C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Empresa de COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (27000222011981) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2017 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 2700222
  • Código Nuevo: 27000222011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 53 del 06/03/2018

    ...comite de empresa... ...comites de empresa... ...XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS Visto o texto do... ...Permiso laboral retribuido... ...Comisión negociadora... ...Incapacidad temporal... ...Recibo de salarios... ...Salario base... ...Comisión Paritaria... ...Excedencia voluntaria... ...Complementos salariales... ...Días naturales... ...Comité de empresa...

  • Código: 2700222
  • Código Nuevo: 27000222011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 26 del 02/02/2016

    Convenio Colectivo de Empresa de COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS S.A. (COTELSA) COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. Convenio Colectivo de Empresa de COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (27000222011981) de Lugo ÿVisto o texto do Convenio Colectivo da empresa COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (COTELSA) para o seu centro de traballo de San Cibrao-Lugo...

  • Código: 2700222
  • Código Nuevo: 27000222011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 119 del 25/05/2013

    Convenio Colectivo de Empresa de COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. Convenio colectivo para a empresa Colaboraciones Tecnicas Electricas SA (COTELSA) para o seu centro de traballo de San Cibrao (Lugo) COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. Convenio Colectivo de Empresa de COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (27000222011981) de Lugo Visto o texto do convenio colectivo para a empresa COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS SA (COTELSA), asinado o día 26 de marzo de 2013, pola represe...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo , Revision CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (COTELSA) 06/03/2018 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2017 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS S.A. (COTELSA) 02/02/2016 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2015 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Convenio colectivo para a empresa Colaboraciones Tecnicas Electricas SA (COTELSA) para o seu centro de traballo de San Cibrao (Lugo) 25/05/2013 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2013 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para a empresa colaboraciones tecnicas electricas, S. A. (COTELSA), da provincia de Lugo. Exp. 0012- 2010. (Codigo 2700222). 25/08/2010 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2009 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para a empresa "COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS S.A. (COTELSA)", da provincia de Lugo (Codigo 2700222) 01/02/2007 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2006 No Vigente Documento oficial en PDF
CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (COTELSA) (Boletín Oficial de Lugo núm. 53 de 06/03/2018)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO

Anuncio

CONVENIOS COLECTIVOS

Visto o texto do Convenio Colectivo da empresa COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (COTELSA) para o seu centro de traballo de San Cibrao-Lugo, Código 27000222011981, asinado o día 21 de decembro de 2017, pola representación da empresa e polos representantes dos traballadores, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 20 de febreiro de 2018.- A xefa territorial, Pilar Fernández López

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS ELECTRICAS, S.A. (COTELSA) PARA O SEU CENTRO DE TRABALLODE SAN CIBRAO (LUGO)

CAPÍTULO PRIMEIRO.- ÁMBITO DE APLICACIÓN

ARTIGO 1.- ÁMBITO TERRITORIAL

Este convenio colectivo regula as condicións de traballo entre a empresa COTELSA e o seu persoal do centro de San Cibrao (Lugo).

ARTIGO 2.- ÁMBITO PERSOAL

Este convenio afecta a todos os traballadores e traballadoras da empresa que prestan os seus servizos na actualidade no centro de traballo de San Cibrao (Lugo), así como aos que ingresen nel durante a súa vixencia, sexa por traslado doutros centros ou por contratación directa, con excepción do persoal considerado como «fóra de convenio»

ARTIGO 3.- ÁMBITO TEMPORAL

O presente Convenio subscríbese por TRES ANOS, con vixencia desde o día un de Xaneiro de 2017 ata o trinta e un de Decembro de 2019, salvo naqueles artigos nos que expresamente sinalase a súa entrada en vigor.

Ao termino da vixencia temporal do presente Convenio e en tanto non se substitúa por un novo, quedará vixente en todo o seu contido

Ambas partes comprométense a iniciar a negociación dun novo Convenio Colectivo non máis tarde do 1 de Febreiro do ano 2020.

O prazo máximo para negociar o Convenio Colectivo de empresa, unha vez constituída a comisión negociadora do mesmo, será o tempo necesario para chegar a un acordo.

Sen prexuízo da comunicación que ao efecto e por escrito deba cursar calquera das partes, o Convenio entenderase denunciado automaticamente no prazo de dous meses antes da finalización da súa vixencia.

CAPÍTULO SEGUNDO.- CLÁUSULAS XENÉRICAS

ARTIGO 4.- VINCULACIÓN Á TOTALIDADE

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas en conxunto, en cómputo global.

ARTIGO 5.- CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, puidese ter calquera traballador/a afectado por este convenio.

ARTIGO 6.- CLÁUSULA DE COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN

As remuneracións que se establecen neste convenio substitúen e compensan en conxunto todas as retribucións e emolumentos de carácter salarial que viñese percibindo o persoal con anterioridade á entrada en vigor deste, xa fose por virtude do disposto na derrogada Ordenanza de Traballo Siderometalúrxica, disposicións laborais concordantes, convenios colectivos anteriores, regulamentos de réxime interior, pacto individual ou concesión graciable da empresa, sen que en ningún caso o traballador poida sufrir diminución global na retribución que viñese gozando.

CAPÍTULO TERCEIRO.- XORNADAS E DESCANSOS

ARTIGO 7.- XORNADA DE TRABALLO

Para todos os anos de vixencia deste convenio, a duración máxima da xornada ordinaria efectiva de traballo será de 1.710 horas.

Non entanto, tendo en conta as razóns de orde funcional e organizativa que vinculan a empresa coa principal, considérase como xornada ordinaria a desta para os traballadores/as que presten os seus servizos neste centro, asumindo como propios os horarios e xornada da empresa principal, cuxos excesos consideraranse como xornada extraordinaria, podendo compensarse con descansos ou mediante a retribución extraordinaria correspondente.

No suposto de que algún traballador ou traballadora non puidese, por razóns de mobilidade funcional ou por outras causas non imputables a el/ela, chegar a realizar a xornada anual ordinaria, non se lle poderá obrigar a completar a dita xornada nin deducirse da súa nómina o importe das horas non traballadas. Pola contra, se algún traballador ou traballadora fose desprazado ou trasladado por necesidades de servizo, e logo dos trámites legais, a outro centro de traballo respectarase a xornada de 1.710 horas pactada neste Convenio.

Este artigo terá vixencia en anos sucesivos.

Para os traballadores que presten os seus servizos no centro de traballo de San Cibrao, recoñécese:

?' Traballadores con xornada normal: Durante a xornada continuada, e todos os venres laborais do ano, terán dereito a un descanso intermedio retribuído para o bocadillo de 25 minutos.

?' Traballadores suxeitos a réxime de traballo a quendas: Gozarán dun descanso intermedio retribuído para o bocadillo de 30 minutos.

ARTIGO 8.- TRABALLO EN DÍAS FESTIVOS

O persoal en quendas que, como consecuencia do seu réxime de traballo, deba traballar en días festivos, farao neses festivos dentro do cómputo da xornada anual ordinaria, percibindo, ademais do salario ordinario, un complemento salarial de contía igual á sinalada nas táboas salariais anexas.

ARTIGO 9.- PERSOAL DE QUENDAS

Tendo en conta as especiais circunstancias que concorren neste persoal, razóns de organización aconsellan como sistema menos perturbador no aspecto funcional, que continúen gardando o mesmo sistema de remudas e de descansos cíclicos que veñen observando.

9.1.- Persoal en quenda 24 e 31 de decembro

Ao persoal adscrito ao réxime de quendas 3T/4/5 e que traballe nesta situación os días 24 e 31 de decembro, e sempre que estes días sexan considerados non laborables, entregaráselle, con independencia do salario normal e polo fondo para fins asistenciais, unha gratificación por día traballado do seguinte importe (ano 2017)

Oficial de 1ª 135,13 €

Oficial de 2ª 126,19 €

Oficial de 3ª 118,11 €

Especialista 108,99 €

Peón 94,02 €

Para os anos 2018 e 2019, estas cantidades serán revisadas no mesmo porcentaxe que as táboas salariais.

9.2.- Dobrar quendas en réxime de 3 quendas, 4 quendas ou 5 quendas

Aquel traballador/a que traballe en xornada de quendas 3T/4/5, no suposto de que se vexa obrigado a dobrar xornada por ausencias imprevistas, cambios de remuda ou reforzos de quenda, xerará:

? as horas propias da súa xornada,

? oito horas extraordinarias por dobrar,

? descanso a xornada do día seguinte.

Por outra parte, a aquel traballador/a que estivese prestando os seus servizos en xornada normal e, unha vez cumprida esta, se vise obrigado a dobrar polas mesmas causas anteriores para substituír outro traballador que traballe en quendas 3T/4/5, aplicaráselle idéntico dereito xerado que o sinalado arriba.

No caso de que por causas excepcionais fose necesario que traballase na xornada do día seguinte, mediando descanso de 12 horas entre xornadas, todas as horas que realice serán aboadas como horas extra

9.3.- Xantares ou ceas

Aqueles traballadores/as aos que, por falta de remuda ou por calquera urxencia imprevista, ordéneselles

dobrar a súa xornada solicitaráselles o xantar ou cea, se non poden abandonar o seu posto de traballo.

