administración de empresa. A comisión paritaria entenderá de cantas cuestións lle sexan atribuídas e determinará os procedementos para solventa-las discrepancias no seo da propia comisión.

Artigo 15º.-Dereitos lingüísticos. No seo desta empresa, desde a súa creación a finais de 1968, de xeito natural, espontáneo, as relacións laborais, ámbito ó que se refire este convenio colectivo, véñense producindo en galego, total e absolutamente.

Posteriormente, a lexislación democrática, estatal e autonómica, referendaron o galego como o idioma propio e oficial de Galicia.

Polo tanto, os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega. No seo da empresa, a administración e o comité de empresa, fomentarán o uso da lingua galega, ó se-lo idioma un dos sinais de identidade fundamental do noso pobo.