C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE XOVE. PERSOAL FUNCIONARIO de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 20 de Enero de 2015 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello excmo. Concello de xove. 19/01/2015 Boletín Oficial de Lugo 20/01/2015 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Correccion FE DE ERRATAS do anuncio relativo o texto do Acordo regulador das condicions de traballo do persoal funcionario do Concello de Xove 20/01/2015 Boletín Oficial de Lugo 20/01/2015 Documento oficial en PDF

Acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello acordo regulador das condicions de traballo do personal funcionario do concello excmo. Concello de xove. (Boletín Oficial de Lugo núm. 14 de 19/01/2015)
ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSONAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE XOVE

 


CAPÍTULO 1.- DISPOSICIÓNS XERAIS

 


Artigo 1.- DETERMINACIÓN DAS PARTES

Recoñécense con capacidade para negociar e asinar, de unha parte, o Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Xove, na súa representación, e de outra as organizacións sindicais máis representativas. Este Acordo Regulador non terá forza vinculante ata que non teña sido válidamente refrendado polo Pleno da Corporación, e tras os trámites legais pertinentes de calquera acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios municipais.


Artigo 2.- ÁMBITO PERSONAL

O presente Acordo regulador establece e regula as condicións de traballo de todos os funcionarios ao servizo do Concello de Xove, ben habilitados nacionais, de carreira ou interinos, que non obstenten a condición de cargo directivo ou de confianza política e aos cales se lles aplicará voluntariamente, o que poda ser compatible coa súa condición.


Artigo 3.- ÁMBITO FUNCIONAL

O ámbito funcional do presente Acordo será o propio do Concello coas súas plantillas, quedando, en calquera caso, excluidas as funcións que se presten a través de calquera outros instrumentos de xestión.


Artigo 4.- ÁMBITO TERRITORIAL

O Acuerdo será de aplicación no ámbito propio da demarcación territorial do Concello de Xove e á que poidera extenderse en Comisión ou Agrupación de Servizos.


Artigo 5.- ÁMBITO TEMPORAL E DENUNCIA

O presente Acordo, despois da súa aprobación por el Pleno da Corporación, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A vixencia manterase ata o 31 de Decembro de 2.016 sen prexuízo da posibilidade de revisión do acordo durante a súa vixencia.

De non ser denunciado por calquera das partes con unha antelación mínima de un mes á data da súa terminación, este quedará prorrogado tácitamente ano a ano, mentras non se denuncie. A denuncia sólo será válida se se produce nos términos establecidos no presente Acordo: deberá formalizarse por algunha das partes (Corporación ou sindicatos máis representativos), por escrito dirixido á outra parte concertante durante o mes de xuño do ano 2016.

No caso de non denunciarse na forma e periodo citados, entenderase prorrogado de ano en ano, revisándose únicamente e se procede, os importes dos conceptos salariais, ata que formalmente se denuncie nos sucesivos meses de xuño das anualidades de prórroga.


Artigo 6.- COMISIÓN PARITARIA

Un mes despois da sinatura do Acordo Regulador, polas partes negociadoras designarase unha Comisión Paritaria para entender da interpretación e vixiancia das claúsulas do texto. Esta Comisión estará composta por unha parte, por un representante de cada sindicato firmante do presente Acordo, e por outra, polo mesmo número de membros por parte da corporación, elexidos libremente por cada parte concertante.

Calquera discrepancia sobre a interpretación do clausulado do presente Acordo deberá someterse con carácter previo e obrigatorio á Comisión Paritaria, sen prexuízo do dereito posterior de acudir ás pertinentes instancias administrativas ou xudiciais correspondentes. Asímesmo, a comisión paritaria estará facultada para estudiar e acordar en aplicación do Acordo, cantas modificacións normativas se poideran requerir por cambios da lexislación.

Os acordos que se adopten deberán ser por mairoía simple dentro de cada unha das partes, e terán carácter vinculante para as partes asinantes quedando reflexados como tales na acta da correspondente reunión, que suscribirán ambas partes, e se incluirán como parte integrante do Convenio Colectivo, dándolle a correspondente publicidade. A Comisión paritaria poderá convocar a aqueles traballadores/as cuxa información poda considerarse necesaria para clarificar aspectos relacionados coa interpretación do presente Acordo Regulador.

O Presidente da Comisión Paritaria será normalmente o Presidente da Corporación que será o encargado de ordear os debates e convocar as reunións a solicitude de alomenos un tercio da representación na Mesa Xeral de Negociación. De non existir acordo no seu nomeamento, será o membro de maior idade da Mesa. O Secretario da Comisión será normalmente o Secretario da Corporación, con voz pero sen voto, que será o encargado de redactar as actas, enviar a documentación aos seus compoñentes, preparar as reunións e promover a documentación necesaria de cada unha das sesións. De non estar de acordo no seu nomeamento, será o membro más xove da Mesa. As reunións da Comisión Paritara celebraranse a petición de calqueera das partes, por escrito e con unha antelación mínima de 15 días hábiles. De non prestarse a isto a outra parte, a parte convocante poderá adoptar as medidas legais que estime oportunas.

Para que a Comisión quede válidamente constituida, deberán estar presentes, como mínimo, o Alcalde ou Concelleiro delegado e aqueles membros que representen maioría da representación sindical. Todo funcionario/a afectado polo contido do presente Acordo podrá trasladar á Comisión paritaria, para o seu coñecemento, estudio e dictame, copia das reclamacións que formule ante a Corporación, comunicando as conclusións e acordos tomados, tendo dereito a ser atendido e, no seu caso, a que a Comisión faga súas ditas reclamacións.


Artigo 7.- INDIVISIBILIDADE DO ACORDO REGULADOR

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible salvo que por sentencia xudicial se anulase algún dos seus artigos en cuxo caso, a Comisión Paritaria podería, ben dar por anulado o artigo ou artigos en cuestión, ben propoñer a negociación de un novo acordo regulador.


CAPÍTULO 2.- XORNADA LABORAL. CALENDARIO E VACACIONES

 


Artigo 8.- XORNADA DE TRABALLO.

A xornada de traballo será a mesma que se fixe para os funcionarios da Administración Civil do Estado (actualmente establecida mediante Resolución de 28 de decembro de 2012 da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, modificada por Resolución da mesma Secretaría de 23 de decembro de 2013), actualmente en 37.5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a 1657 horas anuais. No obstante, será o calendario laboral o que estableca o horario de traballo, en función dos postos de traballo e atendendo aos horarios de apertura ao público de determinadas oficinas e servizos públicos. O calendario laboral tamén poderá establecer, en función do posto de traballo, unha distribución irregular da xornada ao longo do ano, que deberá respetar, en todo caso, os periodos mínimos de descanso diario e semanal. Durante a xornada de traballo poderase disfrutar de unha pausa por un periodo de 30 minutos, que se computarán como traballo efectivo.

