Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE FOZ. PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 30 de Enero de 2015 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Modificacion/Interpretacion Proposta de Alcaldia relativa a regulacion das retribucions nas situacions de incpacidade do persoal do Concello 09/02/2015 Boletín Oficial de Lugo 30/01/2015 Documento oficial en PDF

Proposta de Alcaldia relativa a regulacion das retribucions nas situacions de incpacidade do persoal do Concello (Boletín Oficial de Lugo núm. 32 de 09/02/2015)

O Concello Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de decembro de 2014, acordou, por maioría de votos favorables, prestar aprobación á Proposta de Alcaldía relativa á regulación das retribucións nas situacións de incpacidade do persoal do Concello, ao amparo do R.D. 20/2012, de 13 de xullo, en todoso os seus extremos e nos seus propios termos, cuio teor literal di:

' PROPOSTA DA ALCALDÍA

DON JAVIER JORGE CASTIÑEIRA, ALCALDE/PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ.

EXPÓN:

O Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade, ó regular a prestación económica da situación de incapacidade temporal do persoal ó servizo das Administracións Públicas, diferenza as baixas por continxencias comúns, das continxencias profesionais. Así, no artigo 9, no se parágrafo segundo, dí que 'Cada Administración Pública, no ambito das súas respectivas competencias, poderá complementar as prestacións que perciba o persoal funcionario incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social e o persoal laboral ó seu servizo nas situacións de incapacidade temporal, de acordo cos seguintes límites:

1º.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns, durante os tres primeiros días, poderase recoñecer un complemento retributivo ata alcanzar como máximo o cincuenta por cento das retribucións que se perciban no mês anterior ó de causarse a incapacidade. Desde o día cuarto ata o vixésimo, ambos inclusive, o complemento que se poda sumar á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social deberá ser tal que, en ningún caso, sumas ambas cantidades, se supere o setenta e cinco por cento das retribucións que correspondan a dito persoal no mês anterior ó de causarse a incapacidade. A partir do día vixésimo primeiro, inclusive, poderá recoñecerse unha prestación equivalente ó cen por cen das retribucións que se percibiran no mês anterior ó de causarse a incapacidade...'

No apartado 5º do mesmo precepto, establécese que 'Cada Administración Pública poderá determinar, respecto ó seu persoal, os supostos en que con carácter excepcional e debidamente xustificados se poda establecer un complemento ata alcanzar, como máximo, o cen por cen das retribucións que disfrutarán en cada momento. A estes efectos, consideraranse en todo caso debidamente xustificados os supostos de hospitalización e intervención cirúrxica'.

Por tanto, no caso de que a baixa derive de continxencias comúns, non é posible exceder deses límites; e, desde logo, non é posible chegar ó 100% das retribucións, salvo que se adopte un acordo de maneira expresa e debidamente xustificado, para supostos como hospitalización e intervención cirúrxica. Pero poderíanse engadir outros expresamente detallados e determinados, ben con carácter xeral ben en cada caso concreto. Sen que pareza que se limite dalgunha maneira a extensión a unha determinada consideración da enfermidade, pola súa gravidade ou a súa natureza; podendo, incluso, facer referencia as circunstancias persoais, pois nada parece impedilo.

Distinto é cando a incapacidade temporal deriva de continxencias profesionais; pois establécese que ' 2º.Cando a situación de incapacidade temporal deriva de continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social poderá ser completada, desde o primeiro día, ata alcanzar como máximo o cen por cen das retribucións que correponderan a dito persoal no mês anterior ó de causarse a incapacidade'.

Respecto ó contido da prestación, o criterio para a aplicación do título 1 do Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade, no ámbito das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais, emitidos polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, disponse que 'Cando se citan as retribucións correspondentes o mês anterior a causar baixa para a determinación do complemento retributivo, considérase que deben entenderse como tales os conceptos da nómina dunha mensualidade ordinaria, excluíndo os conceptos da nómina que non constitúan haberes fixos e periódicos (tales como: gratificacións, productividade variable, obxectivos) así como posibles pagas extras. Sen prexuizo do anterior, e no que respecta á posibilidade de que, ademais, da prestación prevista, o funcionario ou laboral en incapacidade temporal continúe percibindo retribucións variables, entendéndose que elo estará en función da normativa establecida en cada caso sobre a a acreditación e devengo de ditas retribucións, non sendo por elo descartable que se produzan liquidacións que teñan en conta a actividade desenvolvida en períodos anteriores ou en funcións doutras circunstancias. No caso de enfermidade crónica que implique períodos de baixa sucesivos, considérase que o tratamento debe ser consecuente coa consideración a efectos de Seguridade Social de cando sexa unha enfermidade nova e cando unha recaída nunha anterior, e que cando se trate dunha recaída, ó ser un mesmo proceso patolóxico, non se debería comezar o cómputo da mesma desde o día primeiro a efetos de aplicar o novo réxime retributivo, senón continuar o cómputo desde o período anterior de incapacidade.'

Con data de 16 de decembro de 2014, tivo lugar a reunión entre o Sr.Alcalde e os representantes de persoal do Concello e os Sindicatos, na que se chegou a um acordo cós mesmos, nos termos que se reflicten nesta proposta, e tal como consta na Acta levantada ao efecto.

Polo exposto, esta Alcaldía PROPÓN a o Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

PRIMEIRO.- Ao persoal funcionario e laboral do Concello de Foz, recoñeceránselle os seguintes complementos nos supostos de incapacidade temporal: 1.ª Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns, ata o terceiro día, recoñeceráselle un complemento retributivo do cincuenta por cento das retribucións que se viñesen percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade. 2.ª Desde o día cuarto ata o vixésimo, ambos inclusive, recoñecerase un complemento que sumado á prestación económica recoñecida pola Seguridade Social sexa equivalente ao setenta e cinco por cento das retribucións que viñesen correspondendo a devandito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

3.ª A partir do día vixésimo primeiro, inclusive, recoñeceráselle unha prestación equivalente ao cento por cento das retribucións que se viñesen percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

SEGUNDO.- Determínase para o persoal do Concello de Foz, os seguintes supostos en que con carácter excepcional e debidamente xustificado o complemento poida alcanzar durante todo o periodo de duración da incapacidade o cento por cento das retribuciós que viñesen gozando en cada momento: 1. Intervención quirúrxica ambulatoria. 2. Accidente grave ou moi grave. 3. Enfermidades que supoñan unha minusvalía superior ao 33%. 4. Tratamento ou terapia hospitalaria por enfermidades crónicas. 5. Enfermidades oncolóxicas. 6. Por unha baixa durante o estado de xestación, aínda cando non dea lugar a risco do embarazo e aumento do embarazo á lactancia. 7. Situacións de hospitalización que se amplíen ao posoperatorio e recaídas. 8. Supostos de violencia de xénero, tamén se inclúe a violencia non traballo.

A estes efectos, consideraranse en todo caso debidamente xustificados os supostos de hospitalización e intervención quirúrxica.

TERCEIRO.- Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social será complementada durante todo o período de duración da mesma, ata o cento por cento das retribucións que viñese percibindo devandito persoal no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

CUARTO.- O presente acordo será de aplicación a todos os empregados públicos do Concello de Foz.

QUINTO.- O disposto neste acordo será de aplicación nas situacións que se produzan a partir da data de publicación do mesmo no Taboleiro de Anuncios do Concello, trala aprobación por Pleno'.O que se publica para o seu xeral coñecemento e efectos.En Foz (Lugo) a, 30 de xaneiro de 2015. O ALCALDE. JAVIER JORGE CASTIÑEIRA

R. 0450