O traballador poderá abandonar o seu posto de traballo, para poder comer ou cear por un tempo máximo de 56 minutos, aínda que a ausencia tivese que levarse a cabo fóra das horas habituais previstas a tal fin.

Aboaráselles o seu importe a prezo menú do día de lles poder autorizar a saída para efectuala fóra do centro de traballo, pero non no seu domicilio, contra entrega da factura correspondente.

ARTIGO 10.- RETÉNS

Os traballadores/as que o desexen, dado que será voluntario, poderán apuntarse para efectuar reténs que se rexerán polo seguinte:

' Cando lles corresponda o dito retén, deberán estar sempre localizados, para o cal facilitarán un teléfono de contacto na oficina da empresa.

' Os traballos programados non se considerarán retén.

' O retén terá lugar sempre fóra da xornada normal de traballo.

' Os traballos que se executen corresponderanse cos do obxecto do retén.

' Unha vez recibido o aviso de comparecencia, o traballador/a presentarase como máximo na hora seguinte á da chamada.

' Aboaranse as horas que realmente se traballen con carácter de extraordinarias ou festivas en cada caso.

' O retén nomearase cando sexa necesario, avisando coa suficiente antelación

' Os equipos de retén formaranos persoal adscrito a cada departamento e os apuntados ao retén deberán acudir obrigatoriamente.

' Sempre que o retén sexa chamado a traballar e esas horas de traballo coincidan co horario de xantar ou cea, a empresa aboará dito xantar ou cea.

' Retribución para o ano 2017:

- 30,38 € por estar dispoñibles os sábados, domingos e festivos.

- 25,30 € por estar dispoñibles os días laborais en caso de necesidade.

- 25,30 € se son chamados.

- 0,20 € por km ida/volta desde o seu domicilio sempre que o traballador use o seu propio vehículo

Para cada un dos anos 2018 e 2019, as cantidades pactadas de dispoñibilidade e chamada veranse incrementadas en 2,5 € .

ARTIGO 11.- VACACIÓNS

Para o persoal que permanecese en alta na empresa durante todo o ano natural, as vacacións serán de vinte e dous días laborais.

Destes vinte e dous días laborais, os traballadores/as adscritos á xornada fraccionada que así o desexen, poderán gozar vinte días laborais consecutivos, podendo coller os dous restantes en calquera momento, sempre que se avise o mando cunha antelación mínima de 48 horas e que ese beneficio non afecte ao proceso produtivo de cada labor.

O persoal de novo ingreso ou incorporado de calquera situación que non xerara vacacións, terá dereito a gozar no dito ano un número de días proporcional ao tempo que se presupoña leve de servizo o 31 de decembro do mesmo ano. Se, efectuado o cómputo, dera un número fraccionario, redondearase, en todo caso, por exceso a favor do traballador ou traballadora.

Como norma xeral, as vacacións gozaranse na modalidade convida entre a empresa e o traballador/a. Non obstante, antes do día 31 de xaneiro de cada ano, a representación da empresa e a dos traballadores/as elaborarán, conxuntamente, un calendario de vacacións para o ano en curso, establecéndose un período para posibles reclamacións que finalizará o 28 de febreiro.

Os traballadores/as adscritos a réxime de quendas 3T/4/5 disfrutarán de trinta días naturais de vacacións o ano; dos cales 28 días axustaranse ó calendario establecido o efecto, podendo beneficiarse dos dous restantes en calquera momento, sempre que sexa avisado o mando cunha antelación mínima de corenta e oito horas e que o dito beneficio non afecte a máis de un traballador por quenda dentro de cada Servizo ou Sección.

Os traballadores que, como consecuencia de I. T., non puidesen gozar as súas vacacións dentro do ano natural, poderán facelo a partir da data en que se produza a súa alta médica.

ARTIGO 12.- HORAS EXTRAORDINARIAS

Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada ordinaria de cada traballador/a, segundo o horario e réxime de xornada asignada ao seu posto de traballo.

A prestación do traballo en horas extraordinarias realizarase de acordo cos preceptos contidos no artigo 35 do Estatuto dos Traballadores.

A súa execución por parte do traballador/a, dentro dos límites previstos no apartado 2 do dito texto legal, será voluntaria, agás nos supostos que recolle o apartado 3 do mesmo artigo, isto é, cando se trate de prever ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, sen que estas se computen dentro do límite máximo de horas autorizadas.

A efectos do cómputo de horas extraordinarias, a xornada de cada traballador rexistrarase día a día e totalizarase no período fixado para o abono das retribucións, entregando copia do resumo ao traballador no recibo correspondente.

Establécese, para aqueles traballadores/as que así o desexen, a opción entre descansos compensatorios ou a súa retribución en metálico para as horas extraordinarias e/ou festivas que se realicen.

No suposto de optar por descansos, estes veranse incrementados por cada hora extraordinaria realizada nun 50% (30 minutos), e nun 75% (45 minutos) por cada hora extraordinaria en días festivos.

Os descansos quedarán regularizados cada dous meses e o aproveitamento resultante levarase a efecto como máximo na segunda quincena do terceiro mes.

Se o traballador ou traballadora optase por esta modalidade de descanso, deberá comunicalo na oficina de obra, ao seu administrativo, dentro dos tres primeiros días do mes seguinte á realización das mencionadas horas.

Por motivos debidamente xustificados e para resolver asuntos de índole particular, o traballador ou traballadora poderá solicitar o descanso ou descansos compensatorios antes do prazo sinalado, comunicándollo ao seu mando respectivo, sempre e cando o seu aproveitamento non implique problemas funcionais no servizo que presta o traballador.

Mensualmente, a empresa informará a representación dos traballadores das horas extraordinarias realizadas por cada traballador/a e as súas causas. Esta información será facilitada, como máximo, os días quince de cada mes, e os representantes legais do persoal deberán xustificar a recepción.

Como consecuencia dos acordos adoptados en pasadas negociacións colectivas, acórdase que con efectos do 1 de Xaneiro de 2016, o valor da hora extra quedará equiparado ao valor da hora ordinaria para cada unha das categorías.

Ademais, a partir da firma deste convenio, o valor da hora festiva será o que resulte de incrementar un 17% o valor da hora extra que en cada momento se estableza para cada unha das categorías recollidas no Convenio.

ARTIGO 13.- PERMISOS RETRIBUÍDOS

Considéranse con dereito a retribución os permisos que na súa forma e extensión se citan seguidamente:

a. Falecemento de pais, padrastos, avós, fillos ? mesmo políticos? , cónxuxes, netos, irmás e irmáns políticos: tres días laborais, ampliables a cinco días en caso de necesidade de desprazamento a localidades distantes cen quilómetros ou máis do centro de traballo

b. Nacemento ou adopción de fillo: tres días laborais, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento

c. O tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

d. Matrimonio ou formalización de parella de feito legalmente constituída do traballador/a: quince días naturais e ininterrompidos.

e. En caso de enfermidade grave ou intervención cirúrxica que dea lugar a hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de pais, padrastos, pais políticos, avós, cónxuxes, fillos, irmáns ata políticos e netos: tres días naturais, ampliables a cinco días no mesmo caso de desprazamento. O goce destes días poderán realizarse de forma alterna segundo as necesidades do traballador, previa notificación á empresa, e sempre que se acredite o mantemento da situación que deu lugar ao goce do permiso.

f. En caso de matrimonio de pais, fillos, irmáns ? incluso políticos? : un día natural, ampliable a tres días no mesmo caso de desprazamento.

g. Cambio de domicilio: un día natural.

h. Por renovación do carné de conducir: un día laborable. Para os traballadores/as que teñan a categoría profesional de condutores/as na empresa: o tempo necesario.

i. Citación xudicial: o tempo necesario.

j. Outros deberes inescusables de carácter público: o tempo necesario.

k. Eleccións a cargos públicos: o tempo necesario.

l. Citacións da Administración: o tempo necesario.

m. Asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social coincidindo o horario de consulta co de traballo, sempre que sexa por prescrición do médico de atención primaria coa excepción daquelas especialidades que non requiran o dito trámite: o tempo necesario.

n. Asistencia a consulta do médico de atención primaria da Seguridade Social ou particulares: un máximo de ata tres xornadas completas e, como mínimo, 24 horas/ano.

o. Doazón de sangue: o tempo necesario (mínimo de catro horas e resto segundo prescrición facultativa)

p. Falecemento de tíos carnais: un día laborable

q. Falecemento doutros familiares a cargo do traballador/a e demostrada convivencia: un día laborable.

r. Terá a consideración de permiso retribuído, cando o traballador deba acompañar, ao seu fillo menor de idade ao servizo de urxencias. Dispoñerase do tempo indispensable para iso, cun máximo de 16 horas anuais.

ARTIGO 13 BIS.- LEIS 39/1999 E 3/2007

Será de aplicación a Lei 39/1999, do 5 de novembro, e demais disposicións vixentes, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras; mantéñense, non obstante, as condicións máis beneficiosas que puidesen resultar en canto a permisos retribuídos.

Esta comisión fai súa, moi particularmente, a modificación da dita lei no que á protección da maternidade se refire e todo o relativo aos permisos retribuídos recollidos no art 37 puntos 4, 4 bis, 5, 6 e 7 do Estatuto dos Traballadores.