A estes efectos, considerarase traballo efectivo o prestado dentro do horario establecido polo órgano competente e o que corresponde polos permisos retribuidos así como os créditos de horas retribuidos para funcións sindicais.

Esta interrupción non poderá afectar á prestación dos servizos.

Durante o periodo comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, e entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro, ambos inclusive, poderá establecerse unha xornada reducida de verán e nadal respectivamente, que se recuperará na forma que estableza o calendario laboral, respectándose, en todo caso, a xornada de traballo en cómputo anual. En calquera caso, a xornada anual e o calendario deberán respectar o límite establecido pola normativa de aplicación.

Medidas de conciliación As medidas de conciliación no que se refire á xornada serán as recollidas no artigo 48 do EBEP, coas modificacións a que poidese haber lugar:

1.- Por razóns de garda legal, cando o funcionario/a teña o cuidado directo de algún menor de 12 años, de persoa maior que requira especial dedicación, ou de unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuida, terá dereito á reducción da súa xornada de traballo, coa disminución das súas retribucións que corresponda. Terá o mesmo dereito o empregado que precise encargarse do cuidado directo de un familiar, ata o segundo grao de cosanguinidad ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermedade non podan valerse por sí mesmo e que non desempeñe actividade retribuida.

2.- Por ser preciso atender o coidado de un familiar de primeiro grao, o funcionario/a terá dereito a solicitar unha reducción de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuido, por razóns de enfermedade moi grave e polo prazo máximo de 1 mes. Se houbese máis de un titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de disfrute desta reducción poderase prorratear entre os mesmos, respectando en todo caso, o prazo máximo de 1 mes.


Artigo 9.- CALENDARIO LABORAL

O calendario laboral é o instrumento técnico de ordenación dos recursos dispoñibles a través do que se realiza a distribución da xornada e a fixación dos horarios, previa negociación co Delegado de Persoal. O calendario laboral será público a fin de asegurar o seu xeral coñecemento, tanto por parte dos funcionarios municipais e dos seus representantes legais e sindicais, como dos cidadáns en xeral. O calendario laboral, sempre que sexa técnicamente posible, deberá aprobarse polo Alcalde-Presidente e previa negociación, durante o último trimestre do exercicio anterior ao que se refiera. Dito calendario poderá modificarse seguindo os mesmos trámites e os legais oportunos, tantas veces como a organización obxectiva e motivadamente o requira.


Artigo 10.- VACACIÓNS

As vacacións do persoal constitúen un dereito irrenunciable, indisponible e non substituible por compensación económica. As vacacións anuais serán en calquera caso, as establecidas pola lexislación vixente, 22 días hábiles anuais por ano completo ou dos días que correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor. A estes efectos os sábados consideraranse inhábiles, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais.

En ningún caso, a distribución anual da xornada pode alterar o número de días de vacacións ou o número de días festivos de carácter retribuido e non recuperable. As vacacións disfrutaranse, previa autorización e sempre que resulte compatible coas necesidades do servizo, dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte, en periodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sen prexuízo de que, sempre que as necesidades do servizo o permitan, se poida solicitar o disfrute independiente de ata 6 días hábiles por ano natural, que poderán acumularse aos días de asuntos particulares, e sen que isto poda supoñer unha reducción da xornada establecida no artigo 8 deste Acordo.

A solicitude de vacacións deberá formalizarse alomenos 1 mes antes do comenzo do seu disfrute. Dita solicitude deberá efectuarse conxuntamente no caso de funcionarios adscritos ao mesmo servizo para evitar solapamentos de periodos vacacionais que podan afectar á prestación do servizo e deberán ser conxuntas no caso de funcionarios de un mesmo servizo aos efectos de que non se solapen periodos vacacionais. O calendario laboral establecerá os periodos de vacacións en función das necesidades dos distintos servizos e do horario de apertura ao público das instalacións. Non obstante, cando se prevea o peche das instalacións debido á inactividade estacional de determinados servizos públicos ou calquera outra causa de forza maior, os periodos de disfrute das vacacións coincidirán na franxa temporal de peche. Asimesmo o Concello, por necesidades dos servizos poderá modificar o periodo vacacional dos seus traballadores ata o límite de 11 días hábiles. Cando o periodo de vacacións previamente fixado ou autorizado e cuxo disfrute non se tivese iniciado, poda coincidir no tempo con unha situación de incapacidade temporal, risco durante a lactancia, risgo durante o embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade ou permiso acumulado de lactancia, poderase disfrutar en data distinta.

Cando as situacións ou permisos indicados neste párrafo impidan iniciar o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, as mesmas poderanse disfrutar no ano natural distinto. En caso de incapacidade temporal legalmente acreditada, o periodo de vacacións poderase disfrutar unha vez finalizase dita incapacidade e sempre que non tivesen transcorrido máis de 18 meses a partir do final do ano no que se orixinasen. Se durante o disfrute do periodo de vacacións autorizado, sobreviñese o permiso de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal, o periodo de vacacións quedará interrumpido podendo disfrutarse o tempo que reste en un periodo distinto. No caso de que a duración dos citados permisos ou de dita situación impida o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, as mesmas poderanse disfrutar no ano natural posterior.

Criterios de prevalencia no disfrute das vacacións: Os funcionarios con fillo ata a idade de escolarización obrigatoria e disminuidos físicos e psíquicos terán prioridade para a elección dos periodos de descanso. Calquera acordo de modificación de vacacións non afectará aos xa disfrutados.


Artigo 11.- PERMISOS E LICENZAS NON REMUNERADAS.

Os funcionarios ao servizo do Concello de Xove poderán solicitar un permiso por asuntos propios sen retribución de unha duración acumulada que non poderá exceder dos tres meses cada dous anos, de acordo cos seguintes criterios:

-A concesión deste permiso está subordinada ás necesidades do servizo e terá a duración que solicite o funcionario. Non obstante, a incorporación ao centro de trabajo producirase, en todo caso, en un día laborable de prestación de servizos.

-O tempo de duración deste permiso terá a consideración de servizos prestados unicamente aos efectos da antigüedade e consolidación de grao persoal

-O Concello, mentras dure este permiso sen retribución, manterá ao persoal en alta especial no réximen de seguridade social que sexa de aplicación

-O funcionario de novo ingreso só poderá solicitar este permiso unha vez transcorridos dous anos desde o seu nomeamento como funcionario.

-O prazo para o cómputo dos dous anos para o disfrute de un novo permiso por asuntos propios debe comezar a computarse no momento en que termine o disfrute do permiso anterior.

-Unha vez esgotados os tres meses de duración máxima do permiso, debe transcurrir un mínimo de dous anos para poder volver a solicitalo.


Artigo 12.- PERMISOS E LICENZAS REMUNERADAS

O persoal funcionario ao servizo do Concello de Xove terá os permisos regulados no artigo 48 do EBEP, coas modificacións a que poidera haber lugar:

A.-Por falecemento, accidente ou enfermidade grave de un familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave de un familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. Os días que se faga uso deste permiso deberán ser en todo caso inmediatamente posteriores ao feito causante, e computarse o día do falecemento, accidente ou enfermidade cando o empregado non preste servizos ese día e lle correspondería prestalos. Asímesmo, estes días deberán ser consecutivos en caso de falecemento e poderanse disfrutar de xeito discontinuo no caso de enfermidade ou accidente mentras persista o feito causante e ata o máximo de días establecido. Para os efectos do disfrute deste permiso non se considerarán días hábiles os sábados y non se tomará como referencia para o cómputo dos prazos na mesma ou en distinta localidade ou lugar de residencia habitual do funcionario. Se durante o disfrute do permiso por accidente o enfermidade grave do familiar, sobreviñese o falecemento deste, suspenderase o permiso que se viña disfrutando e iniciarse o cómputo de un novo permiso.

A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será a seguinte:

-Documento xustificativo do falecemento ou do accidente ou enfermidade grave do familiar

-O grao de parentesco e a relación familiar acreditarase co libro ou libros de familia ou documento que o substitúa, certificación do Rexistro Civil, ou ben coa inscrición en calquera rexistro público que acredite o feito causante

-Nos supostos de accidente ou enfermidade grave, a situación de convivencia, de ser o caso, debe ser acreditada mediante certificado de empadroamento ou outro documento expedido polo Concello de residencia.

B.- Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día. O permiso entenderase referido ao día no que se produza o efectivo traslado de domicilio na localidade de residencia, e cando teña unha duración superior ao día natural, disfrutarase con carácter ininterrumpido, e deberá acreditarse documentalmente o traslado, con posterioridade. A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será o documento acreditativo do cambio efectivo de domicilio

C.- Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos términos que se determine.

D.- Para concurrir a exames finais e demáis probas definitivas de aptitude, durante os días da súa celebración. Aos efectos deste permiso enténdese por exzmes finais e demáis probas definitivas de aptitude aquelas tendentes á obtención de un título académico ou profesional, así como as probas selectivas no ámbito do emprego público. Non están incluidos exames e probas de aptitude de outro carácter, coma os que se realicen para obter permisos de conducción de vehículos ou similares. No suposto de que os exames e demáis probas definitivas de aptitud teñan lugar dentro da xornada laboral, o permiso concederase durante o día da súa realización, no caso de que se celebren en distinta localidade donde o persoal preste os seus servizos. Se é na mesma localidade, este permiso concederase polo tempo indispensable para concurrir ao exame ou ás demáis probas entendendo que a expresión tempo indispensable será as horas de xornada laboral necesarias para esta finalidade. No caso de que o exame ou as demáis probas a que se refiere este artigo se celebren en distinta localidade donde o persoal presta os seus servizos e fóra da xornada laboral, non procede o outorgamento deste permiso, salvo o tempo indispensable para o desprazamento. A documentación mínima exigida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será o documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, o exame final ou a proba de acceso ou ingreso na función pública, no que conste o lugar, data, hora do exame e centro de realización das probas.

E.- Para a realización de exames prenatales e técnicas de preparación ao parto polas funcionarias embarazadas, debendo aportarse o documento xustificativo da realización dos exames e das técnicas de preparación ao parto dentro da xornada laboral e documento de asistencia.

F.-Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a funcionaria ou o funcionario terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias percibindo as retribucións íntegras. Asimesmo, terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa disminución proporcional das súas retribucións. A documentación mínima esixida para a concesión deste permiso, sen prexuízo da aportación de outra documentación requerida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante, será a seguinte:

-Fotocopia da partida de nacemento do fillo que xenera o dereito ao permiso

-Documento que acredite a hospitalización do fillo ou filla que xenere o dereito ao permiso ou da súa condición de prematuro.

G.- Por lactancia de un fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituirse por unha reducción da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada o,u en unha hora ao inicio ou ao final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que os dous traballen. Igualmente o persoal poderá solicitar a substitución do tempo de lactancia por un permiso retribuido que acumule en xornadas completas o tempo correspondente. Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple. Neste caso, poderán disfrutar de catro semanas ininterrumpidas ou ben acollerse a 150 horas de crédito horario, podendo aproveitarse, nos dous casos, en calquera momento, despois do disfrute do permiso de maternidade e ata que o fillo ou a filla alcancen os doce meses. De xeito simultáneo á solicitude do permiso, a funcionaria ou funcionario deberá acreditar documentalmente a data de nacemento do fillo mediante a presentación da fotocopia do libro de familia, ou inscripción do nacemento no Rexistro Civil, ademáis deberase xustificar documentalmente que o outro proxenitor non disfruta á súa vez do citado permiso.

H.- Por tempo indispensable para o cumprimento de un deber inexcusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral. A estes efectos, o deber inexcusable debe ser personalísimo, sen posibilidade de execución por medio de representante ou substituto, e en todo caso deberá xustificarse debidamente a imposibilidade de cumprimento deste deber fóra da xornada laboral. Considérase deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral o exercicio de actividades inexcusables vinculadas directamente ao ámbito familiar do titular do dereito. En todo caso, será requisito indispensable que se xustifique unha situación de dependencia directa respecto do titular do dereito e que se trate de unha situación non protexida polos restantes permisos.

A duración deste permiso será polo tempo mínimo indispensable para o cumprimento do deber. Para os efectos deste permiso enténdese por deber inexcusable de carácter público ou personal:

a) Comparacencia obrigatoria por citacións instadas por órganos xudiciales, comisaría ou calquera outro organismo oficial. Cumprimiento de deberes cidadás derivados de un proceso electoral

b) Asistencia a reunións dos órganos de goberno e comisións dependentes destes cando deriven extrictamente do cargo electo de concelleiro así como de diputado ou senador.

c) Asistencia como membro ás sesións de un tribunal de selección ou provisión, con nombramento da autoridade competente

d) Obrigas cuxo incumprimento xenere ao interesado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa.

e) Para os funcionarios que teñan fillos con discapacidade, a asistencia a reunións de coordinación do centro educativo, ordinario de integración ou de educación especial, donde reciba atención ou tratamiento; ou o acompañamento si ten que recibir apoio adicional no ámbito sanitario ou social.

f) Para os funcionarios que teñan fillos en idade escolar, a asistencia a reunións de titoría, consello escolar ou profesorado.

g) Realización de revisións médicas polo tempo indispensable, así como acompañamento a revisións médicas a fillos e persoas maiores a cargo do funcionario, nos casos nos que a consulta se deba realizar durante a xornada laboral e sempre que se atope incluida na carteira de servizos do sistema sanitario público. A asistencia a profesionais privados deberá realizarse fóra da xornada laboral de traballo; caso de que non fose posible, deberá aportarse xustificante asinado polo profesional acreditativo das razóns polas que a revisión médica se realizou no horario pertinente. Considéranse persoas maiores a cargo do funcionario os familiares de primeiro grao que pola súa idade ou estado de saúde non se podan valer por sí mesmos para acudir á consulta ou revisión. Tamén terán esta consideración os familiares de segundo grao con enfermidades moi graves que necesitan seguemento médico estrito e que non podan valerse por sí mesmos, no caso de que estean a cargo do funcionario e non teñan familiares de primeiro grao ou que estes sexan maiores e non podan atendelos. Para os casos das letras a), b) e c) debe aportarse orixinal ou copia compulsada da citación ou convocatoria de órgano xudicial, órgano administrativo, órgano de goberno ou calquera outro órgano oficial de que se trate, ou das comisións dependentes deles. Se é o caso, documento acreditativo de ter a condición de elexible no proceso electoral ou de tomar parte de unha mesa electoral. Para os casos das letras e) e f) deberá aportarse certificado ou xustificante emitido polo órgano competente do centro educativo.

I.-Por asuntos particulares, catro días. A concesión deste permiso queda condicionada ás necesidades do servizo e tales días non se poderán acumular aos periodos de vacacións anuais, sen prexuízo de que podan acumularse aos días de vacacións que se poden disfrutar de xeito independiente (6 días hábiles). O persoal poderá distribuir estes días ao longo do ano, e terase en conta que a súa ausencia non provoque unha especial dificultade no normal desenvolvemento do traballo, respectando sempre as necesidades do servizo. Cando por estas razóns non sexa posible disfrutar destes días antes de finalizar o mes de decembro, poderán concederse nos primeiros quince días do mes de xaneiro seguinte. Os días de asuntos particulares corresponderán por ano natural de prestación de servizos efectivos. Nos casos de ter disfrutado de permiso sen retribución ou cando o tempo de servizos prestados fose inferior ao ano natural, disfrutarase un número de días proporcionais ao tempo traballado, redondeándose á alza (+0,5) a favor do persoal solicitante.

J.-Por matrimonio, quince días ininterrumpidos, con plenitude de dereitos económicos e deberá gozarse en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Este permiso poderá acumularse ao periodo de vacacións anual. No caso de celebración de matrimonio en sede civil e/ou relixiosa, separada no tempo, este permiso sólo se disfrutará unha vez. Este permiso tamén se concederá no caso de parellas de feito, inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou de outra comunidade autónoma. Os convivintes que disfruten deste permiso e con posterioridade contraian matrimonio, non terán dereito a disfrutar un novo permiso por esta causa. Para a súa acreditación deberá aportarse fotocopia compulsada do libro de familia ou da inscripción rexistral correspondente.

K.-Disporase asimesmo dos permisos regulados no artigo 49 do EBEP:

a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrumpidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade de fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase a opción da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemiento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que os dous proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o periodo de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor disfrute de unha parte determinada e ininterrumpida do periodo de descanso posterior ao parto, ben de xeito simultáneo ou sucesivo co da nai. O outro proxenitor poderá seguir disfrutando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo ésta se atope en situación de incapacidade temporal. Nos casos de disfrute simultáneo de periodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos términos que reglamentariamente se determinen. Nos casos de parto prematuro e en aqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días coma o neonato se atope hospitalizado, con un máximo de trece semanas adicionais. Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

b) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrumpidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase a elección do funcionario, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mismo menor poda dar dereito a varios periodos de disfrute deste permiso. No caso de que os dous proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre en periodos ininterrumpidos. Nos casos de disfrute simultáneo de periodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos términos que reglamentariamente se determine. Si fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademáis, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este periodo exclusivamente as retribucións básicas. Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no párrafo anterior e para o suposto contemplado en dito párrafo, o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento. Durante o disfrute deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas leis civís das Comunidades Autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.

c) Permiso de paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción de un fillo: terá unha duración de quince días, a disfrutar polo pai ou o outro proxenitor a partir da data do nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Este permiso é independiente do disfrute compartido dos permisos contemplados nos apartados a) e b). Nos casos previstos nos apartados a), b), e c) o tempo transcorrido durante o disfrute destes permisos computarase como de servizo efectivo a todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos da funcionaria e, no seu caso, do outro proxenitor funcionario, durante todo o periodo de duración do permiso, e, no seu caso, durante os periodos posteriores ao disfrute deste, se de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do periodo de disfrute do permiso. Os funcionarios que tivesen feito uso do permiso por parto ou maternidade, paternidad e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez finalizado o periodo de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo en términos e condicións que non lles resulten menos favorables ao disfrute do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que poidesen ter dereito durante a súa ausencia.

d) Permiso por razón de violencia de xénero sobre a muller funcionaria: as faltas de asistencia das funcionarias vítimas de violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. Asimesmo, as funcionarias vítimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito de asistencia social integral, terán dereito á reducción da xornada con disminución proporcional da retribución, ou a reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, nos términos que para estos supostos estableza a Administración Pública competente en cada caso.

e) Permiso por coidado de fillo menor afectado por cáncer ou outra enfermidade grave: o funcionario terá dereito, sempre que os dous proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha reducción da xornada de traballo de alomenos a metade da duración de aquela, percibindo as retribucións íntegras con cargo aos orzamentos do órgano ou entidad donde veña prestando os seus servizos, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado por cáncer (tumores malignos, melanomas ou carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe do servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpla os 18 anos. Cando concurran nos dous proxenitores, adoptantes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante, as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, no seu caso, podan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a reducción da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á reducción de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no Réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. En caso contrario, sólo se terá dereito á reducción de xornada, coa conseguinte reducción de retribucións. Asimesmo, no suposto de que ambos presten servizos no mesmo órgano ou entidade, ésta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamiento do servizo. Para a aplicación do permiso regulado na letra e) deste artigo, aos efectos da sú consideración como enfermidades graves, estarase, con carácter enunciativo e non limitativo, ás recollidas no Anexo I do RD 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave, ou en normativa que o substitúa. O cancro ou enfermidade grave que padeza o menor deberá implicar un ingreso hospitalario de longa duración que requira o seu coidado directo, continuo e permanente durante a hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Considérase asímesmo como ingreso hospitalario de longa duración a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor en domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola enfermidade grave. A acreditación de que o menor padece un cáncer así como a necesidade de coidado directo continuo e permanente do menor durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade, efectuarase mesmo en aqueles casos en que a atención e diagnóstico do cáncer ou enfermidade grave se leve a cabo por servizos médicos privados, mediante declaración cuberta polo facultativo do Servizo Galego de Saúde responsable da atención do menor. Cando o diagnóstico ou tratamwnto do cáncer ou enfermidade grave do menor se realice a través dos servizos médicos privados esixirase que a declaración sexa cuberta ademáis polo médico do centro responsable da atención do menor. Cando exista recaída do menor polo cancro ou a mesma enfermidade grave non será necesario que exista un novo ingreso hospitalario, aínda que na recaída da enfermidade deberá acreditarse a necesidade, tras o diagnóstico e hospitalización, de continuación do tratamento médico así como do coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou acolledor, mediante unha nova declaración médica de acordo coo previsto anteriormente. Este permiso concederase por un periodo inicial de un ano, prorrogable por periodos de seis meses cando subsista a necesidade de coidado directo, continuo e permamenente do menor, que se acreditará mediante declaración do facultativo responsable da asistencia médica do menor, e como máximo ata que este cumpla os 18 anos. O permiso suspenderase nas situacións de incapacidade temporal, durante os periodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e en xeral, cando concurra calquera causa de suspensión da relación funcionarial do solicitante.

