Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE O PARAMO de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 14 de Octubre de 2012 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Modificacion/Interpretacion Aprobacion dos complementos por incapacidade temporal 07/11/2012 Boletín Oficial de Lugo 14/10/2012 Documento oficial en PDF

Aprobacion dos complementos por incapacidade temporal (Boletín Oficial de Lugo núm. 256 de 07/11/2012)

O pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 24 de setembro de 2012, acordou o seguinte:

PRIMEIRO: Aprobar os complementos por incapacidade temporal dentro dos límites establecidos, adheríndose na súa totalidade ás establecidas para a Administración Xeral do Estado, reguladas na Disposición adicional 18ª do Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantizar a estabilidade presupostaria e do fomento da competitividade de xeito que ao personal funcionario e laboral do Concello de O Páramo, acollidos ao Réxime Xeral da Seguridade Social se lle recoñecerán os seguintes complementos nos supostos de que a incapacidade temporal derive de continxencias comúns, ata o 3º día, se lle recoñecerá un complemento retributivo do 50% das retribucións que se viñeran percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade. Dende o día 4º ata o 20º, ambolos dous inclusive, se recoñecerá un complemento que sumado á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social sea equivalente ao 75% das retribucións que vinieran correspondendo a dito personal no mes anterior ao de causarse a incapacidade. A partir do día 21º, inclusive, se lles recoñecera unha prestación equivalente ao 100% das retribucións que se viñeran percibiendo no mes anterior ao do causarse a incapacidade.

O Concello de O Páramo determinará respecto ao seu persoal, os supostos nos que con carácter carácter excepcional e debidamente xustificado o complemento alcance o 100 % das retribucións que viñeran disfrutando en cada momento. A estos efectos, se considerarán en todo caso debidamente xustificados os supostos de hospitalización e intervención quirúrxica.

Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais,a prestación recoñecida pola Seguridade Social será complementada durante todo o periodo de duración da mesma, ata o 100 % das retribucións que viñera percibindo dito persoal no mes anterior ao do causarse a incapacidade.

O presente acordo surtirá efectos nos procesos de incapacidade temporal que teñan inicio unha vez aprobado de forma definitiva.

Este acordo entra en vigor aos tres meses da publicación do Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantizar a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade.

En O Páramo a 24 de outubro de 2012.- O ALCALDE, Gumersindo A. Rodríguez Liz

R. 4478