De igual modo, será de aplicación a Lei 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, sobre todo no relativo a evitar calquera tipo de discriminación directa ou indirecta e a promover a igualdade de trato entre homes e mulleres.

Neste sentido, o uso do termo «traballador» faise de forma xenérica, facendo referencia con el indistintamente tanto a homes como a mulleres.

ARTIGO 14.- LICENZAS NON RETRIBUÍDAS

Os traballadores/as poderán gozar de ata catro días de licenza ao ano, sen dereito a retribución, ampliables a sete días en casos excepcionais debidamente xustificados, para resolver asuntos particulares, logo de pedir o oportuno permiso cunha antelación mínima de 48 horas ao inicio da quenda na que pretendan faltar. Estes permisos concederanse sempre que a súa aceptación non implique problemas funcionais para o servizo encomendado.

ARTIGO 14.A.- PERMISO PARA EXAMES E PRIVACIÓN DE LIBERDADE

Rexerán as disposicións vixentes que regulan estas materias.

ARTIGO 14.B.- EXCEDENCIA VOLUNTARIA

Cumpridos os requisitos establecidos no artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, Estatuto dos Traballadores, o traballador/a terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria.

Independentemente do establecido no citado precepto legal, a empresa recoñece a posibilidade de que a dita excedencia voluntaria sexa por un máximo dun ano tendo, neste suposto, o traballador/a dereito á reserva de posto de traballo.

En caso de coidado dun familiar estarase ao disposto no artigo 46 do E.T.

CAPÍTULO CUARTO.- CONTRATACIÓN

ARTIGO 15.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS

Os contratos de traballo, sexa cal fora a súa modalidade, formalizaranse por escrito e, se así o determina a lei, rexistraranse na Oficina de Emprego. Así mesmo, darase conta ao Comité de Empresa e, seo traballador/a o solicita, ao sindicato por el/ela elixido, sempre que este teña sección sindical recoñecida no propio centro de traballo.

15.1.- CONTRATOS DE FORMACIÓN E DE PRÁCTICAS

No caso de se concertasen estes contratos, rexerá o establecido na lei, agás no referente ao salario. Os traballadores/as contratados baixo estas modalidades percibirán as seguintes cantidades:

? Durante o primeiro ano, o 75% do salario correspondente da categoría na que se presupoña que poida ser

contratado unha vez finalizado o período de formación ou prácticas. ? Durante o segundo ano, o 85% do salario correspondente da categoría na que se presupoña que poida ser

contratado unha vez finalizado o período de formación ou prácticas.

ARTIGO 16.- PERÍODO DE PROBA

O período de proba, que se concertará por escrito, será de sete días para os peóns e especialistas e de vinte días para os oficiais.

ARTIGO 17.- EVENTUALIDADE

Os traballadores/as contratados con carácter de eventuais ou por tempo determinado, ao termo da vixencia dos seus contratos de traballo, pasarán a situación de traballadores/as indefinidos, sempre e cando existan na empresa traballos da súa especialidade e categoría nos que poidan ser colocados.

Igual criterio seguirase no suposto de que, aínda non habendo postos vacantes da súa propia categoría, si houbese doutra categoría inferior e especialidade apropiada aos coñecementos do traballador/a, e sempre que este o solicite e acepte as condicións correspondentes ao novo posto de traballo.

A empresa comprométese a formalizar un novo contrato de fixo a dous traballadores/as no primeiro semestre de cada ano de vixencia. Para iso teranse en conta, entre outros criterios, a vinculación á empresa, a antigüidade ou outros que, a xuízo das partes, se plasmaron nos estatutos da bolsa de emprego creada no seu día. De todo o previsto neste artigo, facilitarase información previa á representación dos traballadores.

Para fixar quen serán os traballadores/as afectados, aproveitaranse as reunións que efectúen ambas as partes na última quincena do primeiro semestre do ano, nun lugar e hora por determinar

Indemnización ao cesamento. Eventuais

De acordo coa Lei 12/2001, ao expirar o tempo convido por realización da obra ou servizo obxecto do contrato, ao seu remate, agás nos casos do contrato de interinidade, do contrato de inserción e dos contratos formativos, o traballador/a terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente á parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar 12 días de salario por cada ano de servizo.

ARTIGO 17 BIS.- XUBILACIÓNS

A empresa comprométese a cubrir as baixas que se produzan por invalidez permanente total e/ou absoluta, xubilación ou morte dos seus traballadores/as fixos, de entre o seu persoal eventual, pasando estes á condición de fixos.

Xubilacións anticipadas

A empresa, dentro dos límites das súas facultades de organización e da atención ás necesidades do seu axeitado funcionamento, estudará as peticións que lle sexan formuladas, por medio do Comité de Empresa, en materia de xubilación anticipada ou parcial dos traballadores/as que a soliciten.

Para que a dita xubilación sexa efectiva, terán que estar de acordo empresa e traballador/a.

En virtude das negociacións mantidas para o asinamento do convenio, a empresa acepta concertarlles un contrato de xubilación parcial a aqueles traballadores/as que, cumprindo cos requisitos establecidos pola lei, así o soliciten. Non obstante, estarase ao que dispoña a lei en calquera momento respecto ao contrato de xubilación parcial e de remuda.

Durante a vixencia deste convenio, e sempre que o traballador/a cumpra os requisitos esixidos na lei que permitan a súa xubilación parcial con redución do 85% da súa xornada, a empresa comprométese a facer contrato indefinido dende o primeiro momento ao traballador/a remudista. Nestes supostos daríase por cumprido, no momento de formalizar o contrato de remuda indefinido, o artigo 17 bis

CAPÍTULO QUINTO.- FONDO ASISTENCIAL

ARTIGO 18.- FONDO ASISTENCIAL

18.1.- Fins

Constitúese un fondo para fins asistenciais que terá por obxecto:

a) Cubrir ata o 100% do salario real garantido polo convenio ao persoal en situación de IT, tanto derivada de enfermidade común como de accidente non laboral, así como a que teña a súa orixe nun accidente laboral ou enfermidade profesional. O dito complemento percibirao o traballador/a nas seguintes condicións:

I. Con carácter xeral, a partir do décimo sexto día de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral. Sen prexuízo do anterior, ambas as partes comprométense a que, a través da Comisión do Fondo, se estuden os índices medios de absentismo dos tres últimos anos para, logo da exclusión de determinadas enfermidades e accidentes de circulación, fixar un índice de referencia para soster a

dita prestación de enfermidade, índice que deberá fixar a Comisión Xestora nun prazo máximo de seis meses.

Ambas partes acordan que, de se incrementar os ditos índices, non sería posible soster o nivel asistencial previsto e, nese caso, debería retornarse á prestación a partir do trixésimo primeiro día de baixa.

II. A partir do primeiro día, en caso de hospitalización ou intervención cirúrxica e sempre que exista baixa por IT.

III. En todo caso, o complemento extinguirase ao causar alta o traballador/a, cumprir a idade legal de xubilación ou pasar á situación de invalidez provisional ou á incapacidade permanente en calquera dos seus graos

b) O dito complemento cubriralle, así mesmo, ata o 100% do importe das pagas extraordinarias, no suposto de permanecer de baixa por enfermidade ou accidente durante todo ou parte do semestre anterior ao pagamento de tales gratificacións. O dito dereito nace dende o primeiro día de baixa.

En todo caso, de causar baixa na empresa antes da finalización do semestre, aboaráselle a parte proporcional no momento da liquidación.

18.2.- Beneficiarios

Serán beneficiarios todos os traballadores e traballadoras comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio e que se regulen por el.

O traballador/a que, por calquera causa, cesase no cadro de persoal da empresa non terá dereito a reclamar do fondo as cantidades achegadas por el.

18.3.- Solicitude de axuda

O traballador que cause baixa por enfermidade ou accidente, obterá da Comisión Xestora a concesión da axuda que, de acordo coas presentes normas, correspóndalle.

Cando, a xuízo da Comisión Xestora, existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa, poderá requirir o traballador/a para someterse a un recoñecemento por un médico que designe aquela, e os gastos orixinados por este recoñecemento serán a cargo do fondo.

Para adoptar esta medida será inescusable a opinión unánime ou, polo menos, maioritaria da Comisión Xestora.

18.4.- Dotación do fondo

O fondo nutrirase das achegas do 1% da base de cotización á Seguridade Social por parte do traballador/a, mesmo de atoparse en situación de IT, que será deducido mensualmente da súa nómina e dunha porcentaxe de igual contía a cargo da empresa, a excepción dos traballadores/as con contrato de formación, cuxa achega será a cargo da empresa, mentres non se produza un cambio substancial en materia de cotización.

18.5.- Da Comisión Xestora

A comisión xestora reunirase antes do día 20 de cada mes, para facer efectivas as axudas que correspondan como moi tarde o día 20

A Comisión Xestora estará formada por catro membros, dous en representación dos traballadores/as e outros dous en representación da empresa. A representación dos traballadores será nomeada de entre os membros do Comité de Empresa. Será presidente/a quen a comisión designe por unanimidade ou, se fose o caso, por maioría; e secretario/a, un vogal da comisión que será nomeado de forma trimestral, tendo en conta que a designación recaerá, alternativamente, unha vez entre os representantes dos traballadores e a seguinte entre os da empresa.

A validez dos acordos da Comisión Xestora requirirá a maioría absoluta dos seus compoñentes.

Será misión da Comisión Xestora o control e exacto cumprimento desta normativa.

Mensualmente, a Comisión Xestora porá en coñecemento dos traballadores/as, a través dos taboleiros de anuncios, os acordos tomados e o estado das contas.

18.6.- Situación do fondo

O fondo estará situado nunha conta bancaria a disposición da Comisión Xestora, e será imprescindible a sinatura mancomunada de dous dos seus membros, un dos designados polos traballadores/as e outro dos nomeados pola empresa, para a retirada dos fondos.

Os ingresos na conta faranse mensualmente, unha vez aboadas as cantidades acordadas pola Comisión Xestora. A retirada de fondos farase igualmente de forma mensual, unha vez acordadas pola Comisión Xestora as axudas que correspondan.

18.7.- Importe máximo do fondo

O importe máximo do fondo, computado mensualmente, unha vez liquidadas todas as axudas previstas nos fins deste fondo asistencial, non poderá exceder de doce mil euros.

No caso de que durante tres meses consecutivos se supere ese límite, a Comisión Xestora deberá promover unha redución das achegas dos seguintes meses ata situarse no límite.

O 30 de xuño e o 30 de novembro, farase unha revisión das dispoñibilidades do fondo, e, se estas non permitisen cubrir as axudas previstas no apartado 18.1 deste capítulo, a Comisión Xestora establecerá unha achega extraordinaria, que satisfarán a empresa e os traballadores/as a partes iguais, nas pagas extraordinarias de xullo e Nadal, respectivamente.

Do mesmo modo, no suposto de producirse algunha situación excepcional derivada de feitos imprevisibles e realmente graves (por exemplo, un accidente colectivo) que fixese insuficiente o saldo do fondo dispoñible para aboar as cantidades pactadas, a Comisión Xestora solicitará da Comisión de Vixilancia deste convenio a xestión ante a empresa e ante o persoal para establecer unha cota extraordinaria, suficiente para facer fronte a tales axudas.

18.8.- Cancelación do fondo

A Comisión Xestora poderá propoñer a cancelación do fondo, e, se así o aproban a empresa e a asemblea de traballadores/as, dispoñer da distribución do activo en axudas de tipo social. Esta medida, en calquera caso, deberá coincidir co remate da vixencia do convenio colectivo. A cancelación do fondo será obrigatoria no suposto de producirse o peche do centro de traballo.

18.9.- Accidentes de traballo

A cobertura que se establece neste artigo para o persoal en situación de IT, cando sexa derivada de accidente de traballo, aplicarase desde o primeiro día de baixa e será a cargo exclusivo da empresa.

CAPÍTULO SEXTO.- OUTRAS ATENCIÓNS SOCIAIS

ARTIGO 19.- SEGURO COLECTIVO

Para cubrir, na medida do posible, as consecuencias derivadas do falecemento ou incapacidade total e/ou absoluta do traballador/a como consecuencia de accidente laboral ou non laboral, as 24 horas e os 365 días do ano, ou a enfermidade profesional, establécese un seguro colectivo con cargo á empresa.

Para o ano 2017 as coberturas serán:

Por falecemento: 39.611,47 €

Incapacidade: 52.815,47 €

Para os anos 2018 e 2019, a porcentaxe a incrementar será a mesma que se aplique ás táboas salariais.

Estas coberturas faranse efectivas na data da firma do convenio. Para os anos 2018 e 2019 terán efectividade a partir do día seguinte en que a Comisión negociadora aprobe as táboas para cada un deses anos.

ARTIGO 20.- BOLSA DE VACACIÓNS

Establécese unha bolsa de vacacións, cuxa contía figura nas distintas táboas salariais anexas e que se fará efectiva aos traballadores/as ao comezo do seu período de vacacións; o persoal de novo ingreso percibirá a parte proporcional ao tempo traballado. Esta cantidade non será absorbible durante a vixencia deste convenio.

Para cada un dos anos de vixencia do convenio, páctase un incremento de 50€ , é dicir, o importe da bolsa de vacacións será de:

- 2017: 1.000 €

- 2018: 1.050 €

- 2019: 1.100 €

ARTIGO 21.- ROUPA DE TRABALLO E ASEO

O traballador/a terá dereito a dúas fundas ou traxes de traballo, a elección do traballador/a, e dúas camisas por cada ano de servizo prestado e a un terceiro en caso de necesidade, así como á entrega de dúas toallas por ano. Ao persoal de novo ingreso entregaráselle a dotación de dúas fundas ou traxes no momento da súa contratación, sempre que esta sexa igual ou superior a un mes, e sempre no ben entendido de que a súa duración será de seis meses.

Se o traballador/a causase baixa na empresa antes de rematar os seis meses de duración das prendas e volvese ser contratado, terá que seguir utilizando as pezas que lle foron entregadas no seu día e ata que estas cumpran o tempo regulamentario.

A empresa comprométese a manter en todo momento un stock suficiente para facilitar as entregas necesarias, así como a mellorar o tamaño e calidade das toallas e demais pezas de traballo, se fose necesario.

Corresponderalle ao Comité de Seguridade e Saúde coidar do cumprimento do precedente compromiso.

As prendas entregaranse o 1 de outubro (equipamento de inverno) e o 2 de maio (equipamento de verán) de cada ano.

Cada mes de outubro, e só aos traballadores/as expostos no seu posto de traballo a inclemencias meteorolóxicas, dotarase dun chaquetón de abrigo ou chaleco, a elección do traballador/a, que terá unha duración de dous anos.

Todo o anteriormente sinalado sobre dotación de pezas de roupa será aplicable sempre e cando os servizos que haxa que realizar non requiran a dotación de EPI específicos do posto de traballo.

A partir da firma do presente convenio, a empresa asume o lavado das seguintes pezas de traballo, coa periodicidade establecida a continuación:

' Pantalón e camisa: 1 á semana.

' Chaqueta: 1 cada 2 semanas

' Roupa abrigo: 1 ao mes durante os meses de inverno

Só en casos excepcionais, poderanse lavar as pezas de traballo cunha periodicidade inferior á pactada.

Uso da roupa:

Os usuarios/as están obrigados a presentarse con ela nos seus postos de traballo. Deberán poñer a debida dilixencia na súa conservación e limpeza.

Por ser propiedade da empresa, só poderá usarse durante as horas de servizo.

Se durante a vida asignada ás pezas cesasen os seus usuarios no servizo da empresa, rexerá o disposto no parágrafo segundo deste artigo. Terminado o período de vida, ou cando fosen dadas de baixa, pasarán a ser propiedade dos seus usuarios.

En caso de substitución de EPI, os equipamentos substituídos serán devoltos obrigatoriamente á empresa.

ARTIGO 22.- RECOÑECEMENTO MÉDICO

A empresa garantirá os elementos necesarios para unha vixilancia específica, en relación cos riscos dos postos de traballo, axustándose aos protocolos específicos establecidos polo ministerio correspondente.

Salvo que o traballador optase por utilizar o seu vehículo propio para desprazarse ao centro sanitario onde será efectuado o recoñecemento médico, a empresa virá obrigada a facilitar o medio de transporte con condutor

Especial atención corresponderá aos postos con riscos para o embarazo e a lactación.

Todo traballador/a terá o dereito e a obriga de pasar, como mínimo, un recoñecemento ao ano. Os recoñecementos realizaranse, salvo imprevistos, entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de cada ano.

CAPÍTULO SÉTIMO.- ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E PARTICIPACIÓN

ARTIGO 23.- COMITÉ DE EMPRESA/ DELEGADOS DE PERSOAL

O Comité de Empresa/ delegados de persoal é o órgano máximo de representación colexiada do persoal no centro de traballo.

Os compoñentes do Comité de Empresa/ delegados de persoal disporán dun crédito de dezaseis horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións. As ditas horas poderán computarse bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Quedan excluídas do conxunto destas horas as que correspondan a reunións convocadas pola Dirección da empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

O Comité de Empresa/ delegados de persoal disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións. Disporase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.

Os membros do Comité de Empresa ou delegados de persoal non poderán ser despedidos nin sancionados dentro do período do exercicio das súas funcións nin nos dous anos seguintes ao seu mandato, sempre que o despedimento ou sanción estea baseado na acción do traballador/a no exercicio das súas funcións.

Se a representación dos traballadores o solicita, a empresa adquire o compromiso de ter reunións con carácter trimestral onde informará a dita representación do establecido nos artigos 64 e 65 do Estatuto dos Traballadores.

ARTIGO 24.- SECCIÓNS SINDICAIS

A empresa recoñece as seccións sindicais no seu seo e outórgalles aos seus membros as mesmas garantías que aos membros do Comité de Empresa ou delegados de persoal

As distintas seccións sindicais poderán:

a. Facer propaganda sindical ou laboral a través do taboleiro de anuncios asignado ao Comité de

Empresa. b. Cobrar as cotas sindicais dentro do horario de traballo sen interromper o proceso produtivo. c. En caso de solicitalo, cobrar as cotas sindicais a través da nómina, coa autorización expresa do

interesado. d. Convocar asembleas fóra do horario de traballo. e. As seccións sindicais presentes no asinamento deste convenio terán un crédito mensual de dezaseis

horas cada unha para o exercicio das súas actividades. Estas seccións sindicais son CIG e CCOO. f. As ditas horas poderán computarse bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus

membros segundo o seu propio criterio.

ARTIGO 25.- COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

Estarase a todo o disposto na vixente Lei de prevención. Os seus membros poderán ser elixidos pola asemblea de entre os seus traballadores/as.

As súas funcións irán encamiñadas a controlar e velar polo cumprimento da lexislación en materia de seguridade e saúde. Se o risco de accidente fose inminente, o Comité de Seguridade e Saúde poderá acordar a paralización das actividades ata que se solucione o motivo de perigo.

O Comité de Seguridade e Saúde reunirase unha vez ao mes, dentro das horas de traballo, sen prexuízo daqueles casos especiais que, pola súa gravidade, requiran unha reunión extraordinaria.

Cada membro do Comité de Seguridade e Saúde dispoñerá dun crédito de 4 horas mensuais retribuídas como horas realmente traballadas para o exercicio das súas funcións, dentro das que non se computarán as horas utilizadas para a reunión mensuais nin para posibles investigacións de accidentes ou incidentes.

As ditas horas poderán computarse bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Regulamento de funcionamento interno do Comité de Seguridade e Saúde

En cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, créase o Comité de Seguridade e Saúde Laboral do centro de traballo da empresa COTELSA, como órgano paritario e colexiado de participación, coordinación e consulta en materia de prevención, no que se atenderá ás especialidades de cada posto de traballo, en orde a promover os programas adecuados para reducir os riscos laborais e mellorar os ambientes de traballo, perfeccionando os niveis de protección.

Este Regulamento ten como finalidade regular de forma sistemática, ordenada e precisa o funcionamento do citado Comité, garantindo a participación colexiada no deseño da política de prevención de riscos laborais e no control da execución das medidas destinadas a promover a mellora das condicións de traballo, dando así cumprimento ao disposto no apartado 3 do citado artigo 38, que establece que o Comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Na súa virtude, e por acordo unánime dos integrantes do comité de seguridade e saúde de COTELSA en sesión celebrada o día 16 de Setembro de 2015, apróbase o presente regulamento, de acordo co seguinte articulado:

Disposicións Xerais

1º. Denominación.- O Comité de Seguridade e Saúde Laboral de COTELSA é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

2º. Actuacións.- As actuacións que leve a cabo o Comité de Seguridade e Saúde deberán realizarse de forma conxunta, previo acordo por escrito e, en calquera caso, con representación de ambas partes.

3º. Composición.- O comité de Seguridade e Saúde de COTELSA está formado polos delegados e delegadas de prevención dunha parte, e polos representantes da empresa, en número igual ao de delegados e delegadas de prevención, por outra.

4º. Presidente e Secretario.- O cargo de Presidente e Secretario recaerán indistintamente sobre un membro da parte empresarial ou dos delegados e delegadas, a proposta de cada unha das partes, e segundo acordo que se adopte en CSS. Devanditos cargos terán unha duración anual e faranse por quendas rotativas.

5º. Duración.- A duración do mandato dos membros do Comité de Seguridade e Saúde será de catro anos. Cando algún dos delegados e delegadas de prevención cese no exercicio da súa actividade, por causas xustificadas, antes de finalizar o período correspondente, a parte afectada procederá a designar un novo representante.

6º. Competencias.- O CSS coñecerá das cuestións relacionadas coa prevención de riscos laborais, as súas competencias e facultades serán as tipificadas no artigo 39 da LPRL.

Corresponden as seguintes funcións:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos laborais. Para ese efecto, no seu seo debateranse antes da súa posta en práctica e no referente á súa incidencia na prevención de riscos os proxectos en materia de planificación, organización do traballo e introdución de novas tecnoloxías, organización e desenvolvemento de actividades de protección e prevención a que se refire o artigo 16 da lei de Prevención, e proxecto e organización da formación en materia preventiva.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propoñendo á empresa a mellora das condicións ou a corrección das deficiencias existentes.

c) Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan necesarios para o cumprimento das súas funcións, así como os procedentes da actividade do servizo de prevención, no seu caso.

d) Coñecer e analizar os danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores, ao obxecto de valorar as súas causas e propoñer as medidas preventivas oportunas.

e) Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos no centro de traballo, realizando para ese efecto as visitas que estime oportunas.

f) Colaborar coa Dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

g) Promover e fomentar a cooperación dos traballadores na execución das normativas sobre prevención de riscos laborais.

7º. Colaboración coa Inspección de Traballo.- Nas visitas aos centros de traballo para a comprobación do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais, o Inspector de Traballo e Seguridade Social comunicará a súa presenza, entre outros, o Comité de Seguridade e Saúde, a fin de que poidan acompañarlle durante o desenvolvemento da súa visita e formularlle as observacións que estimen oportunas, a menos que considere que ditas comunicacións poidan prexudicar o éxito das súas funcións.

8.º Garantías.- Aos delegados e delegadas de prevención, como representantes dos traballadores e traballadoras, seralles de aplicación o previsto no artigo 68 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores, relativo a materia de garantías e ao tempo utilizado para o desempeño das funcións previstas na Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Os asistentes ás reunións do Comité de Seguridade e Saúde deberán gardar sixilo sobre as informacións ás que tivesen acceso por razón do seu cargo.

9º. Reunións ordinarias e extraordinarias.- O Comité de Seguridade e Saúde reunirase de forma ordinaria mensualmente e de forma extraordinaria cando o solicite unha das partes.

O presidente convocará, ademais, reunión extraordinaria cando se de algunha das seguintes situacións:

a) Accidente de traballo grave

b) Incidentes con risco de poder ocasionar un dano grave aos traballadores.

c) A solicitude de polo menos, unha terceira parte dos seus membros, mediante escrito motivado.

10º. Adopción de acordos.- Os acordos do Comité serán adoptados por maioría simple. En caso de empate abrirase unha quenda de intervencións e realizarase unha nova votación. O CSS acordará o procedemento para resolver os casos de empate.

Non poderá ser obxecto de acordo ningún asunto que non figure na orde do día, salvo que estean presentes a totalidade dos seus membros e sexa declarada a urxencia do asunto por unanimidade.

11º.- Participación en reunións.- Nas reunións do CSS poderán participar con voz pero sen voto:

a) Delegados sindicais

b) Os responsables técnicos da prevención na empresa que non estean incluídos na composición do CSS.

c) Nas mesmas condicións poderán participar traballadores/as da empresa que conten cunha especial cualificación ou información respecto de concretas cuestións que se debatan na reunión.

d) Técnicos en prevención alleos á empresa, sempre que así o acorde o propio CSS

12º. Actas e orde do día.-

a) Ao finalizar cada reunión levantarase un Acta na que deberá quedar reflectido:

' Lugar e día da reunión

' Asistentes

' Temas expostos

' Temas pendentes

' Acordos adoptados

' Data da próxima reunión do Comité

' Signatura e nome dos asistentes

b) O Secretario encargarase de redactar e pasar a ordenador a acta das reunións e entregará unha copia a cada membro do Comité na seguinte reunión, previa firma da mesma

c) Como mínimo unha semana antes da seguinte reunión, Presidente e Secretario, elaborarán a orde do día incluíndo:

- Temas pendentes de reunións pasadas

- Novos temas que aparezan no transcurso do mes desde a última reunión

Unha vez confeccionado a orde do día, darano a coñecer ao resto dos membros do Comité, como mínimo cunha semana de antelación á celebración da reunión convocada.

13º. Modificación do Regulamento.- Este Regulamento poderá ser modificado a petición dun terzo dos compoñentes do Comité de Seguridade e Saúde. O acordo de modificación deberá ser aprobado por dous terzos, polo menos, dos seus compoñentes

ARTIGO 26.- DEREITO DE REUNIÓN E ASEMBLEA

As asembleas de traballadores/as que se realicen no centro de traballo rexeranse consonte a normativa vixente, moi especialmente en canto á facultade de convocatoria, presidencia, persoas alleas á empresa que deban asistir, orde do día dos asuntos que se van tratar, comunicación á Dirección da empresa, forma de realización, lugar de reunión, votacións e demais dereitos e obrigas.

Cando se trate de asembleas informativas sobre negociación colectiva, deberán cumprirse, ademais dos requisitos expostos, os seguintes:

a) que se comunique ao xefe de obra cunha antelación mínima de 48 horas; b) que se realice fóra das horas de traballo. Neste caso, a empresa aboará, con carácter de ordinarias, ata un

máximo de tres horas anuais.

CAPÍTULO OITAVO.- RETRIBUCIÓNS

ARTIGO 27.- CONCEPTOS RETRIBUTIVOS

A retribución estará integrada polos conceptos retributivos que se indican a continuación e cuxa contía figura recollida no anexo salarial:

' salario base ' plus de xefatura de equipo ' plus de réxime de quendas ' plus de nocturnidade ' plus de domingos ' gratificacións extraordinarias ' horas extraordinarias ' complemento salarial festivo ' bolsa de vacacións ' axuda de custos ' antigüidade ' plus quenda ' plus sábado

ARTIGO 28.- REGULACIÓN DOS DISTINTOS CONCEPTOS

28.1.- Salario base

Segundo as táboas salariais anexas.

28.2.- Nocturnidade

Terán a consideración de traballos nocturnos os efectuados entre as 22 horas e as 6 horas, respondendo a súa regulación aos seguintes criterios:

a. Traballando nese período menos de catro horas, cobrarase a bonificación das catro horas traballadas no período nocturno.

b. Se exceden de catro horas as realizadas en dito período, percibirase a bonificación correspondente a todas as horas da xornada, esteñan ou non comprendidas no devandito período nocturno.

c. A súa contía figura nas táboas salariais anexas.

Para cada un dos anos de vixencia do convenio este concepto verase incrementado en 1 € , unha vez aplicadas as subidas salariais acordadas.

28.3.- Réxime de quendas

Polo feito de desempeñar o traballo en réxime de quendas, percibirase un plus cuxos valores figuran nas táboas salariais anexas.

Ningún traballador/a poderá opoñerse a ocupar, en calidade de «correquendas», a quenda de traballo que lle ordene a empresa para substituír a ausencia do titular, logo do aviso segundo a práctica de costume.

Se por este motivo chegase un traballador/a a realizar a dita función de «correquendas» durante 115, 110 o 105 días ou máis en 2017, 2018 e 2019 respectivamente, cobrará o plus de quendas durante todo o ano.

En todo caso, entre o final da xornada ordinaria e o inicio do traballo en «correquendas» mediará un tempo non inferior a doce horas.

O incremento será do 10% para 2017, tendo para as anualidades 2018-2019 o incremento salarial pactado.

28.4.- Xefatura de equipo

O persoal que desempeñe a función de xefe/a de equipo percibirá un plus, cuxos valores figuran nas táboas salariais anexas.

28.5.- Plus de domingos

O persoal de quendas que, como consecuencia do seu propio réxime de traballo, estea obrigado a traballar en domingos, percibirá por cada domingo traballado un plus cuxos valores figuran nas táboas salariais anexas.

28.6.- Complemento salarial festivo

O seu valor figura na táboa salarial anexa e percibirano os traballadores/as de quendas que traballen en días festivos, excluídos domingos.

28.7.- Plus sábados

O persoal de quendas que, como consecuencia do seu réxime de traballo, estea obrigado a traballar en sábados, percibirá, por cada sábado traballado, un plus cuxo valor figura nas táboas salariais anexas. Este plus non se retribuirá no suposto de que o sábado coincida con festivo, en cuxo caso cobrarase o complemento salarial festivo.

Para cada un dos anos de vixencia do convenio (2017,2018 e 2019) este concepto verase incrementado en 5 € , ,5 € e 2,5 € respectivamente, unha vez aplicadas as subidas salariais acordadas.

28.8.- Horas extraordinarias

O valor de cada hora extraordinaria traballada, segundo a súa distinta clasificación, é o que figura nas táboas salariais anexas.

28.9.- Gratificacións extraordinarias

O número de gratificacións extraordinarias é de dous: gratificación do 25 de xullo e gratificación de Nadal.

Cada unha destas pagas terá o valor que figura nas táboas salariais anexas, e aboaranse, como máximo, o día anterior ao 16 de xullo e 20 de decembro, respectivamente.

Estas gratificacións aboaranse en proporción ao tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se xera.

28.10.- Axudas de custos

Todos os traballadores e traballadoras que por necesidades e orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas da do centro de traballo recibirán, sobre o seu salario, a compensación que se reflicte nas táboas salariais anexas. Mentres dure o desprazamento, esta compensación percibirase por día natural.

Os días de saída xerarán idéntica axuda de custos, e os de chegada quedarán reducidas á metade, cando o interesado/a pase a noite no seu domicilio, a menos que tivese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Se os traballos se efectúan de tal xeito que o traballador/a só teña que realizar fóra do lugar habitual o xantar, percibirá media axuda de custos.

As viaxes de ida e volta serán sempre por conta da empresa, que estará obrigada a facilitar billete de primeira clase a todos os traballadores/as, con independencia da súa categoría profesional, agás nas viaxes en transporte aéreo, marítimo ou trens especiais, que serán de segunda clase ou turista.

Se, por circunstancias especiais, os gastos orixinados polo desprazamento superasen o importe das axudas de custos, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecelo esta e da posterior xustificación.

Non se adquire dereito a axuda de custos cando os traballos se leven a cabo en locais pertencentes á mesma industria na que non se presten servizos habituais, se non están situados a unha distancia que exceda de tres quilómetros da localidade onde está localizada a industria. Aínda cando exceda da dita distancia, non se xerarán axudas de custos cando a localidade onde se vaia prestar eventualmente o traballo resulte ser a residencia do traballador/a, sempre que, independentemente desta circunstancia, non se lle ocasione prexuízo económico determinado

Nos casos en que os traballos se realicen nos locais que non sexan habituais, a empresa aboará sempre os gastos de locomoción ou proporcionará os medios axeitados de desprazamento

28.11.- Antigüidade

Os traballadores/as comprendidos neste convenio percibirán aumentos periódicos por anos de servizo consistentes no aboamento de quinquenios na contía do 5% do salario base de referencia correspondente á categoría na que esteñan clasificados, cuxos valores figuran nas táboas salariais anexas e que se percibirán nos doce meses do ano e nas dúas pagas extras.

28.12.- Plus quenda

Aqueles traballadores/as que, de forma puntual e esporádica, deban desenvolver o seu traballo en réxime de quendas, percibirán un plus quenda cuxos valores figuran nas táboas salariais anexas.

O incremento será do 10% para 2017, tendo para as anualidades 2018-2019 o incremento salarial pactado.

28.13.- Mensualización da nómina

As retribucións que, para cada categoría, figuran nas táboas salariais anexas ao convenio colectivo ? salario anual? , corresponden á xornada pactada no artigo 7, en cómputo anual, suposta unha plena presenza.

Non obstante, por acordo das partes e malia a irregularidade na distribución da xornada, co obxecto de manter unha certa uniformidade nas percepcións mensuais dos traballadores/as, as ditas retribucións serán aboadas en doce mensualidades, cuxo importe «mensual» e «diario», suposta unha plena presenza, aparece reflectido na segunda e terceira columnas das citadas táboas salariais.

28.14- Pluses que desapareceron

Conforme ao pactado en anteriores negociacións, quedou eliminada a chamada «axuda de economato», cuxo importe quedou integrado nas pagas extras de xullo e Nadal, entendéndose, non obstante, que a dita integración non desvirtúa a natureza e finalidade da axuda recollida nos convenio anteriores.

Desapareceron, igualmente, do artigo 25 de convenios anteriores, os conceptos de «plus de asistencia» e «plus de desprazamento», e integráronse no plus convenio. Tal e como se expresa no parágrafo que antecede, esa integración non desvirtúa a natureza e finalidade que os mencionados conceptos tiñan en convenios anteriores.

Do mesmo xeito, desapareceron desde o 1 de xaneiro de 2009 o «plus convenio» e o «plus tóxico, penoso e perigoso», que quedaron integrados no salario base. Esta integración non desvirtúa a natureza e finalidade que os mencionados conceptos tiñan en convenios anteriores.

28.15.- Estrutura salarial

A partir do 1 de xaneiro de 2009, acórdase modificar a estrutura salarial e adaptarase ás cantidades que se establezan para cada un dos conceptos.

Non obstante, queda pactado neste convenio que os transvasamentos e pluses que desaparezan conservarán a finalidade e natureza que tiñan neste e anteriores convenios.

28.16.- Cláusula de garantía

Establécese de igual forma, a partir de xaneiro de 2009, un salario base de referencia por categoría, cuxos valores aparecen nas táboas salariais anexas, e cuxa finalidade será garantir calquera desprazamento futuro fóra do pactado en convenio, e que teña relación co salario base que figura na táboa salarial.

ARTIGO 29.- TRABALLOS DE CATEGORÍA SUPERIOR

Ao traballador/a que realice traballos de categoría superior aos que correspondan á súa propia categoría, por un período superior a catro meses consecutivos nun ano, outorgaráselle a dita categoría superior.

29.1.- ASCENSOS

O ascenso dos traballadores/as a postos que impliquen mando ou confianza, será de libre designación da empresa.

Para o resto das categorías profesionais, tanto cando sexa necesario cubrir as porcentaxes previstas na normativa de aplicación, como para cubrir as vacantes que se produzan, de cada tres, unha proverase por antigüidade, salvo que se acredite a carencia de aptitude no traballador/a, e as outras dúas por concurso, unha vez superadas as probas de aptitude.

Corresponderá á empresa, previo informe preceptivo da representación dos traballadores, determinar o contido das probas que procedan, no seu caso, tanto para acreditar a aptitude do traballador para o seu ascenso por antigüidade, como as que deberán superar os traballadores para acceder ao concurso que posibilite o ascenso por esta modalidade.

No caso de que se producise desacordo, por estimar a representación dos traballadores que o sistema carece da obxectividade requirida, en reunión conxunta, ambas partes tratarán de alcanzar unha solución. De persistir o desacordo, poderá acudirse á Comisión de Interpretación e Vixianza que se contempla na Disposición Final 1ª do presente Convenio, e en último termo, á regulación que se contén no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo.

Polo que respecta ao concurso, unha vez que o traballador supere as probas teórico-prácticas que se establezan, a selección levarase a cabo de conformidade coas puntuacións que resulten de valorar as seguintes materias:

a) Titulación axeitada: de 0 a 2 puntos

b) Coñecemento do posto de traballo: de 0 a 2 puntos

c) Historial (cursos de formación relacionados co posto): de 0 a 2 puntos

d) Desempeño de traballos de superior categoría: de 0 a 2 puntos

e) Permanencia no posto correspondente á categoría profesional superior: de 0 a 2 puntos.

O Tribunal do Concurso estará integrado por catro membros, dous en representación da empresa e outros dous dos traballadores, que serán designados polo Comité de Empresa/ Delegados de Persoal.

Na aplicación deste artigo, respectarase igual dereito de todos os traballadores/as á promoción, sen que caiba discriminación algunha por razóns de idade, sexo, raza, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

ARTIGO 30.- DÍAS DE PAGAMENTO E ANTICIPOS

A liquidación de cada mensualidade farase efectiva o día 14 de cada mes ou o anterior hábil, se aquel coincidise con domingo ou festivo.

A empresa fará efectivos os salarios correspondentes mediante transferencia bancaria domiciliada. Esta comprométese a que a listaxe de transferencias esteña en poder do banco co que ela traballa, polo menos, un día antes da data de pagamento.

Non obstante, o persoal terá dereito a percibir, se o solicita, un anticipo mensual que non poderá exceder do 90% dos salarios xerados. O pagamento farase efectivo o día 28 de cada mes, ou o anterior hábil se aquel coincidise con domingo ou festivo, efectuándose o aboamento como na actualidade.

ARTIGO 31.- PRÉSTAMOS

Créase un fondo de préstamos sen xuro de sete mil euros, a disposición dos traballadores e traballadoras

31.1 Regulamento

a) A súa contía por traballador/a será, como máximo, o equivalente a dous meses do seu salario base do convenio.

b) A devolución efectuarase en doce fraccións iguais, coincidentes coas mensualidades dos doce meses naturais seguintes á súa percepción.

c) O vencemento da débeda, en caso de termo da relación laboral, producirase de forma automática e na totalidade da contía o pendente no mesmo momento de se producir aquela.

d) Os préstamos previstos neste apartado terán un límite máximo de cartos en circulación para o conxunto dos traballadores/as afectados no convenio de 7.000 euros.

e) Mensualmente, a comisión paritaria facilitará ao conxunto dos traballadores/as información relativa ao

estado de amortizacións e novas peticións.

31.2. Obxecto e ámbito de aplicación

O obxecto e ámbito de aplicación deste regulamento consiste en regular os préstamos establecidos no artigo n.º 31 do convenio colectivo e que esta empresa outorga ao seu persoal consonte a seguinte normativa.

31.3 Solicitude, forma e motivos

A solicitude de petición deberá dirixirse á comisión paritaria (empresa/comité de empresa). Esta comisión formarana as mesmas persoas que as do fondo asistencial, facendo constar na dita solicitude o seguinte:

a) Identidade do solicitante.

b) Circunstancias dos familiares que permanentemente convivan con el.

c) Circunstancias persoais referidas á petición.

d) Outros datos que o peticionario considere de interese, para identificar e xustificar o obxecto que vai adquirir ou gasto que realizará, facturas, orzamentos, etc., que fundamenten a petición do préstamo.

31.4 Requisitos e preferencias para a súa concesión

Os traballadores/as, ante unha necesidade debidamente xustificada, poderán solicitar un préstamo cuxa contía non poderá exceder de dúas mensualidades do seu salario base de convenio

Os requisitos e preferencias serán os seguintes:

a) A quen nunca se lle outorgou outro préstamo.

b) Existencia dalgunha enfermidade, ben do traballador, ben dalgún membro da familia que habitualmente conviva con el e orixine gasto extraordinario.

c) Reparacións necesarias para a normal conservación e utilización da vivenda.

d) Reformas importantes na vivenda, por aumento de familiares a cargo do empregado. Adquisición de enxoval para aquela.

e) Axuda económica necesaria para efectuar a titulación oficial da vivenda habitual mediante escritura pública.

f) Persoal solteiro que vaia contraer matrimonio nun prazo máximo non superior a tres meses, contados a partir da data de petición.

g) Por bautizo, comuñón ou matrimonio dun fillo/a.

h) Traballadores/as con aumento de familiares ao seu cargo.

i) Traballadores/as con menor poder adquisitivo.

j) Traballadores/as que realicen o segundo ou sucesivos equipamentos da súa vivenda e que non teña pendente de reintegro ningún préstamo coa empresa.

k) Ser desaloxados da vivenda habitual que ocupa por algunha causa allea á propia vontade e ter que axeitar o enxoval.

l) Outras circunstancias imprevistas que, a criterio da comisión paritaria, motiven dificultades económicas importantes ao traballador/a.

31.5 Fondo, contía do crédito e amortizacións

De conformidade co artigo 31 do convenio colectivo, establécese un fondo de 7.000 euros. Igualmente, o importe máximo do préstamo que se conceda será o equivalente a dous mensualidades do seu salario base do convenio que figura na táboa salarial do citado convenio.

O prazo máximo de amortización será de doce pagamentos consecutivos, dentro dun ano, contado a partir do mes seguinte ao da data da súa concesión, sen que se acumule xuro ningún. Non se poderá solicitar de novo ata non ter liquidado totalmente o anterior.

31.6 Obrigas do traballador

O traballador/a deberá entregar á comisión paritaria unha copia do documento que xustifique o gasto que realice.

O traballador/a deberá destinar o préstamo, única e exclusivamente, para o uso ao que se lle autorizou.

A comisión paritaria obrigará a amortizar anticipadamente o préstamo nos seguintes casos:

a) Por falsidade dalgún dos datos solicitados.

b) De existir manifesto incumprimento das normas establecidas no regulamento.

c) Por extinción da relación laboral coa empresa.

ARTIGO 32.- INCREMENTO SALARIAL

Sobre todos os conceptos que integran as táboas salariais, salvo para aqueles para os que se estableza unha subida distinta, aplicaranse os seguintes incrementos:

- 2017: as táboas finais do ano 2016 veranse incrementadas nun 2,5%.

- 2018: as táboas finais do ano 2017 veranse incrementadas nun 2,5%

- 2019: as táboas finais do ano 2018 veranse incrementadas nun 3%.

REVISIÓN TÁBOAS SALARIAIS

Salvo para aqueles conceptos que teñan un incremento distinto ao indicado neste artigo, acórdase unha revisión si o IPC do ano de que se trate superase o 2,25% e cuxa efectividade terá lugar a partir do 1 de xaneiro de cada unha das anualidades.

Artigo 33.- Premios a xubilación

Recoñécese un permiso retribuído, en función dos anos de antigüidade na empresa á data de xubilación:

- Entre 20 e 25 anos de antigüidade: 5 días laborais de permiso retribuído. - Entre 25 e 30 anos de antigüidade: 10 días laborais de permiso retribuído. - 30 ou máis anos de antigüidade: 15 días laborais de permiso retribuído.

DISPOSICIÓNS FINAIS

DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA: COMISIÓN DE INTERPRETACIÓN E VIXILANCIA

1. Ao obxeto de velar polo cumprimento do Convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a presente comisión paritaria composta por 3 membros designados por cada unha das partes, empresarial e social, coas funcións que se especifican nos apartados seguintes:

Representación da empresa:

D. Luis Fanego Vidarte

D. José Ferreira García

D.ª Natalia Redondo Canal

Representación dos traballadores/as:

D. Pablo Iñigo Espiga

D. Enrique Jose Rocha Perez

D. Gonzalo Pardo Fernández

Reunirase a petición de calquera das partes, e previa convocatoria do Presidente da mesma nun prazo máximo dunha semana dende a súa convocatoria; con excepción de que algún dos membros titulares da comisión se atope de viaxe por razóns de traballo, en cuxo caso celebrarase a reunión de inmediato ó seu regreso. Poderán asistir os asesores que estimen oportunos cada unha das partes.

O cargo de Presidente será rotatorio por períodos de seis meses en cada unha das partes.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisión paritaria reunirase sempre que o estime necesario unha das partes, e a convocatoria será asinada pola totalidade dos membros da parte solicitante.

Desígnase como sede da comisión paritaria a do centro de traballo (Carretera de Acceso Alcoa s/n. San Cibrao, Cervo)

4. Funcións da comisión paritaria:

a) Vixianza e seguimento do cumprimento deste convenio, e para entender daquelas cuestións establecidas na lei e de cantas outras lle sexan atribuídas, así como para coñecer e, no seu caso, resolver, sobre as materias que se lle encomendan neste convenio e sobre as que, en acordos posteriores póidanselle atribuír.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que, por norma legal, podan corresponder ós organismos competentes.

d) A instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, no seu caso, e previo acordo das partes e a solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflitos de carácter colectivo ou individual poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

e) Cantas outras funcións tendan a maior eficacia práctica do presente convenio ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

5. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela adoptarán a forma escrita, e o seu contido será suficiente para que se poida examinar e analizar o problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

b. Exposición sucinta e concreta do asunto.

c. Razóns e fundamentos que entenda que asistan ó propoñente.

d. Proposta e petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito proposta xuntaráselle cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

6. A comisión poderá recabar, por vía de ampliación, canta información ou documentación se estime pertinente para unha máis completa información do asunto; para este efecto, nos asuntos de carácter ordinario concederáselle ó propoñente un prazo que non poderá exceder de catro días hábiles.

Os asuntos sometidos á comisión paritaria revestirán o carácter de ordinarios ou extraordinarios; por regra xeral terán a condición de extraordinarios todos aqueles asuntos que teñan establecido un prazo determinado na lei para o seu exercicio administrativo e/ou xurisdicional.

Nos ordinarios, a comisión paritaria deberá resolver no prazo de 10 días; nos extraordinarios, resolverá no prazo máximo de tres días hábiles.

7. A comisión, una vez recibido o escrito proposta, disporá dun prazo non superior a 10 días para resolvela cuestión formulada ou, se iso non fose posible, emitilo oportuno ditame. Transcorrido dito prazo sen se producir resolución nin ditame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdicional competente.

8.

9. Os acordos adoptados pola comisión paritaria serán vinculantes e de obrigado cumprimento para ambas as partes, sen que isto poida coartar o dereito de calquera traballador que considere lesionados os seus dereitos a que poida reclamar pola vía que considere oportuna.

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA: NORMATIVA COMPLEMENTARIA

Para o non previsto neste convenio, rexerá o disposto na derrogada ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, Estatuto dos Traballadores e demais disposicións legais vixentes.

DISPOSICIÓN FINAL TERCEIRA: ACORDO DE FORMACIÓN CONTINUA

Durante a vixencia deste convenio, as representacións que o asinan establecerán un calendario de reunións co fin de regular un sistema de formación profesional continuo ou o sistema que o substitúa, que afectará a todos os traballadores e traballadoras encadrados no seu ámbito de aplicación, e que permita mellorar os seus coñecementos profesionais e a capacidade produtiva dos seus métodos de traballo.

Disposición final cuarta: Resolución extraxudicial de conflitos

As partes firmantes do Convenio Colectivo acordan adherirse ao ACORDO INTERPROFESIONAL GALEGO SOBRE PROCEDEMENTOS EXTRAXUDICIAIS DE SOLUCION DE CONFLITOS DE TRABALLO (AGA) e aos que puidesen substituírlle durante a vixencia deste Convenio, comprometéndose a someter as controversias, tanto colectivas como plurais, que se produzan entre as partes afectadas polo presente Convenio aos procedementos de mediación e arbitraxe ante o Servizo de Solución Extraxudicial de Conflitos, regulado en devandito acordo e o seu regulamento de funcionamento, nos termos establecidos no mesmo.

Disposición final quinta: Clasificación profesional.

Todos os traballadores afectados por este Convenio, quedarán adscritos a un determinado grupo profesional.

Debido a que a implantación deste sistema de clasificación profesional supón unha alteración substancial do anterior método baseado en categorías profesionais, acórdase constituír unha Comisión Técnica Paritaria formada por 3 representantes dos traballadores e 3 representantes da empresa, encargada de adecuar e implantar, durante a vixencia do presente Convenio, o novo sistema de clasificación profesional, así como elaborar a descrición dos postos de traballo.

Esta comisión constituirase como moi tarde durante o primeiro trimestre do 2018, empezando inmediatamente cos traballos de clasificación e descrición.

En todo caso, os acordos da comisión técnica paritaria terán que contar co visto bo da comisión paritaria de interpretación e vixianza.

DISPOSICIÓN FINAL SEXTA: PARELLAS DE FEITO

As referencias feitas neste convenio ao cónxuxe ou esposa, entenderanse feitas ao compañeiro/a que, en situación estable e acreditada no rexistro correspondente, conviva co traballador/a.

DISPOSICIÓN FINAL SÉTIMA: REVISIÓN INCAPACIDADE PERMANENTE.

Os traballadores que causen baixa na empresa como consecuencia do recoñecemento dunha incapacidade permanente, e esta quedara sen efecto por melloría mediante resolución administrativa ou sentencia xudicial firme, sempre que foran declarados aptos polos servizos médicos oficiais, a empresa procedería á súa contratación de existir vacante no seu posto de traballo ou noutro calquera para o cal estivera capacitado, asignándolle neste derradeiro caso a categoría profesional correspondente ás novas funcións, e recoñecéndolle a prioridade para ocupar a primeira vacante que se propuxera da categoría e especialidade que tiña antes do seu cese. De producirse unha vacante nunha categoría superior á inicialmente asignada ó traballador, pero inferior á que ostentaba no momento no que se lle recoñeceu a incapacidade,este terá prioridade para ocupala, repetíndose o proceso ata acadar a súa categoría no momento da incapacidade.

Se dita alta fose con restricións, a empresa comprométese , sempre que fose posible, a adaptar as condicións de traballado as novas condicións físicas e intelectuais do traballador.

ACTA COMPLEMENTARIA AO CONVENIO COLECTIVO 2017 A 2019 DA EMPRESA COLABORACIONES TECNICAS LECTRICAS, S.A. PARA O SEU CENTRO DE TRABALLO DE SAN CIBRAO

ARTIGO 1 -. Xornadas irregulares

Ante a complexidade dos traballos a realizar, se para dar a resposta necesaria fose preciso establecer xornadas irregulares, establécense as seguintes regras:

Xornada continuada

Naqueles casos claros en que se constate que un traballador/a vai ter exceso de horas normais a fin de ano, como por exemplo pasar esporadicamente de xornada normal a quendas e estas quendas coinciden coas datas da xornada continuada, apuntaráselle 7+1 se se trata de luns a xoves ou 6+2 se é venres, co fin de non esperar á regularización de fin de ano.

En xornada partida,por pasar esporadicamente de xornada normal a quendas non se descontará ao traballador/a a diferenza de xornada.

Aquel traballador que por causas extraordinarias se incorporase á xornada normal e deba continuar ata a 01 horas, terá gañada a xornada seguinte.

Paradas de unidade e outros traballos en Planta

Nestas paradas ou outros traballos nos que un operario pasa a desempeñar quenda, mentres duren as tarefas indicadas, recoñecen ambas as partes que, traballando a quendas durante seis días consecutivos, corresponden tres días de descanso. Igual criterio seguirase cando se encadeen os 5 días da xornada semanal con algunha quenda.

Destes tres días, dous deles gozaranse finalizado o ciclo de seis días. O terceiro considerarase de libre disposición, podendo aproveitarse na data que o traballador/a elixa, sempre que o comunique ao seu mando con, polo menos, 48 horas de antelación ao día que desexe gozalo. Concederase sempre que non implique problemas para o correcto funcionamento do servizo.

Nestes labores de paradas de unidade e outros traballos en planta, os traballadores/as non poderán traballar máis de sete días consecutivos e en todos os casos mediarán 12 horas de descanso entre xornadas

Se ao rematar os traballos non se cumpriu o ciclo de seis días, os descansos serán proporcionais aos días traballados en quendas. Se pola contra se traballasen 7 días consecutivos, sumaranse aos 3 días de descanso, a parte proporcional do 7º día.

Valoración de xornada para un operario/a que se incorporou á xornada normal, mándaselle interromper esta e vir noutro horario

Neste caso, con independencia das horas que traballe, aboaráselle a xornada normal completa.

De se lle ordenar que interrompa a xornada despois das 11 da mañá, retribuiranse ao prezo de extraordinarias todas as horas que fixese despois das 11 h e ata que se lle mandou interromper a xornada.

Igualmente, retribuiranse ao prezo de horas extra as que efectúe na nova xornada do día en que se lle mandou interromper a súa xornada normal.

Chamadas de urxencia para persoal que non está de retén:

O persoal que sexa chamado para unha urxencia fóra da xornada ordinaria, percibirá a cantidade de 25,30 € tanto en día laboral como en fin de semana e/ou festivo, ademais de 0,20€ por km ida/volta desde o seu domicilio sempre que o traballador use o seu vehículo propio. A súa asistencia será voluntaria.

Sempre que esas horas de traballo coincidan co horario de xantar ou cea, a empresa aboará dito xantar ou cea.

Para os anos 2018 e 2019 este concepto terá un incremento de 2,5 € para cada un dos anos.

Cambio a quendas/inicio da xornada.

Se por necesidades do servizo, fora preciso levar a cabo modificacións de xornada tales como cambios a quendas de traballo e/ou do inicio de xornada, a Empresa avisará, na medida do posible aos traballadores afectados coa antelación mínima de cinco días establecida no artigo 34 E.T. Se non se cumprise este prazo compensarase ao traballador/a segundo a seguinte táboa, sendo voluntaria a súa asistencia:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

O cómputo de días será ata as 24 h do día seguinte.

Para os anos 2018 e 2019, aplicarase o incremento salarial pactado.

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

El salario anual es la retribución total pactada, supuesta una plena presencia El salario mensual es el promedio obtenido de dividir entre 12 meses el salario anual El salario diario es el resultado de dividir por 30 el salario mensual por lo que se refiere a los conceptos Salario Base, Antigüedad, Turnicidad y Plus J.Equipo y por 21 el resto de los conceptos retributivos de carácter mensual

R. 0564