C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE VILALBA. PERSOAL LABORAL (27100260012018) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2019 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Vilalba 31/12/2018 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2019 Vigente Documento oficial en PDF
Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Vilalba (Boletín Oficial de Lugo núm. 298 de 31/12/2018)

Visto o texto do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Vilalba (Código 27100260012018), asinado o día 20 de novembro de 2018, pola representación do concello e polos representantes dos traballadores, como membros da comisión negociadora, aprobado polo pleno municipal en data 4 de decembro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 18 de decembro de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILALBA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O obxectivo deste Convenio colectivo non é outro que o da regulación das condicións de emprego do conxunto do persoal laboral do Concello de Vilalba.

Por todo iso, e de conformidade co disposto nas leis e normativa legal aplicable, as partes negociadoras acordan a subscrición do presente Convenio colectivo das condicións de emprego do persoal laboral ó servizo do Concello de Vilalba.

PREÁMBULO

DETERMINACIÓN DAS PARTES QUE O CONCERTAN

Son asinantes do presente convenio colectivo pola parte empresarial, o Concello de Vilalba e, pola parte social, o Comité de Empresa do Concello de Vilalba.

As partes ostentan e se recoñecen reciprocamente a representatividade requirida pola normativa vixente e, por tanto, con plena lexitimidade para subscribir o presente Convenio Colectivo.

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este Convenio Colectivo será de aplicación no Concello de Vilalba que o asume na súa totalidade, trala negociación

colectiva ó nivel correspondente.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Inclúese expresamente a totalidade dos entes e organismos públicos que formen, ou poidan formar, parte do

Concello de Vilalba. En calquera caso, a extensión do eido funcional do presente Convenio ao entes ou organismos

autónomos que poidan xurdir, trala entrada en vigor do presente Convenio, será obxecto de estudio no seo da

súa Comisión Paritaria de Seguimento e Control.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O Convenio colectivo aplicarase a todo persoal laboral fixo, indefinido e temporal que preste servizos no concello de Vilalba, en todo aquilo que sexa compatible coa natureza da súa relación de emprego. En todo caso, no tocante ao persoal contratado ao abeiro de programas e/ou plans obxecto de financiamento e/ou subvención externa, as previsións do Convenio resultarán aplicables co alcance, particularidades e limitacións específicamente contempladas, para este colectivo, no tocante ao réxime retributivo, así como no referente ás restantes materias obxecto de regulación.

De acordo co previsto no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, terá a consideración de persoal laboral indefinido do Concello de Vilalba, coa entrada en vigor do presente convenio, todo o persoal laboral contratado polo concello con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2005 e/ou aquel outro persoal laboral que, nun período de 30 meses teñan sido contratados durante un prazo superior a 24 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo, mediante dous o máis contratos temporais, dentro do concello de Vilalba ou os seus organismos autónomos.

Artigo 4º.-Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

1. O presente Convenio Colectivo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación abarcando a súa vixencia dous anos. Rematado o seu período de vixencia, o Convenio entenderase prorrogado por anualidades, de non existir denuncia dalgunha das partes. En todo caso, as cláusulas deste convenio permaneceran vixentes ate a entrada en vigor dun novo convenio que substitúa a este.

2. Ámbalas partes conveñen que o Convenio se considerará denunciado cando así se faga por escrito e con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, co fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo Convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

CONTINÚA EL TEXTO DEL CONVENIO

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI