Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE RIBADEO. PERSOAL FUNCIONARIO de Lugo

Empresa Provincial.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE RIBADEO 12/08/2004 Boletín Oficial de Lugo

ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE RIBADEO (Boletín Oficial de Lugo núm. 185 de 12/08/2004)

Exp. 0002-2004.

Visto o texto do acordo das condicións de traballo dos funcionarios públicos do Concello de Ribadeo, asinado o día 10 de maio de 2004 (aprobado polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 19 de maio de 2004), en representación do Concello o Sr. Alcalde-Presidente e pola parte social os Delegados de Persoal e os representantes de U.G.T., CC.OO., C.S.I.F. e C.I.G., e de conformidade co disposto no art. 36 da Lei 9/1987 do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións Públicas.

Esta Delegación Provincial acorda ordena-lo depósito do citado acordo no Depósito de Pactos Extraestatutarios desta Delgación Provincial, remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 14 de xullo de 2004.- A Delegada Provincial, Ana Chao Vázquez.

ACORDO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE RIBADEO

2004-2006 (10 de maio 2004)

ARTIGO 1. ÁMBITO DE APLICACIÓN.

O presente acordo das condicións de traballo estende a súa aplicación ó persoal funcionario, tanto de carácter fixo como interino, ó servicio do Excmo. Concello de Ribadeo.

ARTIGO 2. PERÍODO DE VIXENCIA.

Este acordo terá unha vixencia dende o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2006 e prorrogarase tácitamente agás que calquera das partes denuncie o mesmo ou sexa revisado, sempre cunha antelación mínima de tres meses á data de remate do mesmo; nembargantes non se considerarán prorrogadas aquelas cláusulas do mesmo que puideran resultar contrarias á lexislación estatal na materia.

Denunciado o convenio as partes asinantes comprométense a iniciar negociacións un mes antes do remate da vixencia do convenio, entendéndose este prorrogado ata a sinatura dun novo, sen prexuízo do que o novo acordo determine respecto á súa retroactividade.

ARTIGO 3. COMISIÓN PARITARIA DE INTERPRETACIÓN E SEGUIMENTO.

Créase unha Comisión Paritaria de Interpretación e Seguimento que terá como funcións:

- Interpretación do articulado.

- Intervención obrigatoria con carácter previo á presentación de calquera conflicto colectivo ou impugnación.

- Calquera outra que expresamente se sinale neste acordo.

Fíxase como composición desta comisión: representando á Administración o Sr. Alcalde-Presidente, e por parte dos sindicatos un representante de cada un dos sindicatos de maior implantación na Administración. Dado o carácter paritario da comisión, ámbalas dúas partes á marxe do número dos seus compoñentes atópanse en situación de igualdade. Cada unha das partes poderá incorpora-los asesores correspondentes.

ARTIGO 4. SISTEMA RETRIBUTIVO.

4.1. Aplícase a estructura retributiva recollida no Real Decreto 861/1986, de 25 de abril.

4.2 De conformidade co establecido no artigo 21.1 da Lei de Presupuestos Xerais do estado para 2004, as retribucións básicas a percibir no año 2004 polos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo regulador serán as seguintes:

SOLDO E TRIENIOS que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas siguintes contías en euros referidas a 12 mensualidades.

Grupo

Soldo

Trienios

A

12.583,44

483,48

B

10.680,00

386,88

C

7.961,16

290,40

D

6.509,64

194,04

E

5.942,88

145,56

As subidas salariais (niveis, grupos e complementos específicos) que se recollen serán de aplicación no ano 2004 para o Grupo E, con efectos do 1 de xullo de 2004

4.3 COMPLEMENTO DE DESTINO:

Os niveis de complemento de destino serán os recollidos na RPT que se integra neste texto para cada posto de traballo, sen prexuízo de que nos casos en que se efectúe un cambio de CD dentro do período de vixencia se recollan o nivel de CD do ano 2004 e o que se acadará en exercicios sucesivos, a tenor das razóns de estabilidade presupostaria que xustifican a demora na aplicación.

Nivel

Importe euros

30

11.049,60

29

9.911,28

28

9.494,40

27

9.077,52

26

7.963,80

25

7.065,60

24

6.648,84

23

6.232,20

22

5.815,08

21

5.398,92

20

5.015,16

19

4.758,96

18

4.502,76

17

4.246,56

16

3.990,96

15

3.734,64

14

3.478,68

13

3.222,36

4.4 Mantense o xa aprobado en anteriores convenios de que no referente á contía do C.E. correspondente a cada posto será aquela que ven asignada individualmente na relación de postos de traballo; con carácter de CE especial de vencemento semestral incrementarase sobre a contía mensual do CE unha suma equivalente ó CD mensual máis o CE mensual.

4.5.- COMPLEMENTO DE PRODUCTIVIDADE:

Será determinado pola Alcaldía-Presidencia na forma e límites establecidos no RD 861/1986, sendo obxecto de determinación pola Alcaldía por resolución motivada ó efecto, con carácter trimestral ou semestral, segundo o grao de desenvolvemento dos obxectivos municipais e se destinará a retribui-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interés ou iniciativa co que o funcionario desenvolva o seu traballo. Pola Alcaldía dentro das dotacións presupostarias correspondentes determinarase a contía individual que proceda e as cantidades que perciba cada funcionario por este concepto serán de coñecemento público dos demáis funcionarios e dos representantes sindicais.

Nembargantes garántese a tódolos traballadores do Concello o mantemento da percepción do complemento de productividade fixo que están percebendo durante o exercicio de 2004, incorporándose ás cantidades percibidas dentro do C. Específico para o ano 2005 para os postos de traballo dos Grupos D e E.

Para o exercicio de 2005 se establece unha productividade mínima, con vocación de estabilidade, para os Grupos A, B e C de 45,08 euros/mes, para o Grupo D de 84,00 euros/mes e para o Grupo E de 90,15 euros/mes, con carácter orientativo, e sen prexuízo de que a súa materialización se efectúe segundo o grao de cumprimento dos obxectivos de productividade determinados para cada traballador ou servicio, realizándose o pago con carácter trimestral ou semestral ata o último trimestre de 2005 que pasará a ser mensual.

4.6.- GRATIFICACIÓNS:

Serán determinadas pola Alcaldía-Presidencia de forma puntual dentro dos límites presupostarios e de acordo con canto se establece no RD 861/1986, e na normativa básica de aplicación.

4.6-1 A contía das gratificacións por servicios extraordinarios fóra do horario da xornada normal serán as seguintes:

Grupos

(Diurno)

Euros

(Festivos/nocturnos)

Euros

A

24,44

36,62

B

15,74

23,55

C

12,48

18,71

D

10,34

15,54

E

6,45

9,71

* A consideración de horario nocturno fíxase entre as 22 horas e as 7 horas.

4.6- 2 Para o persoal funcionario mantense o vixente réxime de gratificacións por asistencia a sesións.

Gratificacións por asistencia a sesións, reunións,etc. fora da xornada normal de traballo (réxime especial).

Grupos

Contías (euros)

A

39,52 euros

B

32,93 euros

C

26,34 euros

D/E

19,76 euros

4.7- CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS

Manteranse a nivel de entidades concretas ou persoas determinadas, condicións que superen ó Acordo/Convenio e estean recoñecidas con anterioridade a este, respetando en todo caso os principos de condicións máis beneficiosas, dentro do disposto na legalidade vixente.

5. NOCTURNIDADE.

5.1 Aqueles postos de traballo que teñen establecido o seu servicio normal ou parcialmente en horario nocturno teñen retribuído este concepto dentro do seu complemento específico segundo valoración asignada pola RPT.

5.2 O réxime de nocturnidade da Policía Local, ademais do recollido no apartado anterior, queda suxeito ás seguintes especialidades:

a) Todo axente que supere o número de 18 noites ó ano terá en compensación un día de descanso a maiores por cada noite realizada.

b) Os días de compensación serán disfrutados xuntos ou por separado en datas a elixir polo axente coa única salvedade de que non afecten ó normal desenvolvemento dos servicios, preferentemente xunto cos seus propios de descanso e en fins de semana.

c) Estes días disfrutaranse no mesmo ano ou no seguinte.

d) Os días de descanso comunicaránse ó Sr. Xefe da Policía Local.

6 ANTICIPOS.-

O Concello de Ribadeo comprométese a mante-la mesma consignación vixente no presuposto municipal para esta finalidade (cun máximo de 24.040,45 euros como préstamo vivo total). A contía máxima dos anticipos a que ten dereito cada empregado será de ata un máximo de 3.606,08 euros. A amortización dos anticipos realizarase en dez, vinte ou trinta mensualidades segundo a contía dos mesmos.

Terán dereito ós anticipos os empregados laborais fixos e temporais cunha antigüidade superior a un ano. No caso de cese deberá amortizarse anticipadamente.

- Os anticipos poderanse solicitar do 1 ó 6 de cada mes e resolveranse do 1 ó 15 de cada mes.

- As solicitudes presentaranse nunha instancia oficial ó efecto no Concello, polo solicitante, vía rexistro, recollendo ano, mes día e hora de presentación.

-Os anticipos serán adxudicados por estricta orde de presentación e cos seguintes matices:

*Terán dereito en primeiro lugar aqueles traballadores que nunca o solicitaran ata o momento. En todo caso en orde inversa ó número de anticipos concedidos.

* Non se poderán percibir outro anticipo ata que remate o prazo elixido orixinalmente para a amortización dun anterior.

* Os traballadores que tiveran concedido anticipo nos últimos cinco anos ocuparán o último lugar en caso de existencia de máis dunha solicitude. Existirá unha Comisión paritaria composta por dous representantes do Concello e dous representantes dos Delegados de Persoal Laboral que resolverá o outorgamento de anticipos en casos de dúbida respecto deste artigo."

7. COMPOSICIÓN DE TRIBUNAIS.

En tódolos Tribunais do Concello de Ribadeo para o acceso á función pública un vocal será proposto pola representación sindical manténdose o establecido regulamentariamente respecto á composición técnica do mesmo e titulación dos seus membros.

8. PROMOCIÓN INTERNA.

8.1 O 50% das prazas obxecto da oferta de emprego de cada ano reservaránse á promoción interna. No caso de que existira un só posto reservaráse a este mesmo sistema sempre que resulte posible. Nas probas selectivas da Promoción interna suprimiránse aqueles exercicios referidos a coñecementos acreditados para o acceso á praza de orixe.

8.2 Compromiso de estuda-la progresiva fixación dunha taxa máxima de eventualidade admisible do 8% xunto coa posta en marcha dun plan de consolidación.

9. FORMACIÓN.

O Concello incluirá nos presupostos de cada ano consignación suficiente para facer fronte ós custos de matrícula, axudas de custos e quilometraxe xenerados pola asistencia do persoal municipal a cursiños de formación. Estes cursos deberán estar directamente vinculados coas funcións que desempeñe o interesado e a asistencia do funcionario quedará condicionada a que as necesidades do servicio o permitan; fíxase en 40 horas anuais o crédito de que dispón cada empregado municipal para asistencia a cursiños de formación agás nos supostos especiais nos que se supere este límite, limitándose neste caso a un curso anual máximo.

10. RÉXIME DE TRABALLO.

10.1 Establécese o horario semanal de 37,5 horas para todo o persoal municipal, manténdose como festas non recuperables as fixadas con este carácter a nivel estatal, autonómico e local. Ademais inclúese como festa non recuperable o día de Santa Rita-patrona dos funcionarios de Administración Local (22 de maio). No suposto de que este día coincida con festivo, sábado ou domingo substituiráse por outro día hábil. En todo caso quedarán garantizadas as necesidades mínimas dos servicios.

Para a Policía Local manterase o réxime de traballo por turnos, cumpríndose o cuadrante de turnos da Policía anexado ó presente convenio.

10.2 Cadros de traballo.

Pola Alcaldía ou Concellería Delegada fixaranse os cadros de traballo correspondentes para o persoal de servicios.

Para o persoal da Policía Local e Medio Ambiente fixaranse os cadros correspondentes que garantan o funcionamento en quendas para os fíns de semana e festivos a tenor da natureza do traballo, que se inclúen como anexo.

11. VACACIÓNS, FESTAS, PERMISOS E DESCANSOS

11.1 As vacacións serán de un mes natural ou 22 días hábiles anuais por ano completo de servicio ou proporcional ó tempo de servicios efectivos, podéndose disfrutar ata o 15 de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos (os sábados non serán considerados hábiles) No suposto de ter completado-los anos de antigüidade na Administración reflexados no cadro posterior, terase dereito ó goce dos seguintes días de vacacións anuais.

15 anos de servicio 23 días hábiles.

20 anos de servicio 24 días hábiles

25 anos de servicio 25 días hábiles

30 ou máis anos de servicio 26 días hábiles.

O caso do persoal que traballa a turnos non poderá comeza-lo período vacacional no descanso semanal establecido.

No suposto de baixa por maternidade, enfermedade ou accidente, interrumpirase o cómputo do período vacacional e reanudarase unha vez recuperada a alta polo traballador, de acordo coas necesidades do servicio.

Os turnos de vacacións da Policía Local se dividirán en dous períodos de 15 días cada un para cada axente a escoller segundo o acordo adoptado polos membros do cadro de Policía e que establecen un cadrante de solicitudes rotativo. Somentes poderá haber un garda de vacacións ó mesmo tempo exceptuando as vacacións que solicite o Sarxento-Xefe.

As vacacións, turnos de descanso, etc. serán propostas polo responsable dentro do persoal funcionario ou laboral de cada servicio, e no seu caso, coa conformidade do concelleiro delegado de cada área, como proposta para a súa aprobación polo Sr. Alcalde-Presidente como Xefe de Persoal da entidade.

11.2.- PERMISOS POR ASUNTOS PROPIOS. Todo o persoal, funcionarios teñen dereito ó goce de nove días ó ano por asuntos propios, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servicio.

11.3.- DESCANSO ENTRE XORNADAS. Entre o final da xornada e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas.

11.4.- Establécese un período de descanso de 1/2 hora. Este período de descanso considerase tempo de traballo efectivo.

11.5.- Descanso semanal.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrumpido que como regra xeral comprenderá a tarde do sábado e o domingo completo, agás nos servicios que funcionan os sete días da semana.

12.- SAÚDE LABORAL.

12.1 O Concello de Ribadeo realizará unha revisión médica anual e gratuíta para todo o seu persoal.

12.2 Nos supostos de I.T. por enfermidade común ou accidente laboral o Concello aboará ó seu persoal o cen por cen das súas retribucións, agás o complemento de productividade, durante os 18 meses da incapacidade temporal.

12.3 O Concello de Ribadeo reembolsará, contra presentación de factura e receta médica, ós funcionarios de carreira polos seguintes custos, imputables tanto a el mesmo como ó cónxuxe e fillos que convivan cos mesmos ata os 25 anos de idade e sempre que non perciban ingresos que impliquen a obriga de realiza-la declaración do IRPF:

OFTALMOLOXIA

Gafas (lejos-cerca): 36,22 euros

Bifocais: 72,44 euros

Lentes de contacto: 36,22 euros/cada unha

Monturas e lentes de contacto (un só uso): NON

ODONTOLOXIA:

Pezas: 36,22 euros unidade

Empastes: 18,11 euros unidade

Implantes óseos: 72,44 euros unidade

Dentadura completa: 296,37 euros

Dentadura superior ou inferior: 148,18 euros

Ortodoncia (iniciado antes 18 anos): 263,45 euros

OUTROS

Audífono: 296,37 euros

Vehículo inválido: 263,45 euros

Plantiña ortopédica: 18,11 euros

Plantiñas especiais: 44,78 euros

Calzado á medida: Importe total da factura

12.4.- FONDO SOCIAL.

1. En virtude das dispoñibilidades presupostaria e co fin de mellora-lo benestar social dos empregados/as público/as locais, o Concello de Ribadeo favorecerá a constitución nos orzamentos ordinarios do Concello para 2006 dun fondo social consignando presupostariamente cada ano, de ser posible, un equivalente ó 1% da masa salarial de todo o seu persoal, para financiar accións e programas de carácter social.

2.- As accións financiables con cargo a este fondo serán obxecto de negociación na Mesa Xeral de Negociación.

Ás accións que poderán ser obxecto de financiamento poderán consistir en subvencións de garderías, sanitarias, por estudos, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, compra de vivenda, etc.

3.- As contías e as normas de xestión regularanse por un regulamento ou normas de xestión de acción social, que deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación. En calquera caso, garantiranse as contías de subvencións sanitarias vixentes nos convenios anteriores.

13. SEGURIDADE E HIXIENE.

En desenvolvemento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais de 8 de novembro estableceranse os delegados de prevención previstos na norma referida, poñéndose en funcionamento o comité previsto na mesma norma, é dicir, o Comité de Seguridade e Hixiene que estará composto polo Alcalde mailos delegados de prevención que se designen polas centrais sindicais, que establecerá o seu propio réxime de funcionamento dentro das previsións legalmente establecidas.

14. XUBILACIÓN.

No suposto de que o interesado se acollera á posibilidade de prorroga-lo servicio activo a partir dos 65 anos aplicarase o procedemento e réxime recollido na Resolución de 31.12.1996 da Secretaría de Estado para a Administración Pública (BOE n.º 1 de 1.1.1997).

O persoal que se atope entre os 60 e os 64 anos de idade terá dereito como indemnización por xubilación anticipada a un soldo mensual neto por cada ano completo que lle falte ata cumpri-los 65 anos, establecéndose en calquera caso unha indemnización mínima de 2.158,88 euros (ano 2004) e unha máxima de 6.476,66 euros (ano 2004). Estas cantidades mínima e máxima revisaranse automáticamente a 1 de xaneiro de cada exercicio en función do IPC do exercicio anterior.

Non terá dereito a esta indemnización por xubilación anticipada aquel persoal implicado nun suposto de xubilación por invalidez ou outra causa non estrictamente voluntaria.

15.- RÉXIME DISCIPLINARIO.

Mantense o réxime xeral do Regulamento de Disciplina para os funcionarios con carácter xeral e sen prexuízo doutras disposicións especiais.

16.- DEFENSA XURÍDICA.

Polo que respecta ós custos de defensa en xuízo as partes acordan por unanimidade que o Concello de Ribadeo asumirá os custos procesuais naqueles supostos nos que un empregado municipal sexa demandado en vía xudicial por calquera asunto directamente relacionado coas súas funcións públicas e sempre que finalmente resulte a inocencia dos mesmos.

17.- PLAN DE PENSIÓNS

De conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2004 créase un Plan de Pensións para o persoal funcionario, de carácter voluntario, establecéndose unha aportación do 0,5% da masa salarial para financia-las aportacións de acordo co establecido igualmente na Disposición Final segunda do TR da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións. A tal fin constituiráse unha Comisión Promotora para o posta en marcha e adxudicación e desenvolvemento do Plan que estará constituída por representantes da Entidade Local e do persoal.

18.- PAGA COMPENSATORIA.-

Por parte do Concello establecerase unha paga compensatoria nos mesmos termos establecidos ou que poidan establecerse para os funcionarios da Administración Estatal ou da Xunta de Galicia para compensa-las desviacións producidas entre o IPC e o incremento que se dispoña na Lei de Presupostos que se aboará anualmente, que se establece para o ano 2004 no 0,6 % e que se aplicará de xeito automático para os restantes períodos de vixencia deste convenio, co obxectivo finalista de mante-la capacidade económica dos traballadores de Concello e a este obxecto efectuarase a previsión presupostaria correspondente sen prexuízo da súa aplicación nos mesmos termos que para as restantes Administraciones Públicas segundo a lexislación e acordos entre Administración en Centrais Sindicais que poidan ser de aplicación, incorporándose o Acordo Marco Administración do Estado-Sindicatos que terá valor supletorio na interpretación de cantas dúbidas poidan xurdir na aplicación deste Convenio ou no seu desenvolvemento. A paga compensatoria aboarase ordinariamente no mes de outubro.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

1ª. A oferta de emprego do Concello de Ribadeo para o persoal funcionario e laboral, será:

Ano 2004

a) Persoal funcionario.

Réxime de acceso libre:

1 praza de Garda da Policía Local, Administración Especial, Grupo D.

b) Persoal laboral.

1 Educador/a familiar. Equiparado Grupo B. Nivel CD 23. Forma provisión concurso-oposición. Diplomado/a Universitario en Psicología, Psicopedagoxía.

Ano 2005

a) Persoal funcionario.

Réxime de Promoción Interna:

Unha praza da Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A

Unha praza da Escala de Administración Xeral Subescala Administrativa, Grupo C.

b) Persoal laboral.

1 Auxiliar Administrativo de Servicios Sociais, Equiparado Grupo D. Nivel CD 16. Forma provisión concurso-oposición. Estudos esixidos: Graduado escolar, F.P. 1º G. ou equivalente.

Durante os anos 2004, 2005 e 2006 efectuarase a provisión en propiedade dos postos de traballo hoxe cubertos interinamente dos restantes servicios municipais, e a tal efecto establecerase un calendario de consolidación de postos desenvoltos de carácter interino ó longo da vixencia do convenio para o seu pase á situación de laboral permanente, garantíndose que o 50 % dos postos se consoliden nos exercicios de 2004 e 2005 e os restantes 50% no exercicio de 2006.

2ª. Mantense o recoñecemento efectuado ó funcionario D. Luis R. Suárez Méndez que ocupa a praza de ordenanza, procedente da Subescala de Policía Local, recoñecenselle as mesmas retribucións complementarias que na actualidade ten asignado o posto de axente da Policía Local deducindo a porcentaxe correspondente do complemento específico relativa a perigosidade, nocturnidade e turnicidade o que significa a aplicación dun 63.60% do mesmo.

DISPOSICIÓNS FINAIS

PRIMEIRA: A eficacia deste acordo queda condicionada á aprobación do mesmo polo Concello Pleno.

SEGUNDA: Anexarase ó texto do convenio os cadrantes dos colectivos que teñen horarios especiais

Disposición derrogatoria.

Única.- Quedan derrogados tódolos acordos municipais en materia de persoal, regulamentos de réxime interno e calquera disposición anterior ó presente convenio ou que se opoña ó seu texto.

Esta norma contiene tablas, si desea consultarlas pulse AQUI

(Para poder leer los documentos es necesario el lector Adobe Acrobat)

- A percibir no exercicio 2004.

- Dos 3 postos 1022 un é operario Grupo E co CD 14.

- Os anexos correspondentes ás claves utilizadas, á valoración do C.E., do C. de productividade, das gratificacións e a descrición dos postos figuran nos anexos correspondentes do expediente coa dilixencia da Secretaría Municipal.

ANEXO I

Descrición de códigos

Código Posto.- Utililízase unha codificación de catro díxitos, os dous primeiros para designar cada unidade administrativa, o terceiro para, dentro desta, diferenciar servicios concretos e o último identifica, correlativamente os diferentes postos.

Denominación do posto.- Dentro de cada unidade orgánica agrupanse os diferentes postos de características semellantes.

Dotación.- Exprésase o número de postos de traballo con esa denominación dotados presupostariamente.

Nivel.- Nivel de complemento de destino asignado ó posto.

Complemente específico.- Expresa a contía mensual de tal complemento en función dos acordos acadados por posto de traballo. Na contía do complemento inclúense os conceptos de Especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade, penosidade, turnicidade e nocturnidade.

Tipo de posto.- Diferencia o posto segundo se trate de singularizado ou normalizado. Os singularizados son aqueles que se diferencian pola súa denominación ou contido, do resto dos postos do cadro de persoal. Identificanse coa clave "S" e os normalizados coa clave "N".

FP.- Forma de provisión, como como norma xeral a libre adscrición polo Alcalde, identificada mediante a clave "A" ou mediante concurso, identificada coa clave "C".

Adscrición.-

a) ADM. Específicase nesta columna o tipo de Administración á que debe pertence-lo titular do posto. As siglas que se emplearán serán: "AL" para Administración Local "A4" para habilitados nacionais; "AE" Administración do Estado e "AC" Administración da Comunidade Autónoma.

b) GR.- Específicase o grupo en razón á titulación esixida para o acceso ó posto. Aplícase por analoxía, ó persoal laboral a clasificación de grupos do persoal funcionario.

c) Escala.- Adscrición a corpos e escalas. Utilízanse as seguintes claves "FHN" funcionarios con habilitación nacional; "FAG", funcionarios de Administración Xeral; "FAE" -funcionarios de administración especial; "LAG" Persoal laboral equiparado a funcionarios de Administración Xeral e "LAE" persoal laboral equiparado a funcionarios de Administración especial.

