C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. (27000022011981) de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 2700022
  • Código Nuevo: 27000022011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 57 del 11/03/2011

    Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. Revision salarial do convenio colectivo para a empresa AGLOMERADOS ECAR SA AGLOMERADOS ECAR, S.A. Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. (27000022011981) de Lugo Preambulo Visto o acordopara a revisión salarial do convenio colectivo para a empresa AGLOMERADOS ECAR SA, asinadoo día 27 de xaneirode

  • Código: 2700022
  • Código Nuevo: 27000022011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 226 del 30/09/2010

    Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. Revision do convenio colectivo para a empresa Aglomerados Ecar, S.A. da provincia de Lugo (Codigo 2700022) AGLOMERADOS ECAR, S.A. Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. (27000022011981) de Lugo Preambulo RELACIONS LABORAIS CONVENIOS COLECTIVOS Exp. 024-2007 (Código 2700022) