C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XOVE. PERSOAL LABORAL (27000672011993) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 20 de Enero de 2015 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código Nuevo: 27000672011993
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 14 del 19/01/2015

    Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XOVE. PERSOAL LABORAL Convenio colectivo do persoal laboral do Excmo. Concello de Xove. CONCELLO DE XOVE. PERSOAL LABORAL Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XOVE. PERSOAL LABORAL (27000672011993) de Lugo  ...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision Convenio colectivo do persoal laboral do Excmo. Concello de Xove. Convenio afectado por 19/01/2015 Boletín Oficial de Lugo 20/01/2015 Vigente Documento oficial en PDF
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo , Revision Convenio colectivo do persoal laboral do Excmo. Concello de Xove. 19/01/2015 Boletín Oficial de Lugo 20/01/2015 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Correccion FE DE ERRATAS do anuncio relativo o texto do Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Xove 20/01/2015 Boletín Oficial de Lugo 20/01/2015 Documento oficial en PDF

Convenio colectivo do persoal laboral do Excmo. Concello de Xove. (Boletín Oficial de Lugo núm. 14 de 19/01/2015)
CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE XOVE

 


CAPÍTULO 1.- DISPOSICIÓNS XERAIS

 


Artigo 1.- DETERMINACIÓN DAS PARTES

Reconñécense con capacidade para negociar e asinar, de unha parte, o Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Xove, na súa representación, e de outra o Comité de Empresa ou os Delegados de Personal deste Concello, salidos dos últimos comicios electorais. Este convenio colectivo no terá forza vinculante ata que non teña sido válidamente refrendado polo Pleno da Corporación, e tras os trámites legais pertinentes de calquera convenio colectivo estatutario.


Artigo 2.- ÁMBITO PERSONAL

O presente Convenio Colectivo establece e regula as condicións de traballo de todos os empregados públicos que manteñan relación xurídica co Concello de Xove de carácter laboral, calquera que sexa a tipoloxía desta, quedando excluidos todos os empregados que non formen parte da plantilla municipal ou que, formando parte, ocupen postos de libre designación. Tamén quedarán excluidos os traballadores que se contraten ao abeiro de talleres ou obradoiros de emprego, escolas taller e programas de acción formativa para desempregados da Comunidade Autónoma así como calquera outro cuxo axente subvencionador condicione de algunha maneira as retribucións a aboar pola súa contratación.

Tampouco será de aplicación a aqueles traballdores que, sendo transferidos por delegación dos servizos desde outras administracións, iso supoña un extracoste municipal.


Artigo 3.- ÁMBITO FUNCIONAL

O ámbito funcional do presente Convenio será o propio do Concello coas súas plantillas, quedando, en calquera caso, excluidas as funcións que se presten a través de calqueira outros instrumentos de xestión.


Artigo 4.- ÁMBITO TERRITORIAL

O Convenio será de aplicación no ámbito propio da demarcación territorial do Concello de Xove e á que pudiera extenderse en Comisión ou Agrupación de Servizos.


Artigo 5.- ÁMBITO TEMPORAL E DENUNCIA

O presente Convenio, tras a súa aprobación polo Pleno da Corporación, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, con excepción do Capítulo IV que se aplicará con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2014.

A vixencia manterase ata o 31 de Decembro de 2.016.

De non ser denunciado por calquera das partes con unha antelación mínima de un mes á data da súa terminación, éste quedará prorrogado tácitamente ano a ano, mentras non se denuncie.

A denuncia sólo será válida se se produce nos termos establecidos no presente Convenio: deberá formalizarse por algunha das partes (Corporación ou Comité de Empresa), por escrito dirixido á outra parte concertante, e se procede legalmente á Autoridade Laboral, durante o mes de xuño de 2016. Excepcionalmente se admite que presente denuncia un sindicato de implantación maioritaria no colectivo só nos casos de inexistencia do Comité de Empresa.

No caso de non denunciarse na forma e periodo citados, entenderase prorrogado de ano en ano, revisándose únicamente e se procede, os importes dos conceptos salariais, ata que formalmente se denuncie nos sucesivos meses de xuño das anualidades de prórroga.


Artigo 6.- COMISIÓN PARITARIA

Un mes despois da sinatura do Convenio, polas partes negociadoras designarase unha Comisión Paritaria para entender da interpretación e vixiancia das claúsulas do texto convencional.

Esta Comisión estará composta por 6 membros elexidos libremente por cada parte concertante, 3 membros por parte da Corporación e 3 membros de entre os do Comité de Empresa.

Calquera discrepancia sobre a interpretación do clausulado do presente Convenio deberá someterse con carácter previo e obrigatorio á Comisión Paritaria, sen prexuízo do dereito posterior de acudir ás pertinentes instancias administrativas ou xudiciais correspondentes. Asímesmo, a comisión paritaria estará facultada para estudiar e acordar en aplicación do convenio, cantas modificacións normativas se poideran requerir por cambios da lexislación.

Os acordos que se adopten deberán ser por maioría simple dentro de cada unha das partes, e terán carácter vinculante para as partes asinantes quedando reflexados como tales na acta da correspondiente reunión, que suscribirán ambas partes, e se incluirán como parte integrante do Convenio Colectivo, dándolle a correspondente publicidade.

A Comisión paritaria poderá convocar a aqueles traballadores/as cuxa información poda considerarse necesaria para clarificar aspectos relacionados coa interpretación do presente convenio.

O Presidente da Comisión Paritaria será normalmente o Presidente da Corporación que será o encargado de ordear os debates e convocar as reunións a solicitude de alo menos un tercio da representación na Mesa Xeral de Negociación. De non existir acordo no seu nomeamento, será o membro de maior idade da Mesa.

O Secretario da Comisión será normalmente o Secretario da Corporación, con voz pero sen voto, que será o encargado de redactar as actas, enviar a documentación aos seus compoñentes, preparar as reunións e promover a documentación necesaria de cada unha das sesións. De non estar de acordo no seu nomeamento, será o membro máis xove da Mesa.

As reunións da Comisión Paritara celebraranse a petición de calquera das partes, por escrito e con unha antelación mínima de 15 días hábiles. De non prestarse a isto a outra parte, a parte convocante poderá adoptar as medidas legais que estime oportunas.

Para que a Comisión quede válidamente constituida, deberán estar presentes, como mínimo, o Alcalde ou Concelleiro Delegado e aqueles membros do Comité de Empresa que representen a maioría do colectivo laboral.

Todo traballador/a afectado polo contido do presente convenio podrá trasladar á Comisión Paritaria, para o seu coñecemento, estudio e dictame, copia das reclamacións que formule ante a Corporación, comunicando as conclusións e acordoa tomados, tendo dereito a ser atendido e, no seu caso, a que a Comisión faga súas ditas reclamacións.


Artigo 7.- INDIVISIBILIDADE DO CONVENIO

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e aos efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente en cómputo anual. No suposto de que a xurisdicción administrativa e/ou laboral competente no exercicio das facultades deixara sen efecto ou modificara algunha das estipulacións do convenio, deberá adaptarse o mesmo, facultándose para isto á Comisión Paritaria.

O presente Convenio é de aplicación prevalente sobre calquera outra norma, de igual, ou inferior rango, vixente á data da sinatura que regule materias contempladas no mesmo.


Artigo 8.- PACTO DE ARBITRAXE

Na hipótese de que como consecuencia de non poder acadar acordos a respecto da aplicación e/ou desenvolvemento deste Convenio, as partes chegaran a algún tipo de conflicto colectivo, unha vez esgotadas as vías administrativas e antes de acudir, no seu caso, a instancia xudicial, sométense ó contido mínimo determinado no artigo 85.3 do ET apartado e): Designación dunha comisión paritaria da representación das partes negociadoras para entender de aquelas cuestións establecidas na lei e de cantas outras lle sexan atribuídas, así como establecemento dos procedementos e prazos de actuación desta comisión, incluído o sometemento das discrepancias producidas no seu seo aos sistemas non xudiciales de solución de conflictos establecidos mediante os acordos interprofesionais de ámbito estatal ou autonómico previsto no artigo 83. · (Acordo interprofesional galego, Diario Oficial de Galicia do día 24 de maio de 2013)

Só en caso de grave desacordo coa proposta de mediación, se poderá excepcionalmente acudir a instancias xudiciais.


CAPÍTULO 2.- COBERTURA DE POSTOS E PLANTILLAS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

 


Artigo 9.- PLANTILLA E OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO.

Anualmente, dentro do primeiro trimestre, procederase a publicar a Oferta Pública de Empleo, que será negociada previamente nos seus criterios ou aspectos xerais.

O ingreso na plantilla do Concello de Xove realizarase mediante a convocatoria anual da Oferta Pública de Emprego (en adiante, O.P.E.). Non obstante e por necesidades urxentes do servizo, poderán ser convocadas e cubertas con contratos temporais e sempre que a lexislación o permita, aquelas prazas dotadas presupostariamente e non cubertas na O.P.E. anterior, coa obriga de incluilas na seguinte convocatoria da O.P.E.

Toda selección de personal laboral fixo deberá realizarse conforme á O.P.E. e a través dos sistemas de oposición ou concurso-oposición ou concurso nos que se garantan os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Entre a Plantilla e a O.P.E. haberá, en calquera caso, unha íntima relación, debendo emanar a segunda das vacantes da primeira.


Artigo 10.- RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT).

A relación de postos de traballo será un documento unitario e homoxéneo que reflexará en todo momento a totalidade dos postos de traballo existentes no Concello de Xove.

A contratación de personal temporal deberá realizarse acudindo ao Servizo Público de Emprego ou mediante a Bolsa de Emprego Municipal.


Artigo 11.- CREACIÓN, MODIFICACIÓN OU SUPRESIÓN DE POSTOS.

A creación, modificación e supresión de todos ou algúns elementos que podan ter ou teñan relación cos postos ou condicións de traballo deste colectivo laboral, deberán realizarse a través da R.P.T. previa negociación cos Representantes dos Traballadores.

A RPT confeccionarase consonte se establece legalmente e os seus criterios de valoración serán os que tamén se establecen legalmente para os homólogos funcionarios.


Artigo 12.-SELECCIÓN DE PERSONAL. PROVISIÓN DE POSTOS

1.- Os postos de traballo de carácter temporal ou non permanente que por necesidades dos servizos municipais deban crearse seleccionaranse, segundo os casos, ben acudindo ao Servizo Público de Emprego ou mediante anuncios en prensa, sendo de aplicación as bases que a tal efecto se aproben con carácter previo.

2.- Con carácter previo á cobertura por persoal temporal ou de novo ingreso, os postos de carácter permanente, que deberán figurar na RPT, cubriranse preferentemente e de xeito voluntario mediante anuncio, entre os empregados fixos de plantilla, para que con isto podan conseguir calquera mellora profesional e/ou retributiva.

En ningún caso produciran ascensos polo mero transcurso do tempo de servizo en un determinado grupo profesional.


Artigo 13.- TRABALLOS DE SUPERIOR E INFERIOR CATEGORÍA

O Concello de Xove poderá asignar ao seu personal funcións, tareas ou responsabilidades distintas ás que corresponden ao posto de traballo que desempeñe sempre que resulten adecuadas á súa clasificación profesional, cando as necesidades do servizo, a criterio do empleador, o xustifiquen e sen merma nas retribucións.

Cando así o esixiran as necesidades do servizo debidamente motivadas, o Concello poderá encomendar aos seus traballadores/as, legalmente capacitados, o desempeño de funcións correspondentes a un grupo profesional superior ao que ostenten, por un periodo non superior a seis meses durante un ano, ou oito meses durante dous.

En ningún caso o desempeño de postos de superior catalogación implicará o dereito automático ao ascenso de grupo ou subgrupo.

Cando se desempeñe con plena responsabilidade, un posto de traballo de catalogación superior, para o que está capacitado, o traballador/a terá dereito á diferencia retributiva en complemento de destino e específico entre o seu posto e o realmente ocupado.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles, o Concello destinara a un traballador/a a tarefas correspondentes a unha catalogación inferior á que ostente dentro do seu servizo, só poderá facelo polo tempo imprescindible e debidamente xustificado, garantíndose as retribucións e demáis dereitos da súa catalogación profesional e comunicándoo aos representantes dos traballadores/as.


Artigo 14.- TRIBUNAIS DE SELECCIÓN DE PERSONAL

Os tribunais para a selección de personal tanto fixo como temporal estarán compostos como mínimo por cinco membros. Aos efectos de designar aos membros dos tribunais de selección de personal, estarase ao disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante, EBEP).

As indemnizacións por asistencia a tribunais de selección acomodaranse ás previstas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, coas actualizacións que procedan, e serán as seguintes:

- Categoría primeira:

Presidente e Secretario: 45,89 €

Vocais: 42,83 €

- Categoría segunda:

Presidente e Secretario: 42,83 €

Vocais: 39,78 €

- Categoría terceira:

Presidente e Secretario: 39,78 €

Vocais: 36,72 €

-Categoría primeira: acceso a Corpos ou Escalas do grupo A1

-Categoría segunda: acceso a Corpos ou Escalas dos grupos A2 e C1

-Categoría terceira: acceso a Corpos ou Escalas dos grupos C2 e E/Agrupacións Profesionais.


Artigo 15.- SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS DO PERSONAL LABORAL

No que resulte legalmente compatible co Estatuto dos Traballadores, será de exclusiva aplicación para o personal laboral suxeito a Convenio o Título VI de Situaciones administrativas do EBEP.


CAPÍTULO 3.- XORNADA LABORAL. CALENDARIO E VACACIÓNS

 


Artigo 16.- XORNADA DE TRABALLO.

A xornada de traballo será a mesma que a establecida para os seus homólogos funcionarios (actualmente 37.5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a 1657 horas anuais, establecida mediante Resolución de 28 de decembro de 2012 da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, modificada por Resolución da mesma Secretaría de 23 de decembro de 2013).

Non obstante, será o calendario laboral o que establezca o horario de traballo, en función dos postos de traballo e atendendo aos horarios de apertura ao público de determinadas oficinas e servizos públicos. O calendario laboral tamén poderá establecer, en función do posto de traballo, unha distribución irregular da xornada ao longo do ano, que deberá respectar, en todo caso, os periodos mínimos de descanso diario e semanal.

Durante a xornada de traballo poderáse disfrutar de unha pausa por un periodo de 30 minutos, que se computarán como traballo efectivo. A estes efectos, considerarase traballo efectivo o prestado dentro do horario establecido polo órgano competente e o que corresponde polos permisos retribuidos así como os créditos de horas retribuidos para funcións sindicais. Esta interrupción no poderá afectar á prestación dos servizos.

Durante o periodo comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ámbolos dous inclusive, e entre o 24 de decembro e o 7 de enero, ámbolos dous inclusive, poderá establecerse unha xornada reducida de verán e Nadal respectivamente, que se recuperará no xeito que estableza no calendario laboral, respectándose, en todo caso, a xornada de traballo en cómputo anual. En calquera caso, a xornada anual e o calendario deberán ser idénticas ás establecidas para o colectivo funcionarial e respectar o límite establecido.

Medidas de conciliación

Sempre que a legislación o permita, establécense as medidas de conciliación da vida familiar e laboral previstas no artigo 48 do EBEP coas modificacións a que poidera haber lugar razonablemente extrapolables a calquera colectivo:

1.- Por razóns de garda legal, cando o traballador teña ao seu coidado directo de algún menor de 12 anos, de persoa maior que requira especial dedicación, ou de unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuida, terá dereito á reducción da súa xornada de traballo, coa disminución das súas retribucións que corresponda. Terá o mesmo dereito o empregado que precise encargarse do coidado directo de un familiar, ata o segundo grao de cosanguinidad ou afinidade, que por razóns de idade, accidente o enfermedade non poda valerse por sí mismo e que non desempeñe actividade retribuida.

2.- Por ser preciso atender o coidado de un familiar de primeiro grao, o empregado terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuido, por razóns de enfermedade moi grave e polo prazo máximo de 1 mes. Se houbese mái de un titular de este dereito polo mesmo feito causante, o tempo de disfrute desta reducción poderase prorratear entre os mesmos, respectando en todo caso, o prazo máximo de 1 mes.


Artigo 17.- CALENDARIO LABORAL

O calendario laboral é o instrumento técnico de ordenación dos recursos dispoñibles a través do que se realiza a distribución da xornada e a fixación dos horarios, previa negociación co Comité de Empresa ou os Delegados de Personal.

O calendario laboral será público a fin de asegurar o seu xeral coñecemento, tanto por parte dos empregados públicos e dos seus representantes legais e sindicais, coma dos cidadáns en xeral.

O calendario laboral, sempre que sexa técnicamente posible, deberá aprobarse polo Alcalde-Presidente e previa negociación, durante o último trimestre do exercicio anterior ao que se refira. Dito calendario poderá modificarse seguindo os mesmos trámites e os legais oportunos, tantas veces como a organización obxectiva e motivadamente o requira.


Artigo 18.- VACACIÓNS

As vacaciones do personal constitúen un dereito irrenunciable, indispoñible e non substituible por compensación económica coa única excepción das liquidacións.

As vacacións anuais retribuídas con carácter xeral serán de 22 días hábiles anuais por ano completo ou dos días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano foi menor. A estes efectos os sábados consideraranse inhábiles, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais.

En ningún caso, a distribución anual da xornada pode alterar o número de días de vacacións ou o número de días festivos de carácter retribuido e non recuperable.

As vacacións disfrutaranse, previa autorización e sempre que resulte compatible coas necesidades do servizo, dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte, en periodos mínimos de cinco días hábilesconsecutivos, sen prexuízo de que, sempre que as necesidades do servizo o permitan, se poida solicitar o disfrute independente de ata 6 días hábiles por ano natural, que poderán acumularse aos días de asuntos particulares, e sen que isto poda supoñer unha reducción da xornada establecida no artigo 16 deste Convenio.

A solicitude de vacacións deberá formalizarse alomenos 1 mes antes do comenzo do seu disfrute. Dita solicitude deberá efectuarse conxuntamente no caso de traballadores adscritos ao mesmo servizo para evitar solapamentos de periodos vacacionais que podan afectar á prestación do servizo e deberán ser conxuntas no caso de traballadores de un mesmo servizo aos efectos de que non se solapen periodos vacacionais.

O calendario laboral establecerá os periodos de vacacións en función das necesidades dos distintos servizos e do horario de apertura ao público das instalacións. Non obstante, cando se prevea o peche das instalacións debido á inactividade estacional de determinados servizos públicos ou calquera outra causa de forza maior, os periodos de disfrute das vacacións coincidirán na franxa temporal de peche.

Asimesmo o Concello, por necesidades dos servizos poderá modificar o periodo vacacional dos seus traballadores ata o límite de 11 días hábiles.

Cando o periodo de vacacións previamente fixado ou autorizado e cuxo disfrute non se tivese iniciado, poda coincidir no tempo con unha situación de incapacidade temporal, risco durante a lactancia, risco durante o embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade o permiso acumulado de lactancia, poderase disfrutar en data distinta. Cando as situacións ou permisos indicados neste párrafo impidan iniciar o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, as mesmas poderanse disfrutar en ano natural distinto.

No caso de incapacidade temporal legalmente acreditada, o periodo de vacacións poderase disfrutar unha vez teña finalizado dita incapacidade e sempre que non tivesen transcorrido máis de 18 meses a partir do final do ano no que se tivesen orixinado.

Se durante o disfrute do periodo de vacacións autorizado, sobreviñera o permiso de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal, o periodo de vacacións quedará interrumpido podendo disfrutarse o tempo que reste en un periodo distinto. No caso de que a duración dos citados permisos ou de dita situación impida o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, as mesmaspoderanse disfrutar no ano natural posterior.

Cando se produza o cese de personal temporal inferior ao ano sen disfrute de vacacións por necesidades do servizo, terá dereito ao abono da parte proporcional das súas vacacións, a non ser que a causa do cese veña motivada pola adquisición da condición de personal laboral fixo de plantilla. Neste caso, computaranse os servizos prestados como personal temporal aos efectos do cómputo do periodo de vacacións.

Criterios de prevalencia no disfrute das vacacións:

Os trabajadores con fillos ata a idade de escolarización obrigatoria e disminuidos físicos e psíquicos terán prioridade para a elección de turnos de traballo e descanso.

Calquera acordo de modificación de vacacións non afectará aos xa disfrutados.


Artigo 19.- PERMISOS E LICENZAS NON REMUNERADAS.

1.- Sempre que a lexislación o permita para os seus homólogos funcionariais, o personal laboral tamén poderá solicitar un permiso por asuntos propios sen retribución de unha duración acumulada que non poderá exceder dos tres meses cada dous anos, de acordo cos seguintes criterios:

-A concesión deste permiso está subordinada ás necesidades do servizo e terá a duración que solicite o empregado. Non obstante, a incorporación ao centro de traballo producirase, en todo caso, en un día laborable de prestación de servizos.

-O tempo de duración deste permiso terá a consideración de servizos prestados únicamente as efectos da antigüedade e consolidación de grao personal

-O Concello, mentras dure este permiso sin retribución, manterá ao personal en alta especial no réxime de seguridade social que sexa de aplicación

-O personal laboral de novo ingreso sólo poderá solicitar este permiso unha vez transcorridos dous anos desde o seu nomeamento como personal laboral. O personal laboral que non teña a consideración de fixo de plantilla non terá dereito a este permiso.

-O prazo para o cómputo dos dous anos para o disfrute de un novo por asuntos propios debe comenzar a computarse no momento en que termine o disfrute do permiso anterior.

-Unha vez esgotados os tres meses de duración máxima do permiso, debe transcurrir un mínimo de dous anos para poder volver a solicitalo.


Artigo 20.- PERMISOS E LICENZAS REMUNERADAS

O personal laboral ao servizo do Concello de Xove terá os permisos aos que se refire o artigo 48 do EBEP e, sempre que a lexislación o permita para os seus homólogos funcionariais e coas modificacións a que houbera lugar para ambos colectivos:

A.-Por falecemento, accidente ou enfermidad grave de un familiar dentro do primeiro grao de cosanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermedade grave de un familiar dentro do segundo grao de cosanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Os días que se faga uso deste permiso deberán ser en todo caso inmediatamente posteriores ao feito causante, e computarse o día do falecemento, accidente ou enfermedade cando o empregado non preste servizos ese día e lle correspondería prestalos. Asímesmo, estes días deberán ser consecutivos en caso de falecemento e poderán disfrutarse de forma discontinua no caso de enfermedade ou accidente mentras persista o feito causante e ata o máximo de días establecido.

Para os efectos do disfrute deste permiso non se considerarán días hábiles os sábados e non se tomará como referencia para o cómputo dos prazos na mesma ou en distinta localidade ou lugar de residencia habitual do empregado.

Se durante o disfrute do permiso por accidente ou enfermedade grave do familiar, sobreviñese o falecemento deste, suspenderase o permiso que se viña disfrutando e iniciarase o cómputo de un novo permiso.A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será a seguinte:

-Documento xustificativo do falecemento ou do accidente ou enfermedade grave do familiar

-O grao de parentesco e a relación familiar acreditarase con libro ou libros de familia ou documento que o substitúa, certificación do Rexistro Civil, ou ben coa inscrición en calquera rexistro público que acredite o feito causante

-Nos supostos de accidente ou enfermedade grave, a situación de convivencia, de ser o caso, debe ser acreditada mediante certificado de empadronamento ou outro documento expedido polo Concello de residencia.

B.- Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día. O permiso entenderase referido ao día no que se produza o efectivo traslado de domicilio na localidade de residencia, e cando teña unha duración superior ao día natural, disfrutarase con carácter ininterrumpido, e deberá acreditarse documentalmente o traslado, con posterioridade.

A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será o documento acreditativo do cambio efectivo de domicilio

C.- Para realizar funcións sindicais ou de representación do personal, nos términos que se determine.

D.- Para concurrir a exámenes finales e demás probas definitivas de aptitude, durante os días da súa celebración. Aos efectos deste permiso enténdese por exames finais e demáis probas definitivas de aptitude aquelas tendentes á obtención de un título académico ou profesional, así como as probas selectivas no ámbito do emprego público. Non están incluidos exámenes e probas de aptitude de outro carácter, coma os que se realicen para obter permisos de conducción de vehículos ou similares.

No suposto de que os exames e demáis probas definitivas de aptitude teñan lugar dentro da xornada laboral, o permiso concederase durante o día da súa realización, no caso de que se celebren en distinta localidade donde o personal preste os seus servizos. Se é na mesma localidade, este permiso concederase polo tempo indispensable para concurrir ao exame ou ás demáis probas entendendo que a expresión tempo indispensable será as horas de xornada laboral necesarias para esta finalidade.

No caso de que o exame ou as demáis probas a que se refire este artigo se celebren en distinta localidade donde o personal presta os seus servicios e fóra da xornada laboral, non procede o outorgamento deste permiso, salvo o tempo indispensable para o desprazamento.

A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será o documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, o exame final ou a proba de acceso ou ingreso na función pública, no que conste o lugar, data, hora do exame e centro de realización das probas.

E.- Para a realización de exámenes prenatales e técnicas de preparación ao parto polas traballadoras embarazadas, debendo aportarse o documento xustificativo da realización dos exámenes e das técnicas de preparación ao parto dentro da xornada laboral e documento de asistencia.

F.-Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a funcionaria ou o funcionario terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións íntegras.

Asimismo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa disminución proporcional das súas retribucións.

A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será a seguinte:

-Fotocopia da partida de nacemento do fillo que xenera o dereito ao permiso

-Documento que acredite a hospitalización do fillo ou filla que xenere o dereito ao permiso ou da súa condición de prematuro.

G.- Por lactancia de un fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituirse por unha reducción da xornada normal en media hora ao comenzo e ao final da xornada ou, en unha hora ao comenzo ou ao final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente o personal poderá solicitar a substitución do tempo de lactancia por un permiso retribuido que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. Neste caso, poderase disfrutar de catro semanas ininterrumpidas ou ben acollerse a 150 horas de crédito horario, podendo aproveitarse, en ámbolos dous casos, en calquera momento, despois do desfrute do permiso de maternidade e ata que o fillo ou a filla alcancen os doce meses.

O personal laboral temporal poderá disfrutar deste permiso nas mesmas condicións que o personal laboral fixo sempre que a duración do seu contrato de traballo se extenda ata os doce meses do fillo. Caso de non cumplirse esta circunstancia solamente poderá acollerse a este permiso na mosalidade a que se refire o primeiro párrafo desta letra.

De xeito simultáneo á solicitude do permiso, a funcionaria ou funcionario deberá acreditar documentalmente a data de nacemento do fillo mediante a presentación da fotocopia do libro de familia, ou inscripción do nacemento no Rexistro Civil, ademáis deberase xustificar documentalmente que o outro proxenitor non disfruta á súa vez do citado permiso.

H.- Por tempo indispensable para o cumprimento de un deber inexcusable de carácter público ou personal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.

A estes efectos, o deber inexcusable debe ser personalísimo, sen posibilidade de execución por medio de representante ou substituto, e en todo caso deberá xustificarse debidamente a imposibilidade de cumprimento deste deber fóra da xornada laboral.

Considéranse deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral o exercicio de actividades inexcusables vinculadas directamente ao ámbito familiar do titular do dereito. En todo caso, será requisito indispensable que se xustifique unha situación de dependencia directa respecto do titular do dereito e que se trate de unha situación non protexida polos restantes permisos.

A duración deste permiso será polo tempo mínimo indispensable para o cumprimento do deber.

Para os efectos deste permiso enténdese por deber inexcusable de carácter público ou personal:

a) Comparecencia obrigatoria por citacións instadas por órganos xudiciais, comisaría ou calquera outro organismo oficial. Cumprimento de deberes cidadáns derivados de un proceso electoral

b) Asistencia a reunións dos órganos de goberno e comisións dependentes destes cando deriven extrictamente do cargo electo de concelleiro así como de diputado ou senador.

c) Asistencia como membro ás sesións de un tribunal de selección ou provisión, con nomeamento da autoridade competente

d) Obrigas cuxo incumprimento xenere ao interesado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa.

e) Para os empregados que teñan fillos con discapacidade, a asistencia a reunións de coordinación do centro educativo, ordinario de integración ou de educación especial, donde reciba atención ou tratamiento; ou o acompañamento si ten que recibir apoio adicional no ámbito sanitario ou social.

f) Para os empregados que teñan fillos en idade escolar, a asistencia a reunións de titoría, consello escolar ou profesorado.

g) Realización de revisións médicas polo tempo indispensable, así como acompañamento a revisións médicas a fillos e persoas maiores a cargo do empregado, nos casos en que a consulta se deba realizar durante a xornada laboral e sempre que se atope incluida na cartera de servizos do sistema sanitario público. A asistencia a profesionais privados deberá realizarse fóra da xornada laboral de traballo; caso de que non fose posible, deberá aportarse xustificante firmado polo profesional acreditativo das razóns polas que a revisión médica se realizou no horario pertinente.

Considéranse persoas maiores a cargo do empregado os familiares de primeiro grao que pola súa idade ou estado de saúde non se podan valer por sí mesmos para acudir á consulta ou revisión.

Tamén terán esta consideración os familiares de segundo grao con enfermidades moi graves que necesitan seguimento médico estricto e que non poden valerse por sí mesmos, no caso de que estean a cargo do empregado e non teñan familiares de primeiro grao ou que estes sexan mayores e non podan atendelos.

Para os casos das letras a), b) e c) debe aportarse orixinal ou copia compulsada da citación ou convocatoria de órgano xudicial, órgano administrativo, órgano de goberno ou calquera outro órgano oficial de que se trate, ou das comisións dependentes destes. Se é o caso, documento acreditativo de ter a condición de elexible no proceso electoral ou de tomar parte de unha mesa electoral.

Para os casos das letras e) e f) deberá aportarse certificado ou xustificante emitido polo órgano competente do centro educativo.

I.-Por asuntos particulares, catro días. A concesión deste permiso queda condicionada ás necesidades do servizo e tales días non se poderán acumular aos periodos de vacacións anuais, sen prexuízo de que podan acumularse aos días de vacacións que se poden disfrutar de xeito independiente (6 días hábiles). O personal poderá distribuir estes días ao longo do ano, e se terá en conta que a súa ausencia non provoque unha especial dificultade no normal desenvolvemento do traballo, respectando sempre as necesidades do servizo. Cando porestas razóns non sexa posible disfrutar destes días antes de finalizar o mes de decembro, poderán concederse nos primeiros quince días do mes de xaneiro seguinte. Os días de asuntos particulares corresponderán por ano natural de prestación de servizos efectivos. Nos casos de ter disfrutado de permiso sen retribución ou cando o tempo de servizos prestados fose inferior ao ano natural, disfrutarase de un número de días proporcionais ao tempo traballado, redondeándose á alza (+0,5) a favor do personal solicitante.

J.-Por matrimonio, quince días ininterrumpidos, con plenitude de dereitos económicos e deberá gozarse en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Este permiso poderá acumularse ao periodo de vacacións anual. No caso de celebración de matrimonio en sede civil e/ou religiosa, separada no tempo, este permiso só se disfrutará unha vez. Este permiso tamén se concederá no caso de parellas de feito, inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou de outra comunidade autónoma. Os convivintes que disfruten deste permiso e con posterioridade contraian matrimonio, no terán derecito a disfrutar un novo permiso por esta causa. Para a súa acreditación deberá aportarse fotocopia compulsada do libro de familia ou da inscripción rexistral correspondente.

K.-Disporase asimesmo dos permisos regulados no artigo 49 do EBEP:

a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrumpidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas más no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o periodo de descanso por maternidade, poderá optar porque o outro proxenitor disfrute de unha parte determinada e ininterrumpida do periodo de descanso posterior ao parto, ben de xeito simultáneo ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir disfrutando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo ésta se atope en situación de incapacidade temporal. Nos casos de disfrute simultáneo de periodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos términos que reglamentariamente se determinen. Nos casos de parto prematuro e en aqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, con un máximo de trece semanas adicionais. Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

b) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple: terá una duración de dezaseis semanas ininterrumpidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase a elección do funcionario, a partir d decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mismo menor poda dar dereito a varios periodos de disfrute deste permiso. No caso de que ámbolos dous proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de xeito simultáneo ou sucesiva, sempre en periodos ininterrumpidos. Nos casos de disfrute simultáneo de periodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado o acollido. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa ou a teempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos términos que reglamentariamente se determine. Se fose necesario o desprazamento previo dos proxnitores ao aís de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademáis, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este periodo exclusivamente as retribucións básicas. Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no párrafo anterior e para o suposto contemplado en dito párrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento. Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil, as leis civiles das Comunidades Autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.

c) Permiso de paternidade por nacemento, acollemento ou adopción de un fillo: terá unha duración de quince días, a disfrutar polo pai ou o outro proxenitor a partir da data do nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Este permiso é independiente do disfrute compartido dos permisos contemplados nos apartados a) e b). Nos casos previstos nos apartados a), b), e c) o tempo transcorrido durante o disfrute destes permisos computarase como de servizo efectivo a todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos da traballadora e, no seu caso, do outro proxenitor traballador laboral, durante todo o periodo de duración do permiso, e, no seu caso, durante os periodos posteriores ao disfrute deste, se de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do periodo de disfrute do permiso. Os traballadores que tivesen feito uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez finalizado o periodo de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo en términos e condicións que non lles resulten menos favorables ao disfrute do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que poidesen ter dereito durante a súa ausencia.

d) Permiso por razón de violencia de xénero sobre a muller traballadora: as faltas de asistencia das traballadoras vítimas de violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. Asimismo, as traballadoras vítimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito de asistencia social integral, terán dereito á reducción da xornada con disminución proporcional da retribución, ou a reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, nos términos que para estes supostos estableza a Administración Pública competente en cada caso.

e) Permiso por coidado de fillo menor afectado por cancro ou outra enfermidad grave: o traballador terá dereito, sempre que ámbolos dous proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha reducción da xornada de traballo de alomenos a metade da duración de aquela, percibindo as retribucións íntegras con cargo aos orzamentos do órgano ou entidad donde veña prestando os seus servizos, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado por cáncer (tumores malignos, melanomas ou carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpla os 18 anos. Cando concorran en ámbolos proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, podan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o traballador terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a reducción da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á reducción de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtud deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, só se terá dereito á reducción de xornada, coa conseguinte reducción de retribucións. Asimesmo, no suposto de que ámbolos dous presten servizos no mesmo órgano ou entidade, ésta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo.

Para a aplicación do permiso regulado na letra e) deste artigo, aos efectos da súa consideración como enfermidades graves, estarase, con carácter enunciativo e non limitativo, ás recollidas no Anexo I do RD 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave, ou en normativa que o substitúa. O cancro ou enfermidade grave que padeza o menor deberá implicar un ingreso hospitalario de longa duración que requira o seu coidado directo, continuo e permanente durante a hospitalización e tratamiento continuado da enfermidade. Considsérase asímesmo como ingreso hospitalario de longa duración a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor no domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola enfermidade grave. A acreditación de que o menor padece un cáncer así como a necesidade de coidado directo continuo e permanente do menor durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, efectuarase mesmo en aqueles casos en que a atención e diagnóstico do cáncer ou enfermidade grave se leve a cabo por servzos médicos privados, mediante declaración cuberta polo facultativo do Servizo Galego de Saúde responsable da atención do menor. Cando o diagnóstico ou tratamento do cáncer ou enfermidade grave do menor se realice a través dos servizos médicos privados esixirase que a declaración sexa cuberta ademáis polo médico do centro responsable da atención do menor. Cando exista recaída do menor polo cáncer ou a mesma enfermidade grave non será necesario que exista un novo ingreso hospitalario, aínda que na recaída da enfermidade deberá acreditarse a necesidade, tras o diagnóstico e hospitalización, de continuación do tratamento médico así coma do coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou acolledor, mediante unha nova declaración médica de acordo co previsto anteriormente. Este permiso concederase por un periodo inicial de un ano, prorrogable por periodos de seis meses cando subsista a necesidade de coidado directo, continuo e permamenente do menor, que se acreditatá mediante declaración do facultativo responsable da asistencia médica do menor, e como máximo ata que este cumpla os 18 anos. O permiso suspenderase nas situacións de incapacidade temporal, durante os periodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e en xeral, cando concurra calquera causa de suspensión da relación de traballo do solicitante.

O permiso extinguirase polas seguintes circunstancias:

-Polo cese na reducción da xornada, calquera que sexa a súa causa.

-Por non existir a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do menor debido á melloría do estado de saúde ou a alta médica por curación

-Polo cese do outro proxenitor na súa actividade laboral

-Por cumplir o menor 18 anos de idade.

Asímesmo, o empregado ao que se lle conceda este permiso ten a obriga de comunicar calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao permiso, e o órgano competente en materia de personal poderá levar a cabo as actuacións necesarias para comprobar que segue cumprindo os requisitos esixidos para a concesión do permiso. Calquera acordo de modificación de permisos non afectará aos xa disfrutados.


Artigo 21.- TEMPO PARA A FORMACIÓN

O tempo destinado á realización de cursos de formación dirixidos á capacitación profesional ou á adaptación ás esixencias dos postos de traballo, así coma os organizados polos distintos órganos da administraciónpública, consideraranse tempo de traballo a todos os efectos, cando os cursos se celebren dentro do horario de traballo e así o permitan as necesidades do servizo. O Concello poderá determinar a asistencia obrigatoria a aquelas actividades formativas necesarias para o bon desempeño das tarefas propias do posto de traballo, en cuxo caso a súa duración considerarase como tempo de traballo a todos os efectos.


Artigo 22.- AUSENCIA AO TRABALLO

Aos efectos do cómputo do número de días dos que o personal laboral do Concello de Xove poderá dispor por motivo de enfermidade ou accidente que non den lugar a unha situación de incapacidade temporal e as súas consecuencias, estarase ao disposto para o personal ao servizo da Administración do Estado, actualmente regulado por Orde HAP/2802/2012, de 28 de decembro, ou normativa que poda substituila. A estes efectos, o número de días de ausencia que non da lugar a incapacidad será de catro días ao longo do ano natural, dos que sólo tres poderán ter lugar en días consecutivos. Isto esixirá a xustificación da ausencia. Transcorridos estes catro días sen ter presentado en prazo o correspondente parte de baixa, os días de ausencia ao traballo comportarán a mesma deducción de retribucións do 50% prevista neste convenio para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal. Todo isto, sen menoscabo das actuacións disciplinarias que poideran proceder.


CAPÍTULO 4.- REGULACIÓNS ECONÓMICAS

 


Artigo 23.- CONCEPTOS RETRIBUTIVOS.

O sistema retributivo do personal deste convenio será, en todo momento, idéntico ao vixente dos seus homólogos funcionariais, regulado actualmente no artigo 93, 75 bis e demáis de aplicación da Lei 7/1985 e, no que non sexa incompatible, tamén polo regulado no artigo 22 e seguintes da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, así como no RD 861/1986, de 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de Administración Local.


Artigo 24.- DIETAS E GASTOS DE VIAXE

As dietas e gastos de viaxe serán as estipuladas pola lexislación vixente coas modificacións que ésta poda sufrir, actualmente recollida no Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo e pola Resolución 30 de Decembro de 2005 da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, e pola Orde EHA/3770/2005, de 1 de decembro.


Artigo 25.-HORAS EXTRAORDINARIAS E GRATIFICACIÓN POR TEMPO TRABALLADO

A realización de horas extraordinarias queda prohibida, salvo en aqueles casos en que sexa imprescindible ou estrictamente necesaria a súa realización para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios urxentes, e con autorización previa do Alcalde-Presidente, en cuxo caso serán obrigatorias, e axustándose aos seguintes criterios:

1.1.- Horas extraordinarias que veñan esixidas por necesidades para reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes. Estas horas serán consideradas estructurais.

1.2.- Horas extraordinarias xustificadas por necesidades non planificables e urxentes propias da naturaza da actividade que en cada caso se desenvolva, sen que podan superar as 80 horas ao ano ou as que poda establecer a lexislación vixente. Estas horas serán consideradas coxunturais e aos efectos do seu cálculo non se computarán aquelas que fosen compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Os traballadores con xornadas inferiores á normal, verán reducido o importe de 80 horas anuais na mesma proporción á súa xornada.

Compensación de horas extraordinarias: O abono das horas extraordinarias realizadas realizarase en calquera caso mediante unha compensación en descanso horario dentro dos catro meses seguintes, salvo cando por necesidades do servizo, o descanso do traballador que realizase as horas extraordinarias deba cubrirse igualmente con horas extraordinarias de outro traballador. Sólo en estes últimos casos poderá xustificarse a retribución económica como pago das horas extraordinarias

*Importe das horas extras en descanso horario: 1 hora extra= 2 horas de descanso

*Importe das horas extras en compensación económica: 1 hora extra= 175% hora normal.

Para o cálculo do valor de unha hora normal de traballo tomarase o importe anual das retribucións íntegras do empregado e dividirase entre 52 semanas e posteriormente entre 37,5.

Cando por necesidades imprevistas (non planificables), se deba requerir a un empregado que está de vacacións, teña permiso por asuntos particulares, ou no seu periodo de descanso en turnicidades, para ejecutar unha xornada completa laboral tal coma o reforzo da plantilla, a sustitución de unha baixa imprevista ou similares, o tratamento de tal actividade non será considerada como hora extraordinaria senon como permuta de descanso . Neste caso, o empregado será compensado, ademáis de co traslado do descanso non disfrutado a outro periodo posterior, con unha compensación en descanso equivalente á anterior (1 día completo realizado=1/2 día de descanso)

Queda totalmente prohibida a realización de horas extraordinarias que respondan a servizos planificables e calqueira que podan afectar a traballadores con un contrato a tempo parcial.

Aquel traballador que levase dez ou máis de 10 anos traballados no Concello de Xove percibirá no momento da súa xubilación (nos termos establecidos no artigo 67 do EBEP) unha gratificación por servizos prestados equivalente a unha mensualidade igual á ultima devengada composta por salario, trienios, complemento de destino, complemento específico e, no seu caso, complemento persoal transitorio.


Artigo 26.- SERVIZOS DE GARDA

Durante os fins de semana e os días festivos ou non laborables segundo o calendario laboral que se aprobe, estableceranse ggardas nos seguintes servizos:

-Nave-Almacén: 1 condutor

-Servizo de electricidade: 1 empregado

-Servizo de fontanería: 1 empregado

O precio da garda establécese en 60 euros por fin de semana de garda realizada ou por día festivo/non laborable. Se o día festivo/non laborable fose contiguo ao fin de semana, aboarase exclusivamente o importe de un fin de semana de garda.


Artigo 27.- TEMPO E FORMA DE PAGO DAS RETRIBUCIÓNS.

O abono do salario efectuarase mensualmente e dentro dos dous últimos días do mes correspondente.

Excepcionalmente e só para o caso de traballadores de carácter temporal, no caso de que a finalización do contrato de traballo teña lugar dentro da primeira quincena, o abono da nómina poderá efectuarse dentro do mes correspondente.

O Concello fará efectivo o pago de haberes por transferencia bancaria.

O traballador/a recibirá copia da nómina, no modelo oficial ou modelo autorizado, no que se recollerá íntegramente a totalidade das cantidades devengadas e os descontos legais a que houbese lugar.


CAPÍTULO 5.- REGULACIÓNS SOCIO-ECONÓMICAS

 


Artigo 28.- INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA

Ao personal laboral do Concello de Xove aplicaráselle, sempre que isto fose legalmente extrapolable ao colectivo funcionarial, ademáis do previsto na Lei da Seguridade Social, as regras seguintes para proceder ao abono do complemento por incapacidade temporal:

1.- Nos casos de incapacidade temporal que deriven de continxencias comúns, o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras:

-Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día inclusive aboarase un complemento ata acadar o 50% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

-Desde o cuarto día ata o vixésimo, ambos inclusive, recoñecerase un complemento que sumado á prestación económica pola Seguridade Social sexa equivalente ao 75% das retribucións que viñeran correspondendo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

-A partir do vixésimo primeiro, inclusive, recoñeceráselle unha prestación equivalente ao 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade

2.- Nos casos de incapacidade temporal que derive de continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social será complementada durante todo el periodo de duración da mesma, ata o 100% das retribucións que viñera percibindo dito personal no mes anterior ao de causarse a incapacidade

3.- Aboaráselle un complemento de ata acadar o 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior, desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal derivada das seguintes causas excepcionais:

-Hospitalización, entendéndose por tal a asistencia especializada en hospital de día, a hospitalización en réxime de internamento e a hospitalización a domicilio, aínda cando a hospitalización teña lugar en un momento posterior sempre que corresponda a un mesmo proceso patolóxico e non tivese existido interrupción do mesmo.

-Intervención quirúrxica, considerándose como tal a que derive de tratamentos que estean incluidos na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde ou do Servizo Galego de Saúde.

-Supostos de incapacidade temporal que impliquen tratamentos de radioterapia, quimioterapia ou outros tratamentos oncolóxicos

-Procesos de incapacidade temporal inciados durante o estado de xestación, aínda cando non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactancia.

-Outras enfermidades graves, entendéndose por tales aqueles procesos patolóxicos suceptibles de ser padecidos por adultos que estean contemplados no Anexo I del RD 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

4.- Durante as situacións de maternidade, risco por embarazo, riscos durante a lactancia natural e paternidade terán dereito a que se lles complementen as prestacións da Seguridade Social ata acadar o 100 % das retribucións fixas e periódicas que correspondan ao empregado como consecuencia do seu posto de traballo e da xornada ordinaria que teña asignada. En aqueles casos en que unha situación de IT se vexa interrumpida por periodos intermedios de actividade e, de acordo coa normativa reguladora da Seguridade Social, se considere que hai unha sóla situación de IT (e así se faga constar como recaída no parte médico de baixa correspondente), o interesado terá dereito a continuar coa porcentaxe do complemento que tivese con ocasión da alta previa da IT da que deriva a recaída. Para o cálculo, segundo proceda, dos complementos e retribucións a percibir durante os periodos de incapacidade temporal e independentemente do réximen de seguridade social que corresponda, teranse en conta as retribucións fixas e invariables correspondentes ao mes inmediato anterior á data de inicio da situación de incapacidade temporal, sen computar, por isto, as retribucións non fixas ou variables tales como productividade, gratificacións, outros incentivos ao rendemento, horas extraordinarias, pagas extraordinarias ou outros conceptos de natureza análoga. Se se tivese concedida unha reducción de xornada proporcional de retribucións, os complementos ou retribucións a percibir calcularanse sobre as que lle corresponderan de acordo con dita reducción proporcional de retribucións. Si non se tivese percibido a totalidade das retribucións no mes anterior por calquera das causas que estean normativamente establecidas, tomaranse como referencia as retribucións que no mes anterior a aquel no que deu inicio a incapacidade temporal lle correspondesen en función do seu posto de traballo. No caso de reingreso ao servizo activo, novo ingreso ou alta en nómina desde outras circunstancias que non leven aparellada a percepción de retribucións no mes anterior, tomaranse como referencia as retribucións do mes en que deu inicio a incapacidade temporal elevadas ao mes completo. As referencias a días incluidas no presente artigo entenderanse realizadas a días naturais.


Artigo 29.- FONDO SOCIAL

Con carácter anual e sempre e cando a lexislación o permita, en función das disponibilidades orzamentarias, aprobaranse as Bases reguladoras e os criterios de reparto das axudas sociais enmarcadas dentro do denominado Fondo Social do Concello de Xove Poderán solicitar estas axudas os empregados que cumplan os requisitos establecidos nelas e para os gastos que nas anteriores bases se determine. Calquera modificación das Bases reguladoras do Fondo Social así como a concesión das mesmas previo informe do Técnico de Recursos Humanos, será adoptada previa negociación co Comité de Empresa ou Delegados de Personal.


Artigo 30.- PLAN DE PENSIÓNS

O Concello de Xove realizará con carácter anual e sempre e cando a lexislación o permita, aportacións ao Plan de Pensións na contía que estableza anualmente a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.


Artigo 31.- ANTICIPOS DE TRABALLO REALIZADO

De acordo co artigo 29.1 do ET, o traballador terá dereito a percibir , sen que chegue o día sinalado para o pago, anticipos a conta do traballo xa realizado. Os anticipos solicitaranse por escrito e serán informados polo Técnico de Recursos Humáns. Concederanse por Resolución do Alcalde-Presidente, e serán descontados na nómina do mes correspondente. De igual xeito, poderá anticiparse o pago do importe da paga extraordinaria correspondente ao mes de xuño en proporción ao tempo traballado desde o 1 decembro anterior ata o día da solicitude do anticipo e poderá anticiparse o importe da paga extraordinaria do mes de decembro, en proporción ao tempo traballado desde o 1 de xuño e ata o día da solicitude do anticipo. Non se concederán anticipos a conta de traballo futuro.


Artigo 32.- SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL

Será obligatorio para o Concello dispor de un seguro de accidentes para toda a plantilla do personal municipal, debendo obrar unha copia en poder do Comité de Empresa ou Delegados de Personal. Asimesmo, a Corporación concertará póliza de seguro de responsabilidade civil por accións ou omisións culposas ou neglixentes dos traballadores/as, sempre e cando ditos supostos teñan lugar no exercicio do seu cometido laboral, da que se entregará copia ao Comité de Empresa ou Delegados de Personal, sen menoscabo das accións disciplinarias ou penais que as mesmas poideran aconsellar.


CAPÍTULO 6.- FORMACIÓN E SAÚDE LABORAL

 


Artigo 33.- SAÚDE LABORAL

A saúde laboral é un dereito irrenunciable que teñen todos os traballores/as sen ningunha exclusión, de xeito que se garanta o exercicio do dereito ao traballo de unha forma digna, seria e segura, que non poderá subordinarse a consideracións de carácter puramente económicos. En todo o relativo a saúde laboral, seguridade e condicións de traballo estarase ao disposto na Lei 31/1995 de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. A vixiancia da saúde será de carácter voluntario, exceptuado os supostos establecidos na Lei de Prevención de Riscos Laborais. Recoñecemento médico. O Concello de Xove está obrigado a someter ao personal obxecto do presente convenio a un recoñecemento médico anual, que igualmente será obrigatorio para o personal. Tal recoñecemento debe comprender un estudio médico detido, incluíndo investigacións de compoñentes anormais e de sedimentos na orina, reconto de hematíes e leucocitos, fórmula leucocitaria e velocidade de sedimentación, así como un exame psicotécnico elemental, de acordo coas condicións requeridas para o seu posto de traballo. Asímesmo, o Concello está obrigado a efectuar un recoñecemento médico de un traballador antes de ser admitido coa finalidade de diagnosticar enfermidades contaxiosas, valorar a capacidade do aspirante para o traballo en xeral, determinar a súa aptitude para a tarefa específica que debe realizar e precisar se o recoñecido presenta predisposición a enfermidades que podan producirse ou agravarse na tarefa que se lle destina.


Artigo 34.- VESTIARIO E MATERIAL DE SEGURIDADE

Os traballadores/as municipais contarán co vestiario e material de seguridade adecuado, que será subministrado polo Concello e en ningún caso se considerará como retribución en especie.

Só terán dereito a vestiario os postos de traballo cuxas funcións esixen un vestiario especial por razón de seguridade e hixiene, uniformidade ou por calquera outro motivo.


CAPÍTULO 7.- REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES E DEREITOS E DEBERES XERAIS

 


Artigo 35.-COMITÉ DE EMPRESA E DELEGADOS DE PERSONAL.

No ámbito do Concello, o Comité de Empresa, ou no seu caso os Delegados de Personal, serán o órgano que represente os intereses do conxunto de traballadores/as en dito ámbito.

Estará formado polo número de Delegados de Personal que de acordo coa lexislación vixente e en relación ao número de traballadores/as lle corresponda.


Artigo 36.- DEREITOS, FACULTADES E FUNCIÓNS DO COMITÉ DE EMPRESA E DELEGADOS DE PERSONAL

Sen prexuízo dos dereitos, facultades e funcións recollidos nas leis, recoñécense ao Comité de Empresa e Delegados de Personal, sempre condicionados a que os mesmos tamén se podan recoñecer legalmente aos representantes do colectivo funcionarial, no seu ámbito de actuación, os seguintes:

A) Ser informados polo Concello:

1.- Anualmente, sobre a evolución probable do emprego.

2.- Con carácter previo á súa execución, sobre as reestructuracións de plantilla e sobre os plans de formación profesional da mesma.

3.- En función da materia que se trate:

3.1.- Sobre a implantación ou revisión dos sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

3.2.- O Concello e a dirección dos Entes Autónomos haberán de notificarse á representación legal dos traballadores/as os contratos realizados de acordo coa normativa legal vixente.

3.3.- Sobre sancións, apercibimentos impostos por faltas leves, graves e moi graves do traballador/a, e en especial os sancionados con despido.

3.4.- No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ceses e ingresos e os ascensos.

B) Exercer unha labor de vixiancia das seguintes materias:

1.- Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respeto dos pactos, condicións ou usos que no Concello e nos seus Entes Autónomos estean en vigor, formulando, no seu caso, as accións legais oportunas.

2.- A calidade da docencia e da efectividade da mesma nos programas de capacitación dos traballadores/as.

3.- As condicións de Seguridade e Hixiene no desenvolvemento do traballo.

C) Colaborar co Concello en conseguir o cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da efectividade no traballo.

D) Os Delegados de Personal, así coma os membros do Comité de Empresa e aquel no seu conxunto, observarán o sixilo profesional en razón da súa representación, sobre a documentación de carácter reservado que coñezan pola súa representación, ainda despois de cesar na mesma.

E) Os representantes legais dos traballadores/as velarán para que nos programas de selección de personal se cumpra a normativa convida, se apliquen os principios de non discriminación e se fomente unha política racional de emprego.

F) O Comité de Empresa disporá de un local adecuado provisto de teléfono, mobiliario e o material de oficina necesario para o desenvolvemento das súas actividades, así como o acceso aos medios de reproducción documental.

G) En todos os centros de traballo disporán de un tablón de anuncios, mediante o que o Comité de Empresa porá en coñecemento dos traballadores/as toda aquela información que considere de interés xeral.

H) Emitir informe previo nos supostos contemplados no apartado 1.4 do art. 64 do Estatuto dos Traballadores.

I) Informar aos seus representados en todos os temas e cuestións sobre os que non deban gardar sixilo, en canto directa ou indirectamente, teñan ou podan ter repercusión nas relacións laborais.

J) O Concello porá a disposición do Comité de Empresa as nóminas, os recibos de liquidación e a relación nominal, así como a documentación a que fai referencia o art. 64 do Estatuto dos Traballadores.

K) Coñecerá previamente as bases de todas as convocatorias vacantes que realice o Concello, tanto para prazas denominadas fixas de persoal laboral.

L) Será informado trimestralmente sobre o número de horas extraordinarias realizadas no periodo anterior, causas das mismas e medidas adoptadas para a súa disminución e supresión.

M) Outorgaráselle audiencia e capacidade de estudio, proposta e negociación no relativo a calquera posible variación xeral ou puntual da xornada de trabajo e horario, así como de aqueles conflictos de entidade e alcance que se susciten, ben teñan carácter xeral ou puntual. Todo isto sen prexuízo das funcións asignadas pola lexislación vixente e por este Convenio aos Comités de Empresa, Delegados de Persoal e Delegados Sindicais.


Artigo 37.- GARANTÍAS DO COMITÉ DE EMPRESA E DOS DELEGADOS DE PERSOAL

Ningún membro do Comité de Empresa, Delegado de Persoal ou Delegado Sindical poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións de representación nin posteriormente, salvo que o despido ou a sanción non se basen na actuación do traballador/a no exercicio legal da súa representación.

Se o despido o calquera outra sanción por supostas faltas obedecera a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, seguindo o procedemento establecido neste Convenio, no que serán oídos, aparte do interesado, o Comité de Empresa ou o Delegado de Persoal e o Delegado Sindical do sindicato ao que perteneza, no seu caso, no suposto de que se atopase recoñecido como tal no ámbito deste Convenio. No suposto de despido improcedente de representantes legais dos traballadores/as, a opción corresponderá sempre aos mesmos, sendo obrigada a readmisión se o traballador/a optase por esta

Os membros do Comité de Empresa, Delegados de Persoal e Delegados Sindicais poseerán prioridade de permanencia no Concello respecto dos demáis traballadores/as nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas. Igual criterio se aplicará nos traslados de Centro de Traballo ou Servizo.

No poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou en razón do desempeño da súa representación.


Artigo 38.- DEREITO DE REUNIÓN

1.- Están lexitimados para convocar reunións:

a) As seccións sindicais legalmente constituidas directamente ou a través do seu Delegado Sindical.

b) O Comité de Empresa ou Delegados de Persoal.

c) Calquera grupo de traballadores/as do Concello, sempre que o seu número non sexa inferior ao 33 por 100 do total.

2.- Os especificados no número un deste artigo poderán convocar reunións dentro da xornada de traballo axustándose ás características de cada Centro sempre e cuando se comunique ao Concello con 24 horas de antelación, se refira á totalidade dos traballadores/as de cada centro de traballo e o cómputo global de horas utilizadas para esta finalidade non exceda de 90 ao ano, das que 20 corresponderán a cada Sección Sindical, 40 ao Comité de Empresa ou Delegados de Persoal e 10 aos grupos de traballadores/as. A convocatoria deberá conter a orde do día, a hora e o lugar de celebración e a sinatura de quen estea lexitimado para convocar.

En todo caso serán garantidos os servizos mínimos que teñan que realizarse durante a celebración de asambleas.


Artigo 39.- DEREITO DE FOLGA.

A Corporación, na súa calidade de Administración Pública, garantirá, ao igual que os servizos esenciais ou básicos ao cidadá, o exercicio do dereito de folga en defensa dos intereses legais dos traballadores/as, quedando dito dereito suxeito ao establecido no presente Convenio e á lexislación ou criterios xurisprudenciais que no seu caso lle sexa de aplicación.


CAPÍTULO 8.- RÉXIMEN DISCIPLINARIO

 


Artigo 40.- RÉXIMEN DISCIPLINARIO

En todo o referente á tipificación de faltas e sancións do persoal laboral ao servizo do Concello de Xove, estarase ao disposto no EBEP legalmente compatible co ET.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 


D.A. 1ª.- ACTUALIZACIÓN DAS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL

Durante o periodo de vixencia do presente Convenio as retribucións do persoal incluido no seu ámbito de aplicación actualizaranse anualmente a través do que se deduza da RPT vixente e, sen prexuízo das limitacións que ao efecto establezan as leis de orzamentos xerais do estado.


D.A. 2ª.- PUBLICIDADE DO CONVENIO

O presente Convenio publicarase no Boletín Oficial da Provincia e figurará exposto no Taboleiro de Anuncios do Concello de Xove debendo facilitarse copia aos traballadores que o soliciten.


D.A. 3ª.- IGUALDADE DE TRATO CO PERSOAL HOMÓLOGO FUNCIONARIO

Calquera controversia que poidese xurdir na interpretación ou aplicación do presente Convenio deberá resolverse baixo a premisa fundamental da igualdade de trato e condicións co colectivo funcionarial que lle sexa homólogo e por conseguinte, sen que deste Convenio podan deducirse ventaxas ou desventaxas laborais inxustificadas.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 


D.T. ÚNICA.- CONSECUENCIAS DA REORDENACIÓN DOS CONCEPTOS RETRIBUTIVOS

Os traballadores afectados pola reordenación dos conceptos retributivos en ningún caso poderán, a título persoal, percibir retribucións íntegras globais inferiores ás que viñesen percibindo antes de tal modificación, convertindo a diferencia que se poidera producir entre os novos importes de categorías e os seus salarios persoais anteriores, en un complemento individual absorbible.


DISPOSICIÓNS FINAIS

 


D.F. UNICA

No non previsto neste Convenio Colectivo, estarase ao disposto na normativa legal vixente, que lle sexa de aplicación tendo particularmente en conta o previsto na Disposición Adicional Terceira deste texto.


DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS

 


D.DT. UNICA

Quedan derrogados cantos convenios, pactos ou acordos preexistentes afectaran ao persoal incluido neste convenio.


ANEXO I. LISTADO DE ENFERMIDADES GRAVES AOS EFECTOS DO PREVISTO NA LETRA K) DO ARTIGO 20 E DO APARTADO 3 DO ARTIGO 28

I. Oncología:

1. Leucemia linfoblástica aguda.

2. Leucemia aguda no linfoblástica.

3. Linfoma no Hodgkin.

4. Enfermedad de Hodgkin.

5. Tumores del Sistema Nervioso Central.

6. Retinoblastomas.

7. Tumores renales

8. Tumores hepáticos.

9. Tumores óseos.

10. Sarcomas de tejidos blandos.

11. Tumores de células germinales.

12. Otras neoplasias graves.

II. Hematología:

13. Aplasia medular grave (constitucional o adquirida).

14. Neutropenias constitucionales graves.

15. Hemoglobinopatías constitucionales graves.

III. Errores innatos del metabolismo:

16. Desórdenes de aminoácidos (fenilcetonuria, tirosinemia, enfermedad de la orina con olor a jarabe de arce, homocistinuria y otros desórdenes graves).

17. Desórdenes del ciclo de la urea (OTC).

18. Desórdenes de los ácidos orgánicos.

19. Desórdenes de carbohidratos (glucogenosis, galactosemia, intolerancia hereditaria a la fructosa y otros desórdenes graves).

20. Alteraciones glicosilación proteica.

21. Enfermedades lisosomiales (mucopolisacaridosis, oligosacaridosis, esfingolipidosis y otras enfermedades graves).

22. Enfermedades de los peroxisomas (Síndrome de Zellweger, condrodisplasia punctata, adenoleucodistrofia ligada a X, enfermedad de Refsum y otros desórdenes graves).

23. Enfermedades mitocondriales: por defecto de oxidación de los ácidos grasos y de transporte de carnitina, por alteración del DNA mitocondrial, por mutación del DNA nuclear.

IV. Alergia e inmunología:

24. Alergias alimentarias graves sometidas a inducción de tolerancia oral.

25. Asma bronquial grave.

26. Inmunodeficiencias primarias por defecto de producción de anticuerpos.

27. Inmunodeficiencias primarias por defecto de linfocitos T.

28. Inmunodeficiencias por defecto de fagocitos.

29. Otras inmunodeficiencias:

a. Síndrome de Wisccott-Aldrich.

b. Defectos de reparación del ADN (Ataxia-telangiectasia).

c. Síndrome de Di George.

d. Síndrome de HiperIgE.

e. Síndrome de IPEX.

f. Otras inmunodeficiencias bien definidas.

30. Síndromes de disregulación inmune y linfoproliferación.

V. Psiquiatría:

31. Trastornos de la conducta alimentaria.

32. Trastorno de conducta grave.

33. Trastorno depresivo mayor.

34. Trastorno psicótico.

35. Trastorno esquizoafectivo.

VI. Neurología:

36. Malformaciones congénitas del Sistema Nervioso Central.

37. Traumatismo craneoencefálico severo.

38. Lesión medular severa.

39. Epilepsias:

a. Síndrome de West.

b. Síndrome de Dravet.

c. Síndrome de Lennox-Gastaut.

d. Epilepsia secundaria a malformación o lesión cerebral.

e. Síndrome de Rassmussen.

f. Encefalopatías epilépticas.

g. Epilepsia secundaria a enfermedades metabólicas.

h. Otras epilepsias bien definidas.

40. Enfermedades autoinmunes:

a. Esclerosis múltiple.

b. Encefalomielitis aguda diseminada.

c. Guillain-Barré.

d. Polineuropatía crónica desmielinizante.

e. Encefalitis límbica.

f. Otras enfermedades autoinmunes bien definidas.

41. Enfermedades neuromusculares:

a. Atrofia muscular espinal infantil.

b. Enfermedad de Duchenne.

c. Otras enfermedades neurosmusculares bien definidas.

42. Infecciones y parasitosis del Sistema Nervioso Central (meningitis, encefalitis, parásitos y otras infecciones).

43. Accidente cerebrovascular.

44. Parálisis cerebral infantil.

45. Narcolepsia-cataplejia.

VII. Cardiología:

46. Cardiopatías congénitas con disfunción ventricular.

47. Cardiopatías congénitas con hipertensión pulmonar.

48. Otras cardiopatías congénitas graves.

49. Miocardiopatías con disfunción ventricular o arritmias graves.

50. Cardiopatías con disfunción cardiaca y clase funcional III-IV.

51. Trasplante cardiaco.

VIII. Aparato respiratorio:

52. Fibrosis quística.

53. Neumopatías intersticiales.

54. Displasia broncopulmonar.

55. Hipertensión pulmonar.

56. Bronquiectasias.

57. Enfermedades respiratorias de origen inmunológico:

a. Proteinosis alveolar.

b. Hemosiderosis pulmonar.

c. Sarcoidosis.

d. Colagenopatías.

58. Trasplante de pulmón.

59. Otras enfermedades respiratorias graves

IX. Aparato digestivo:

60. Resección intestinal amplia.

61. Síndrome de dismotilidad intestinal grave (Pseudo-obstrucción intestinal).

62. Diarreas congénitas graves.

63. Trasplante intestinal.

64. Hepatopatía grave.

65. Trasplante hepático.

66. Otras enfermedades graves del aparato digestivo.

X. Nefrologia:

67. Enfermedad renal crónica terminal en tratamiento sustitutivo.

68. Trasplante renal.

69. Enfermedad renal crónica en el primer año de vida.

70. Síndrome nefrótico del primer año de vida.

71. Síndrome nefrótico corticorresistente y corticodependiente.

72. Tubulopatías de evolución grave.

73. Síndrome de Bartter.

74. Cistinosis.

75. Acidosis tubular renal.

76. Enfermedad de Dent.

77. Síndrome de Lowe.

78. Hipomagnesemia con hipercalciuria y nefrocalcinosis.

79. Malformaciones nefrourológicas complejas.

80. Síndromes polimalformativos con afectación renal.

81. Vejiga neurógena.

82. Defectos congénitos del tubo neural.

83. Otras enfermedades nefrourológicas graves.

XI. Reumatología:

84. Artritis idiopática juvenil (AIJ).

85. Lupus eritematoso sistémico.

86. Dermatomiositis juvenil.

87. Enfermedad mixta del tejido conectivo.

88. Esclerodermia sistémica.

89. Enfermedades autoinflamatorias (Fiebre Mediterránea Familiar, Amiloidosis y otras enfermedades autoinflamatoras graves).

90. Otras enfermedades reumatológicas graves.

XII. Cirugía:

91. Cirugía de cabeza y cuello: hidrocefalia/válvulas de derivación, mielomeningocele, craneoestenosis, labio y paladar hendido, reconstrucción de deformidades craneofaciales complejas, etc.

92. Cirugía del tórax: deformidades torácicas, hernia diafragmática congénita, malformaciones pulmonares, etc.

93. Cirugía del aparato digestivo: atresia esofágica, cirugía antirreflujo, defectos de pared abdominal, malformaciones intestinales (atresia, vólvulo, duplicaciones), obstrucción intestinal, enterocolitis necrotizante, cirugía de la enfermedad inflamatoria intestinal, fallo intestinal, Hirschprung, malformaciones anorrectales, atresia vías biliares, hipertensión portal, etc.

94. Cirugía nefro-urológica: malformaciones renales y de vías urinarias.

95. Cirugía del politraumatizado.

96. Cirugía de las quemaduras graves.

97. Cirugía de los gemelos siameses.

98. Cirugía ortopédica: cirugía de las displasias esqueléticas, escoliosis, displasia del desarrollo de la cadera, cirugía de la parálisis cerebral, enfermedades neuromusculares y espina bífida, infecciones esqueléticas y otras cirugías ortopédicas complejas.

99. Cirugía de otros trasplantes: válvulas cardíacas, trasplantes óseos, trasplantes múltiples de diferentes aparatos, etc.

XIII. Cuidados paliativos:

100. Cuidados paliativos en cualquier paciente en fase final de su enfermedad.

XIV. Neonatología:

101. Grandes prematuros, nacidos antes de las 32 semanas de gestación o con un peso inferior a 1.500 gramos y prematuros que requieran ingresos prolongados por complicaciones secundarias a la prematuridad.

XV. Enfermedades infecciosas:

102. Infección por VIH.

103. Tuberculosis.

104. Neumonías complicadas.

105. Osteomielitis y artritis sépticas.

106. Endocarditis.

107. Pielonefritis complicadas.

108. Sepsis.

XVI. Endocrinología:

109. Diabetes Mellitus tipo I


ANEXO II. GRADOS DE CONSANGUINIDADE E AFINIDADE

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

R. 0085