Titulación.- Consígnase a titulación académica específica que resulte necesaria para o acceso ó posto, ademais da xenérica que corresponde ó grupo. Exemplo: Licenciado en Dereito "LD", Licenciado en Políticas "LP", Diplomado Grao Medio "DGM".

FE.- Formación específica.- Consígnanse unicamente cando a natureza do posto así a requira explicitando o seu contido. Exemplo. Traballador Social "DTS", Policía Local "AP"

Observacións.- Recóllense outras circunstancias relevantes non descritas noutros apartados, entroutras, coa clave "AA", posto a amortizar; "CPT" complemento persoal transitorio derivado da existencia de postos ocupados por persoal con retribucións actuais superiores as asignadas ó posto; "TP" para indicar aquelas funcións que se desenvolven a tempo parcial; e SMI para determina-las retribucións segundo o Salario Mínimo Interprofesional. A Clave posto ED significa posto con especial adicación, que sen prexuízo da xornada habitual está adscrito e requerido para a realización de traballos e asistencia ós membros do Goberno municipal fora da xornada habitual de xeito periódico e estable, segundo as necesidades do servicio.

ANEXO II

Descrición de postos de traballo

0001.- Secretario Xeral.- Correspóndenlle as funcións de fe pública e asesoramento legal preceptivo que lle asignan os artigos 2º e 3º do RD 1.174/1987, de 18 de setembro. Xenéricamente ten atribuída a responsabilidade da organización e seguemento de cantos expedientes administrativos se tramiten no Concello. Así mesmo, correspóndelle a Asesoría Xurídica da Comisión de seguemento do Plan de Dinamización Turística. Especificamente a asistencia letrada ó Concello en procesos xudiciais que así se lle encomenden.

Posto con adicación especial (ED); ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 30.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 2.814 euros

0002.- Técnico Administrativo Ngdo. 01.- Correspóndelle a Xefatura do Negociado nº 1 de Secretaría, coas responsabilidades equivalentes a unha Xefatura de Servicio e coas seguintes funcións, e para as actividades e servicios municipais seguintes: Expedientes de expropiación forzosa, contratación, urbanismo (planeamento), subvencións pasivas (tramitación, seguimento e xustificación) obras públicas, traballos de apoio á Alcaldía e Concelleiros-Delegados de Secretaría particular, e substitución do Secretario Xeral en supostos de ausencia, vacante, abstencións, recusación ou enfermedade.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 26

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 1.483,66 euros

* Este posto ó non se corresponder con ningunha das categorías actualmente existentes na organización xenérica municipal, declárase a amortizar.

0003.- Técnico de Xestión Ngdo. 02.- Correspóndelle a Xefatura do Negociado nº 2 de Secretaría, coas responsabilidades equivalentes a unha Xefatura de Servicio e coas seguintes funcións, e para as actividades e servicios municipais seguintes: De colaboración en actividades administrativas de nivel superior, así como tarefas propias de xestión administrativa que non correspondan a nivel superior, elaborando borradores de informe e proposta de resolución para as seguintes materias: urbanismo (licencias urbanísticas, expedientes de legalidade urbanística, expedientes sancionadores en materia urbanística, ordes de execución), estatística (padrón, censos e procesos electorais), bens (inventario, alleamentos, deslindes e conservación), persoal funcionario e laboral (procedementos de selección, xestión de contratación e seguimento de altas, variacións e baixas Seguridade Social, confección partes de variacións e incidencias) procedementos de tráfico, traballos de apoio á Alcaldía e ás Concellerías delegadas nos ámbitos relacionados co posto de traballo, arquivo e responsable da supervisión da correcta utilización do idioma galego (traductor titulado).

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 26

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 1.339,36 euros.

0004.- Administrativo Xefe de Ngdo. 03.- Correspóndelle a Xefatura do Negociado nº 3 de Secretaría, coas seguintes funcións: Licencias de apertura de actividades inócuas e suxeitas ó RAMINP, tramitación de denuncias presentadas ante o Concello ou derivadas de partes da Policía Local (agás as de tráfico), licencias de auto-taxis, mercado de abastos (tramitación e seguimento de expedientes), cemiterios municipais, liquidacións de prezos públicos por aproveitamento especial do dominio público e confección do correspondente cargo, asuntos relativos ó protocolo municipal, taboleiro de anuncios, tramitación de expedientes relativos a turismo e promoción do Concello.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 22.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 624,04 euros

0005.- Auxiliar Negociado 02.- Ten as seguintes funcións: Apoio ás funcións do Negociado 02- Estatística e de xeito especial no Padrón de habitantes, actas (convocatoria de sesións, transcripción de actas, transcripción de decretos e resolucións da Alcaldía e demáis órganos unipersoais, notificación de acordos e resolucións), multas de tráfico e apoio ó posto 0006 -Rexistroasí como sustitución do mesmo nos casos en que regulamentariamente proceda.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 271,26 euros

0006.- Auxiliar.- Ten as seguintes funcións: Rexistro de entrada e saída de documentos (Xeral do Concello, Portelo único da Xunta de Galicia e Rexistro da Administración Xeral do Estado), Centraliña telefónica, manexo do fax, correo electrónico xeral , secretaría particular da Secretaría Xeral e despacho da correspondencia.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 271,26 euros

0007.- Ordenanza.- Ten as seguintes funcións: portería, notificador, traslado de documentos entre dependencias municipais, vixilancia de instalacións, ordenación e custodia de boletíns oficiais e publicacións, realización de fotocopias, realización de encargos e mandados e realización de pequenas reparacións.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 336,51 euros

0101.- Interventor Xeral.- Correspóndenlle as funcións de control e fiscalización interno da Xestión económico-financeira e presupostaria que lle asigna o artigo 4º do RD 1.174/1987 de 18 de setembro. Xenericamente correspóndenlle as funcións de control e fiscalización así como a emisión de informes, dictames e propostas en materia económico-financeira. Asi mesmo lle corresponde a Asesoría Económica da Comisión de seguimento do Plan de Dinamización Turística. Específicamente a comprobación e procedemento de auditoría interna.

Posto con adicación especial (ED); ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 30

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 2.512 euros

0102.- Técnico Xestión Presupostaria.- Correspóndenlle as funcións de colaboración en actividades administrativas de nivel superior, así como tarefas propias de xestión administrativa que non correspondan a nivel superior, elaborando borradores de informe e proposta de resolución para as seguintes materias: en materia de gastos, o seguimento e colaboración no proceso fiscalizador do mesmo; en materia de ingresos, a emisión de cargos non emitidos por outras dependencias e o control dos mesmos, a comprobación da correcta aplicación de datas, tanto por ingreso como por baixas; en materia de Patrimonio, o control dos movementos de masas patrimoniais; en materia de análisis de custos, o mantemento permanente dos elementos de custo dos servicios; en materia de contabilidade a contabilización presupostaria e xeral baixo as directrices da Intervención Xeral, en materia de rendición de contas, a colaboración no proceso liquidador e de rendición da Conta Xeral. Igualmente asumirá a sustitución do Interventor en supostos de ausencia, vacante, abstención, recusación ou enfermedade.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 758,68 euros.

0103.- Administrativo Tesoureiro.- Correspóndenlle as funcións que lle asigna o artigo 4º do RD 1.174/1987, de 18 de setembro: manexo e custodia de fondos, valores e efectos da entidade, realización do cobro dos ingresos de contraído previo ingreso directo e sen contraído previo e a xefatura dos servicios de recadación (impulso e dirección do procedemento recaudatorio, control da recadación e rendición de contas así como emisión das providencias de apremio e dilixencia de embargo).

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 21.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 1.124,04 euros

0104.- Administrativo Recaudador.- Correspóndenlle as funcións seguintes: realización do cobro dos ingresos de contraído previo e ingreso por recibo, confección semestral da Conta de Recadación, emisión da certificación previa á de descuberto, execución da providencia de apremio mediante embargo e execución. Asi mesmo, previo Decreto, sustituirá ó Tesoureiro en supostos de ausencia, vacante, abstención-recusación ou enfermedade, e realizará labores de apoio ós Servicios Económicos da Corporación. Atendendo o volume efectivo de carga de traballo do posto poderá realizar labores e funcións de sustitución de postos de traballo vacantes na área de Intervención Municipal.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 19.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 405,31 euros.

0105.- Administrativo de Rentas e Exaccións.- Correspóndenlle as funcións de elaboración das listas cobratorias polos diversos tributos e prezos públicos (agás os liquidados por outras dependencias), a exposición ó público das matrículas e padróns, a colaboración auxiliar en labores de recadación executiva, colaboración auxiliar en funcións de inspección de tributos, e labores de Xestión tributaria catastral. Correspóndelle tamén a elaboración de nóminas de todo o persoal da Corporación, así como a liquidación dos seguros sociais e as relacións que coa Tesourería da S. Social se deriven. Igualmente, previo Decreto, sustituirá ó Tesoureiro e ó Recadador en supostos de ausencia, vacante, abstención-recusación ou enfermedade dos mesmos.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 21.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 1.124,04 euros

0201.- Sarxento-Xefe da Policía Local.- Correspóndenlle as funcións propias encomendadas á Policía Local, a xefatura inmediata do persoal adscrito á mesma, así como a coordinación das funcións desta e a elaboración do Plan de servicios. Correspóndelle igualmente a emisión de informes e dar parte de incidencias coa periodicidade que o Concelleiro-Delegado de área e/ou Alcalde establezan.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 22.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 854,14 euros.

0202.- Axente da Policía Local.- Correspóndenlle as funcións seguintes: Policía administrativa nos diferentes ámbitos de competencia local, ordenación do tráfico no casco urbano, instrucción de atestados por accidentes de circulación no casco urbano, vixilancia e custodia de edificios e instalacións, protección de autoridades locais, funcións de colaboración en materia de policía xudicial e protección civil, funcións de prevención e colaboración de actos delictivos con outras forzas e corpos de seguridade e aquelas outras que veñan determinadas na Lei de Forzas e Corpos de Seguridade ou outra lexislación ou reglamentación de aplicación.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 778,91 euros.

0301.-Arquitecto-Xefe.- Correspóndenlle as funcións seguintes: A Xefatura do Servicio Técnico de Urbanismo e Obras. En especial o referente á emisión de informes urbanísticos relativos a obras maiores, peritacións, redacción de proxectos e dirección de obras municipais así como a dirección superior dos servicios municipais de urbanismo, obras e mantemento, alumeado, augas e xardinería. Sustituirá ó aparellador nos casos en que regulamentariamente proceda. Con carácter xeral terá as obrigas que por titulación e Lei de atribucións lle correspondan.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 28

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 1.328,11 euros

0302.-Arquitecto Técnico/Aparellador.- Correspóndenlle as funcións seguintes: A emisión de informes urbanísticos en relación a obras menores, peritacións, redacción de proxectos e direccion de obras municipais así como a dirección técnica dos servicios municipais de urbanismo, obras e mantemento, alumeado, augas e xardinería. Sustituirá ó Arquitecto nos casos en que regulamentariamente proceda. Con carácter xeral terá as obrigas que por titulación e Lei de atribucións lle correspondan.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 24.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 780,67 euros.

0401.- Traballador Social.- Ostenta baixo a dependencia da Alcaldía ou Concellería-Delegada a Xefatura dos Servicios Sociais Municipais, e correspondenlle as funcións xenéricas da titulación de Traballador Social, así como as específicas de emisión de informes, dirección técnica de programas e a tramitación e seguimento de expedientes de subvención relacionados coa materia. Correspóndenlle igualmente o control e seguimento administrativo dos obxectores de conciencia que presten o servicio social sustitutorio no Concello, ademais das funcións administrativas derivadas da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 26.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 995,50 euros

0402.- Auxiliares axuda no fogar.- Correspóndenlle as funcións xenéricas dos traballadores domésticos, e específicamente as asignadas dentro do programa social de axuda no fogar, baixo a dirección inmediata do Asistente Social.

As características que configuran o posto derivanse da súa natureza laboral a tempo parcial retribuido conforme ó SMI ou parte proporcional.

0403.- Responsable Programa Prevención Drogodependencias.- Ten as seguintes funcións: Elaboración, desenvolvemento e avaliación dos programas de prevención de drogodependencias que sexan programados polo Concello a título individual ou en colaboración coa Xunta de Galicia e incluso con outros concellos, todo baixo a supervisión dos responsables municipais do servicio. Asi mesmo correspóndenlle outros traballos de colaboración psicolóxica no ámbito dos Servicios Sociais Municipais baixo a dirección dos responsables correspondentes.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo; ademais do horario normal de traballo este posto desenvolvese dúas tardes á semana.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 25.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 895,50 euros.

0404.- Educador Familiar.- Ten as seguintes funcións. Elaboración, desenvolvemento e avaliación dos programas de Educador Familiar que sexan programados polo Concello a título individual ou en colaboración coa Xunta de Galicia e incluso con outros concellos, todo baixo a supervisión dos responsables municipais do servicio. Asi mesmo correspóndenlle outros traballos de colaboración no ámbito dos Servicios Sociais Municipais baixo a dirección dos responsables correspondentes.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23 .

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 350,01 euros

0405.- Auxiliar Administrativo.- Ten as seguintes funcións. Funcións de Auxiliar Administrativo no ámbito dos Servicios Sociais municipais, de xeito preferente, levando a cabo as tarefas de execución material que se lle encomenden dentro de este ámbito, e outros traballos para as Concellerías implicadas no ámbito dos Servicios Sociais. Dentro do seu traballo material inclúense tarefas tales como as de rexistro de documentos, atención telefónica, manexo do fax, correo electrónico xeral, secretaría particular de Servicios Sociais e despacho da correspondencia e outros traballos análogos.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 271,26 euros

0501.- Conserxe-celador de inmobles escolares.- Correspóndenlle as funcións seguintes: Vixilancia e custodia de centros escolares e das súas instalacións, de conserxe, ordenanza e portería dos mesmos e realización da conservación e pequenas reparacións.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 293,32 euros.

0502.- Limpiadora de inmobles escolares.- Correspóndenlle as funcións de limpeza de inmobles escolares e das súas instalacións.

As características que configuran o posto, derivadas da súa relación contractual laboral e tempo parcial60% da xornada-, son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 13.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 102,84 euros

0601.- Director da Escola Municipal de Música.- Ten as funcións de dirección e xestión da Escola Municipal de Música, con funcións de colaboración musical e docencia da mesma; e en virtude do convenio coa Asociación "Amadores da Música" no seu caso, funcións de colaboración musical e de docencia coa banda dependente da Asociación; sendo o contido do seu posto de traballo a dirección, xestión e docencia na Escola Municipal de Música, e outros traballos análogos no ámbito da docencia musical que lle sexan encomendados pola Alcaldía ou Concellería-Delegada.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 529,09 euros

0611.- Bibliotecario/a.- Correspóndenlle as funcións de dirección e xestión técnica e administrativa da Biblioteca Pública Municipal. A prestación realizarase a tempo parcial (25 horas á semana).

As características que configuran o posto, derivadas da súa relación contractual laboral e tempo parcial66,66% da xornada-, son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 19.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 227,39 euros

0612.- Limpadora Inmobles culturais.- Correspóndenlle as funcións de limpeza de inmobles culturais e das súas instalacións.

As características que configuran o posto, derivadas da súa relación contractual laboral e tempo parcial (1/2 xornada - 50%) son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 13.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 85,68 euros

0621.- Celador Polideportivo.- Ten as seguintes funcións: vixilancia e custodia do Pavillón Polideportivo e das súas instalacións, de conserxe, ordenanza e portería dos mesmos e a realización da conservación ordinaria e pequenas reparacións. Igualmente asume funcións de control e cobranza do prezo público polo uso do Pavillón e instalacións.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 243,83 euros

0631.- Auxiliar Oficina de Turismo.- Correspódenlle as funcións de atención ó público, reparto de folletos, despacho de correspondencia e teléfono.

As características que configuran o posto atendendo á súa relación contractual de carácter laboral e xornada a tempo parcial (15 horas/semanais) determinan a aplicación proporcional do SMI.

0641.- Responsable Oficina Información Xuvenil.- Ten as seguintes funcións: Responsable administrativo da Oficina de Información Xuvenil desenvolvendo actividades de información e orientación dos mozos e mozas do Concello, organización de cursiños e actividades e desenvolvemento de programas en materia xuvenil, con posibilidade de xornada especial (xornada partida incluídos sábados).

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 364,14 euros

0701.- Xardiñeiro-Xefe.- Correspóndelle a responsabilidade, baixo a superior dirección do Concelleiro Delegado e a dirección técnica do aparellador municipal, de parques e xardins: conservación, mantemento e reposición de zonas verdes e axardiñadas.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 18.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros.

0702.- Axudante de Xardiñeiro.- Correspóndelle as labores manuais de apoio e asistencia ó xardiñeiro-xefe baixo a superior dirección deste.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros

0703.- Axudante de Xardiñeiro.- Correspóndelle as labores manuais de apoio e asistencia ó xardiñeiro-xefe baixo a superior dirección deste. Realizará, así mesmo, suplencias por vacacións ou outras causas dos operarios do servicio de limpeza e do celador de mercados.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros

0704.- Axudante de Xardiñeiro-(mixto).- Desempeñará básicamente a función de axudante do xardiñeiro-xefe tal e como queda definido no posto 0702 anterior e simultáneamente desempeñará a función de apoio, como operario, no servicio de recollida de enseres vellos e no de de recollida de lixo na zona rural.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros

0705.- Conductor desbrozadora-Xefe de Grupo de Medio Ambiente. Correspóndenlle as funcións de Xefe de Grupo dos traballadores adscritos ó servicio de Medio Ambiente así como as funcións de limpeza viaria, conservación e adecuación de camiños e pistas rurais co tractor-desbrozadora así como o mantemento mecánico do mesmo coa realización de pequenas reparacións e conservación. Igualmente realizará labores de apoio como conductor do camión municipal nos servicios de xardiñería e obras e tamén lle corresponderán as funcións de conducción do vehículo de extinción de incendios.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 18.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros

0711.- Conductor do Servicio de recollida de lixo.- Correspóndenlle as funcións de condución do vehículo de recollida de lixo así como o mantemento mecánico do mesmo coa realización de pequenas reparacións e conservación do mesmo.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 18.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros.