O permiso extinguirase polas seguintes circunstancias:

-Polo cese na redución da xornada, calquera que sexa a súa causa.

-Por non existir a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do menor debido á melloría do estado de saúde ou a alta médica por curación

-Polo cese do outro proxenitor na súa actividade laboral

-Por cumplir o menor 18 anos de idade.

Asímesmo, o funcionario ao que se lle conceda este permiso ten a obriga de comunicar calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ao permiso, e o órgano competente en materia de persoal poderá levar a cabo as actuacións necesarias para comprobar que segue cumprindo os requisitos esixidos para a concesión do permiso. Calquera acordo de modificación de permisos non afectará aos xa disfrutados.


Artigo 13.- TEMPO PARA A FORMACIÓN

O tempo destinado á realización de cursos de formación dirixidos á capacitación profesional ou á adaptación ás esixencias dos postos de traballo, así coma os organizados polos distintos órganos da administración pública, consideraranse tempo de traballo a todos os efectos, cando os cursos se celebren dentro do horario de traballo e así o permitan as necesidades do servizo. O Concello poderá determinar a asistencia obrigatoria a aquellas actividades formativas necesarias para o bon desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo, en cuxo caso a súa duración considerarase como tempo de traballo a todos os efectos.


Artigo 14.- AUSENCIA AO TRABALLO

Aos efectos do cómputo do número de días dos que o persoal funcionario do Concello de Xove poderá dispor por motivo de enfermidade ou accidente que non den lugar a unha situación de incapacidade temporal e as súas consecuencias, estarase ao disposto para o persoal ao servizo da Administración do Estado, actualmente regulado por Orde HAP/2802/2012, de 28 de decembro, ou normativa que poda substituila. A estes efectos, o número de días de ausencia que non dan lugar a incapacidade será de catro días ao longo do ano natural, dos que sólo tres poderán ter lugar en días consecutivos. Isto esixirase a xustificación da ausencia. Transcorridos estes catro días sen ter presentado en prazo o correspondente parte de baixa, os días de ausencia ao traballo comportarán a mesma dedución de retribucións do 50% prevista neste Acordo para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal. Todo isto, sen menoscabo das actuacións disciplinarias que poidesen proceder.


CAPÍTULO 3.- REGULACIONS ECONÓMICAS

 


Artigo 15.- CONCEPTOS RETRIBUTIVOS.

O sistema retributivo do funcionario do Concello de Xove será o regulado actualmente no artigo 93, 75 bis e demáis de aplicación da Lei 7/1985, de 2 de abril e, no que non sexa incompatible, tamén polo regulado no artigo 22 e seguintes da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, así como no RD 861/1986, de 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos funcionarios de Administración Local, con adaptación das modificacións normativas que sexan pertinentes.


Artigo 16.- DIETAS E GASTOS DE VIAXE

As dietas e gastos de viaxe serán as estipuladas pola lexislación vixente coas modificacións que ésta poda sufrir, actualmente recollida no Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizaciones por razón do servizo e pola Resolución 30 de Decembro de 2005 da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, e pola Orde EHA/3770/2005, de 1 de decembro.


Artigo 17.- RETRIBUCIÓNS DOS MEMBROS DE TRIBUNAIS DE SELECCIÓN DE PERSOAL

As indemnizacións por asistencia a tribunais de selección acomodaranse ás previstas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, coas actualizacións que procedan, e serán as seguintes:

- Categoría primeira:

Presidente e Secretario: 45,89 €

Vocais: 42,83 €

- Categoría segunda:

Presidente e Secretario: 42,83 €

Vocais: 39,78 €

- Categoría terceira:

Presidente e Secretario: 39,78 €

Vocais: 36,72 €

-Categoría primeira: acceso a Corpos ou Escalas do grupo A1

-Categoría segunda: acceso a Corpos ou Escalas dos grupos A2 e C1

-Categoría terceira: acceso a Corpos ou Escalas dos grupos C2 e E/Agrupacións Profesionais.


Artigo 18.-GRATIFICACIÓNS POR SERVIZOS PRESTADOS FÓRA DA XORNADA HABITUAL E POR TEMPO TRABALLADO

A prestación de servizos fóra da xornada habitual de traballo terá carácter excepcional. Non obstante, se por necesidades dos mesmos resulta imprescindible ou estrictamente necesaria a súa realización para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios urxentes, e con autorización previa do Alcalde-Presidente, en cuxo caso será obrigatoria, a compensación de ditos servizos efectuarase en descanso horario, salvo cando por necesidades do servizo, o descanso do funcionario que prestase os servizos extraordinarios deba cubrirse con horas ou servizos extraordinarios de outro traballador. Sólo en estes últimos casos poderá xustificarse a retribución económica como compensación

*Importe dos servizos prestados en descanso horario: 1 hora de servizo extraordinario= 2 horas de descanso

*Importe dos servizos prestados en compensación económica: 1 hora de servizos extraordinarios prestados= 175% hora normal

Para o cálculo do valor de unha hora normal de traballo tomarase o importe anual das retribucións íntegras do empregado e dividirase entre 52 semanas e posteriormente entre 37,5. Cando por necesidades imprevistas (non planificables), se deba requerir a un funcionario que está de vacacións ou teña permiso por asuntos particulares, para executar unha jornada completa laboral tal como o reforzo da plantilla, a sustitución de unha baixa imprevista ou similares, o tratamento de tal actividade non será considerada como servizos prestados fóra da xornada habitual de traballo senon como permuta de descanso . En este caso, o funcionario será compensado, ademáis de co traslado do descanso non disfrutado a outro periodo posterior, con unha compensación en descanso equivalente á anterior (1 día completo realizado= 1/2 día de descanso)

Aquel funcionario que levase dez ou máis de 10 anos traballados no Concello de Xove percibirá no momento da súa xubilación (nos termos establecidos no artigo 67 do EBEP) unha gratificación por servizos prestados equivalente a unha mensualidade igual á ultima devengada composta por salario, trienios, complemento de destino, complemento específico e, no seu caso, complemento persoal transitorio.


Artigo 19.- TEMPO E FORMA DE PAGO DAS RETRIBUCIÓNS.

O abono do salario efectuarase mensualmente e dentro dos dous últimos días do mes correspondente. Excepcionalmente e sólo para o caso de cese da relación funcionarial por xubilación ou calquera outro motivo, no caso de que éste se produza dentro da primeira quincena, o abono da nómina poderá efectuarse dentro do mes correspondente. O Concello fará efectivo o pago de haberes por transferencia bancaria. O traballador/a recibirá copia da nómina, en modelo oficial ou modelo autorizado, no que se recollerán íntegramente a totalidade das cantidades devengadas e os descontos legais a que houbese lugar.


CAPÍTULO 4.- REGULACIÓNS SOCIO-ECONÓMICAS

 


Artigo 20.- INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA

Ao personal funcionario do Concello de Xove aplicaráselle, sempre que isto sexa legalmente posible, ademáis do previsto na Lei da Seguridade Social, as regras seguintes para proceder ao abono do complemento por incapacidade temporal:

1.- Nos casos de incapacidade temporal que deriven de continxencias comúns, o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras:

-Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día inclusive aboarase un complemento ata alcanzar o 50% das retribucións que se viñesen percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

-Desde o cuarto día ata o vixésimo, os dous inclusive, recoñecerase un complemento que sumado á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social sexa equivalente ao 75% das retribucións que viñesen correspondendo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

-A partir do vixésimo primeiro, inclusive, recoñeceráselle unha prestación equivalente ao 100% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade

Quen estea adscrito aos rexímeses especiais da seguridade social do mutualismo administrativo en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns, percibirán o cincuenta por cento das retribucións tanto básicas como complementarias, como da prestación de fillo a cargo, no seu caso, desde o primeiro ao terceiro día da situación de incapacidade temporal, tomando como referencia aquelas que percibían no mes inmediato anterior ao de causarse a situación de incapacidade temporal. Desde o día cuarto ao vixésimo día, ambos inclusive, percibirán o setenta e cinco por cen das retribucións tanto básicas como complementarias, como da prestación de fillo a cargo, no seu caso. A partir do día vixésimo primeiro e ata o nonaxésimo, ambos inclusive, percibirán a totalidade das retribucións básicas, da prestación por fillo a cargo, no seu caso, e das retribucións complementarias. Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais, a retribución a percibir poderá ser complementada, desde o primeir día, ata acadar como máximo o cen por cen das retribucións que viñeran correspondendo a dito personal no mes anterior ao de causarse a incapacidade. A partir do día nonaxésimo primeiro, será de aplicación o subsidio establecido en cada réximen especial de acordo coa súa normativa. En ningún caso os funcionarios adscritos aos rexímenes especiais de seguridade social xestionados polo mutualismo administrativo poderán percibir unha cantidade infreior en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns á que corresponda aos funcionarios adscritos ao réximen xeral da seguridade social, incluidos noseu caso, os complementos que lles resulten de aplicación a estes últimos.

2.- Nos casos de incapacidade temporal que derive de continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social será complementada durante todo o periodo de duración da mesma, ata o 100% das retribucións que viñese percibindo dito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

3.- Aboarase un complemento de ata acadr o 100% das retribucións que se viñesen percibindo no mes anterior, desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal derivada das seguintes causas excepcionais:

-Hospitalización, entendéndose por tal a asistencia especializada en hospital de día, a hospitalización en réxime de internamento e a hospitalización a domicilio, ainda cando a hospitalización teña lugar nun momento posterior sempre que corresponda a un mesmo proceso patolóxico e non tivese existido interrupción do mesmo.

-Intervención quirúrxica, considerándose como tal a que derive de tratamentos que estean incluidos na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde ou do Servizo Galego de Saúde.

-Supostos de incapacidade temporal que impliquen tratamentos de radioterapia, quimioterapia ou outros tratamentos oncolóxicos

-Procesos de incapacidade temporal inciados durante o estado de xestación, ainda cando non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactancia.

-Outras enfermidades graves, entendéndose por tales aqueles procesos patolóxicos suceptibles de ser padecidos por adultos que estean contemplados no Anexo I do RD 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e dessenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

4.- Durante as situacións de maternidade, risco por embarazo, riscos durante a lactancia natural e paternidade terán dereito a que se lles complementen as prestacións da Seguridade Social ata acadar o 100 % das retribucións fixas e periódicas que correspondan ao empregado como consecuencia do seu posto de traballo e da xornada ordinaria que teña asignada. En aqueles casos en que unha situación de IT se vexa interrumpida por periodos intermedios de actividade e, de acordo coa normativa reguladora da Seguridade Social, se considere que hai una sóla situación de IT (e así se faga constar como recaída no parte médico de baixa correspondente), o interesado terá dereito a continuar coa porcentaxe do complemento que tivera con ocasión da alta previa da IT da que deriva a recaída. Para o cálculo, segundo proceda, dos complementos e retribucións a percibir durante os periodos de incapacidade temporal e independentemente do réxime de seguridade social que corresponda, teranse en conta as retribucións fixas e invariables correspondentes ao mes inmediato anterior á data de inicio da situación de incapacidade temporal, sen computar, por isto, as retribucións non fixas ou variables tales como productividade, gratificacións, outros incentivos ao rendemento, horas extraordinarias, pagas extraordinarias ou outros conceptos de natureza análoga. Se se tuvera concedida unha redución de xornada con redución proporcional de retribucións, os complementos ou retribucións a percibir calcularanse sobre as que lle corresponderan de acordo con dita redución proporcional de retribucións. Se non se tivesen percibido a totalidade das retribucións no mes anterior por calquera das causas que estean normativamente establecidas, tomaranse como referencia as retribucións que no mes anterior a aquel no que deu inicio a incapacidade temporal lle tivesen correspondido en función do seu posto de traballo. No caso de reingreso ao servizo activo, novo ingreso ou alta en nómina desde outras circunstancias que non leven aparellada a percepción de retribucións no mes anterior, tomaranse como referencia as retribucións do mes no que deu inicio a incapacidade temporal elevadas ao mes completo As referencias a días incluidas no presente artigo entenderanse realizadas a días naturais.


Artigo 21.- FONDO SOCIAL

Con carácter anual e sempre e cando a legislación o permita, en función das disponibilidades orzamentarias, aprobaranse as Bases reguladoras e os criterios de reparto das axudas sociais enmarcadas dentro do denominado Fondo Social do Concello de Xove Poderán solicitar estas axudas os funcionarios que cumplan os requisitos nelas establecido e para os gastos que nas anteriores bases se determine. Calquera modificación das Bases reguladoras do Fondo Social así como a concesión das mesmas previo informe do Técnico de Recursos Humanos, será adoptada previa negociación co Delegado de Persoal.


Artigo 22.- PLAN DE PENSIÓNS

O Concello de Xove realizará con carácter anual e sempre e cando a lexislación o permita, aportacións ao Plan de Pensións na contía que estableza anualmente a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.


Artigo 23.- ANTICIPOS DE TRABALLO REALIZADO

O funcionario terá dereito a percibir , sen que chegue o día sinalado para o pago, anticipos a conta do traballo xa realizado. O anticipos solicitaranse por escrito e serán informados polo Técnico de Recursos Humanos. Concederanse por Resolución do Alcalde-Presidente, e serán descontados na nómina do mes correspondente. De igual xeito, poderá anticiparse o pago do importe da paga extraordinaria correspondente ao mes de xuño en proporción ao tempo traballado desde o 1 de decembro anterior ata o día da solicitude do anticipo e poderá anticiparse o importe da paga extraordinaria do mes de decembro, en proporción ao tempo traballado desde o 1 de xuño e ata o día da solicitude do anticipo. Non se concederán anticipos de traballo futuro.


Artigo 24.- SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL

Será obrigatorio para o Concello dispor de un seguro de accidentes para toda a plantilla do persoal municipal, debendo obrar unha copia en poder do Delegado de Persoal. Asimesmo, a Corporación concertará póliza de seguro de responsabilidade civil por accións ou omisións culposas ou neglixentes dos traballadores, sempre e cando ditos supostos teñan lugar no exercicio do seu cometido laboral, da que se entregará copia ao Delegado de Persoal.


CAPÍTULO 5.- FORMACIÓN E SAÚDE LABORAL

 


Artigo 25.- SAÚDE LABORAL

A saúde laboral é un dereito irrenunciable que teñen todos os funcionarios sen ningunha exclusión, de xeito que se garanta o exercicio do dereito ao traballo de unha forma digna, seria e segura, que non poderá subordinarse a consideracións de carácter puramente económicos. En todo o relativo á saúde laboral, seguridade e condicións de traballo estarase ao disposto na Lei 31/1995 de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. A vixiancia da saúde será de carácter voluntario, exceptuado os supostos establecidos na Lei de Prevención de Riscos Laborais. Recoñecemento médico. O Concello de Xove está obrigado a someter ao persoal funcionario obxecto do presente Acordo a un recoñecemento médico anual, que igualmente será obrigatorio para o persoal. Tal recoñecemento debe comprender un estudio médico detido, incluindo investigacóns de compoñentes anormais e de sedimentos na orina, reconto de hematíes e leucocitos, fórmula leucocitaria e velocidade de sedimentación, así como un exame psicotécnico elemental, de acordo coas condicións requeridas para o seu posto de traballo. Asímismo, o Concello está obrigado a efectuar un recoñecemento médico de un traballador antes de ser admitido coa finalidade de diagnosticar enfermidades contaxiosas, valorar a capacidade do aspirante para o traballo en xeral, determinar a súa aptitude para a tarefa específica que debe realizar e precisar se o recoñecido presenta predisposición a enfermidades que podan producirse ou agravarse na tarefa que se lle destina.


Artigo 26.- VESTIARIO E MATERIAL DE SEGURIDADE

Os funcionarios municipais contarán co vestiario e material de seguridade adecuado, que será subministrado polo Concello e en ningún caso se considerará como retribución en especie. Sólo terán dereito a vestiario os postos de traballo cuxas funcións esixen un vestiario especial por razón de seguridade e hixiene, uniformidade ou por calquera outro motivo.


CAPÍTULO 7.- REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES E DEREITOS E DEBERES XERAIS

 


Artigo 27.-DELEGADO DE PERSOAL

O Delegado de Persoal será o órgano de representación do persoal funcionario municipal exercendo as competencias e atribucións que lle corresponden. O delegado de Persoal disporá da lexitimación e exercerá as funcións recollidas no EBEP.


Artigo 28.- DEREITO DE REUNIÓN

1.- Están lexitimados para convocar reunións, ademáis das organizacións sindicais, directamente ou a través dos delegados sindicais:

-O delegado de Persoal

-Os funcionarios en número non inferior ao 40% do colectivo convocado

2.- Os especificados no número un deste artigo poderán convocar reunións dentro da xornada de traballo sempre que haxa acodo entre o órgano competente en materia de persoal e quen estea lexitimado para convocala e non se vexa perxudicada a prestación dos servizos.


CAPÍTULO 7.- RÉXIME DISCIPLINARIO

 


Artigo 29.- RÉXIME DISCIPLINARIO

En todo o referente á tipificación de faltas e sancións do persoal funcionario ao servizo do Concello de Xove, estarase ao disposto na LBRL e no non regulado pola mesma no establecido no EBEP e demáis disposicións que poidesen ser de aplicación.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 


D.A. 1ª.- ACTUALIZACIÓN DAS RETRIBUCIÓNS DOS FUNCIONARIOS.

Durante o periodo de vixencia do presente Acordo as retribucións do persoal incluido no seu ámbito de aplicación actualizaranse anualmente a través do que se deduza da RPT vixente e, sen prexuízo das limitacións que ao efecto establezan as leis de orzamentos xerais do estado.


D.A. 2ª.- PUBLICIDADE DO ACORDO REGULADOR

O presente Acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e figurará exposto no Taboleiro de Anuncios do Concello de Xove debendo facilitarse copia aos funcionarios que o soliciten.


DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS

 


D.DT. UNICA

Quedan derogados cantos convenios, pactos ou acordos preexistentes afectaran ao persoal incluido neste Acordo.


ANEXO I. Listado de enfermidades graves aos efectos do previsto na letra K) do artigo 12

I. Oncología:

1. Leucemia linfoblástica aguda.

2. Leucemia aguda no linfoblástica.

3. Linfoma no Hodgkin.

4. Enfermedad de Hodgkin.

5. Tumores del Sistema Nervioso Central.

6. Retinoblastomas.

7. Tumores renales

8. Tumores hepáticos.

9. Tumores óseos.

10. Sarcomas de tejidos blandos.

11. Tumores de células germinales.

12. Otras neoplasias graves.

II. Hematología:

13. Aplasia medular grave (constitucional o adquirida).

14. Neutropenias constitucionales graves.

15. Hemoglobinopatías constitucionales graves.

III. Errores innatos del metabolismo:

16. Desórdenes de aminoácidos (fenilcetonuria, tirosinemia, enfermedad de la orina con olor a jarabe de arce, homocistinuria y otros desórdenes graves).

17. Desórdenes del ciclo de la urea (OTC).

18. Desórdenes de los ácidos orgánicos.

19. Desórdenes de carbohidratos (glucogenosis, galactosemia, intolerancia hereditaria a la fructosa y otros desórdenes graves).

20. Alteraciones glicosilación proteica.

21. Enfermedades lisosomiales (mucopolisacaridosis, oligosacaridosis, esfingolipidosis y otras enfermedades graves).

22. Enfermedades de los peroxisomas (Síndrome de Zellweger, condrodisplasia punctata, adenoleucodistrofia ligada a X, enfermedad de Refsum y otros desórdenes graves).

23. Enfermedades mitocondriales: por defecto de oxidación de los ácidos grasos y de transporte de carnitina, por alteración del DNA mitocondrial, por mutación del DNA nuclear.

IV. Alergia e inmunología:

24. Alergias alimentarias graves sometidas a inducción de tolerancia oral.

25. Asma bronquial grave.

26. Inmunodeficiencias primarias por defecto de producción de anticuerpos.

27. Inmunodeficiencias primarias por defecto de linfocitos T.

28. Inmunodeficiencias por defecto de fagocitos.

29. Otras inmunodeficiencias:

a. Síndrome de Wisccott-Aldrich.

b. Defectos de reparación del ADN (Ataxia-telangiectasia).

c. Síndrome de Di George.

d. Síndrome de HiperIgE.

e. Síndrome de IPEX.

f. Otras inmunodeficiencias bien definidas.

30. Síndromes de disregulación inmune y linfoproliferación.

V. Psiquiatría:

31. Trastornos de la conducta alimentaria.

32. Trastorno de conducta grave.

33. Trastorno depresivo mayor.

34. Trastorno psicótico.

35. Trastorno esquizoafectivo.

VI. Neurología:

36. Malformaciones congénitas del Sistema Nervioso Central.

37. Traumatismo craneoencefálico severo.

38. Lesión medular severa.

39. Epilepsias:

a. Síndrome de West.

b. Síndrome de Dravet.

c. Síndrome de Lennox-Gastaut.

d. Epilepsia secundaria a malformación o lesión cerebral.

e. Síndrome de Rassmussen.

f. Encefalopatías epilépticas.

g. Epilepsia secundaria a enfermedades metabólicas.

h. Otras epilepsias bien definidas.

40. Enfermedades autoinmunes:

a. Esclerosis múltiple.

b. Encefalomielitis aguda diseminada.

c. Guillain-Barré.

d. Polineuropatía crónica desmielinizante.

e. Encefalitis límbica.

f. Otras enfermedades autoinmunes bien definidas.

41. Enfermedades neuromusculares:

a. Atrofia muscular espinal infantil.

b. Enfermedad de Duchenne.

c. Otras enfermedades neurosmusculares bien definidas.

42. Infecciones y parasitosis del Sistema Nervioso Central (meningitis, encefalitis, parásitos y otras infecciones).

43. Accidente cerebrovascular.

44. Parálisis cerebral infantil.

45. Narcolepsia-cataplejia.

VII. Cardiología:

46. Cardiopatías congénitas con disfunción ventricular.

47. Cardiopatías congénitas con hipertensión pulmonar.

48. Otras cardiopatías congénitas graves.

49. Miocardiopatías con disfunción ventricular o arritmias graves.

50. Cardiopatías con disfunción cardiaca y clase funcional III-IV.

51. Trasplante cardiaco.

VIII. Aparato respiratorio:

52. Fibrosis quística.

53. Neumopatías intersticiales.

54. Displasia broncopulmonar.

55. Hipertensión pulmonar.

56. Bronquiectasias.

57. Enfermedades respiratorias de origen inmunológico:

a. Proteinosis alveolar.

b. Hemosiderosis pulmonar.

c. Sarcoidosis.

d. Colagenopatías.

58. Trasplante de pulmón.

59. Otras enfermedades respiratorias graves

IX. Aparato digestivo:

60. Resección intestinal amplia.

61. Síndrome de dismotilidad intestinal grave (Pseudo-obstrucción intestinal).

62. Diarreas congénitas graves.

63. Trasplante intestinal.

64. Hepatopatía grave.

65. Trasplante hepático.

66. Otras enfermedades graves del aparato digestivo.

X. Nefrologia:

67. Enfermedad renal crónica terminal en tratamiento sustitutivo.

68. Trasplante renal.

69. Enfermedad renal crónica en el primer año de vida.

70. Síndrome nefrótico del primer año de vida.

71. Síndrome nefrótico corticorresistente y corticodependiente.

72. Tubulopatías de evolución grave.

73. Síndrome de Bartter.

74. Cistinosis.

75. Acidosis tubular renal.

76. Enfermedad de Dent.

77. Síndrome de Lowe.

78. Hipomagnesemia con hipercalciuria y nefrocalcinosis.

79. Malformaciones nefrourológicas complejas.

80. Síndromes polimalformativos con afectación renal.

81. Vejiga neurógena.

82. Defectos congénitos del tubo neural.

83. Otras enfermedades nefrourológicas graves.

XI. Reumatología:

84. Artritis idiopática juvenil (AIJ).

85. Lupus eritematoso sistémico.

86. Dermatomiositis juvenil.

87. Enfermedad mixta del tejido conectivo.

88. Esclerodermia sistémica.

89. Enfermedades autoinflamatorias (Fiebre Mediterránea Familiar, Amiloidosis y otras enfermedades autoinflamatoras graves).

90. Otras enfermedades reumatológicas graves.

XII. Cirugía:

91. Cirugía de cabeza y cuello: hidrocefalia/válvulas de derivación, mielomeningocele, craneoestenosis, labio y paladar hendido, reconstrucción de deformidades craneofaciales complejas, etc.

92. Cirugía del tórax: deformidades torácicas, hernia diafragmática congénita, malformaciones pulmonares, etc.

93. Cirugía del aparato digestivo: atresia esofágica, cirugía antirreflujo, defectos de pared abdominal, malformaciones intestinales (atresia, vólvulo, duplicaciones), obstrucción intestinal, enterocolitis necrotizante, cirugía de la enfermedad inflamatoria intestinal, fallo intestinal, Hirschprung, malformaciones anorrectales, atresia vías biliares, hipertensión portal, etc.

94. Cirugía nefro-urológica: malformaciones renales y de vías urinarias.

95. Cirugía del politraumatizado.

96. Cirugía de las quemaduras graves.

97. Cirugía de los gemelos siameses.

98. Cirugía ortopédica: cirugía de las displasias esqueléticas, escoliosis, displasia del desarrollo de la cadera, cirugía de la parálisis cerebral, enfermedades neuromusculares y espina bífida, infecciones esqueléticas y otras cirugías ortopédicas complejas.

99. Cirugía de otros trasplantes: válvulas cardíacas, trasplantes óseos, trasplantes múltiples de diferentes aparatos, etc.

XIII. Cuidados paliativos:

100. Cuidados paliativos en cualquier paciente en fase final de su enfermedad.

XIV. Neonatología:

101. Grandes prematuros, nacidos antes de las 32 semanas de gestación o con un peso inferior a 1.500 gramos y prematuros que requieran ingresos prolongados por complicaciones secundarias a la prematuridad.

XV. Enfermedades infecciosas:

102. Infección por VIH.

103. Tuberculosis.

104. Neumonías complicadas.

105. Osteomielitis y artritis sépticas.

106. Endocarditis.

107. Pielonefritis complicadas.

108. Sepsis.

XVI. Endocrinología:

109. Diabetes Mellitus tipo I


ANEXO II. Grados de consanguinidade e afinidade

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

R. 0086