0712.- Conductor do Servicio de recollida de enseres.- Correspóndenlle as funcións de condución do vehículo de recollida de enseres vellos así como o mantemento mecánico do mesmo coa realización de pequenas reparacións e conservación. Tamén lle corresponden funcións de apoio ó servicio de xardiñería e obras, como conductor do camión municipal. Asi mesmo realizará funcións de conducción do vehículo de extinción de incendios.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros

0713.- Operario servicio recollida lixo.- Correspóndenlle as funcións manuais de recollida de resíduos sólidos urbanos así como a limpeza de contenedores, tanto no casco urbano como na zona rural

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 240,16 euros.

0714.- Operario servicio limpeza viaria.- Correspóndenlle as funcións manuais de limpeza da vía pública así como do mobiliario urbano.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 13.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros.

0715.- Operario servicio limpeza viaria (mixto).- Correspóndenlle básicamente as funcións manuais de limpeza da vía pública así como do mobiliario urbano descritas para o posto 0714 e ademais realizará funcións de apoio como operario no servicio de recollida de lixo na zona rural.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 13.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros

0801.- Peón sepultureiro.- Correspóndenlle as funcións de conservación, custodia e mantemento dos cementerios municipais, leva-lo rexistro de enterramentos, a realización material de inhumacións de cadáveres en nichos, panteóns e sepulturas, o traslado e a remoción de restos.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 15.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 309,24 euros.

0901.- Celador da Praza de Abastos.- Correspóndenlle as funcións de vixilancia e custos da Praza de Abastos e das súas instalacións, de conserxe, ordenanza e portería das mesmas así como a realización da conservación e pequenas reparacións. Asi mesmo asume funcións de control e cobranza do prezo público por postos fixos e ambulantes e auxilio ó veterinario de saúde pública.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 248,01 euros

0910.- Responsable Oficina Municipal Información ó Consumidor.- Ten as seguintes funcións: Responsable administrativo da Oficina Municipal de Información ó consumidor desenvolvendo actividades de orientación, información, divulgación e programación de Cursos e actividades en materia de consumo no marco da lexislación autonómica na materia. Desenvolverá asi mesmo labores de colaboración e coordinación na realización dos actos culturais do Concello no Auditorio e Cine Teatro, e no seu caso noutras dependencias. Do mesmo xeito desempeñará funcións de coordinación de tarefas administrativas en materia de Praza de Abastos e Mercado.

Posto con adicación especial (ED), sendo requerido habitualmente e de modo estable fora do horario normal de traballo.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 857,41 euros

1011.- Electricista.- Correspóndenlle as funcións de conservación, mantemento e reparación da rede de alumeado público, da rede semafórica viaria e demáis instalacións municipais, baixo a dirección do aparellador municipal.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 18.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros.

1012.- Axudante de electricista.- Correspóndenlle as funcións de apoio e colaboración co electricista municipal na conservación, mantemento e reparación da rede de alumeado público, da rede semafórica viaria e demais instalacións municipais, baixo a dirección do electricista e a superior dirección técnica do aparellador municipal.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 14

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 249,18 euros.

1021.- Oficial encargado de obras.- Ten as funcións de xefatura da brigada municipal de conservación, mantemento e reparación de infraestructuras e instalacións municipais baixo a dirección técnica do aparellador municipal así como os traballos manuais específicos do posto.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 340,35 euros.

1022.- Oficiais de obras.- Executará os traballos manuais de conservación, mantemento e reparación de infraestructuras e instalacións municipais propios desta categoría.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 309,26 euros.

1031.- Conductor pala.- Correspóndenlle as funcións de condución do vehículo pala excavadora municipal desenvolvendo as funcións propias da mesma así como o mantemento mecánico da mesma, coa realización de pequenas reparacións e conservación. Ademais tamén lle corresponden as funcións de conservación e mantemento de toda a maquinaria municipal.

As características que configuran o posto son a seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros

1041.- Capataz.- Correspóndenlle as funcións de control de persoal, material e maquinaria dos seguintes servicios: alumeado público, servicios de vialidade, obras e mantemento de inmobles, así mesmo, correspóndelle o control e seguemento da súa aplicación dos subministros menores para os servicios indicados.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 18.

b) As condicións particulares do mesmo determinan un CE mensual de 311,94 euros.

* Nas cantidades anteriores relativas ó complemento específico de cada posto (CE) inclúense os conceptos de especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade, penosidade, turnicidade e nocturnidade, segundo os postos.

A percepción de complemento específico, así mesmo, implica a incompatibilidade para os titulares dos postos de traballo de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ó servicios das Administracións Públicas.

Se as dispoñibilidades económicas da Corporación o permitisen os complementos de aplicación diferida para o exercicio 2006 anticiparíase ó exercicio 2005 no mes en que fose posible a aplicación.

* As modificacións da RPT e dos complementos afectados e postos de traballo referidos non prexulgan que á vista do desenvolvemento das actividades municipais, das necesidades que poidan xurdir, así como no seu caso da adecuación do contido dos postos de traballo, con carácter singular, e o grao de consecución dos obxectivos asignados ás diferentes unidades e servicios, dentro dunha política integral de xestión de recursos humanos da entidade e baixo o principio de optimización de efectivos poidan adecuarse a esas circunstancias os complementos específicos ou de destino doutros postos.

DILIXENCIA.-

Para facer constar que o presente acordo das condicións de traballo para o persoal funcionario ó servicio do Concello de Ribadeo foi aprobado polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria celebrada o día 19 de maio de 2004.

Ribadeo, 7 de xuño de 2004.- O ALCALDE, Balbino E. Pérez Vacas.- O SECRETARIO, Manuel J. Díaz Sánchez.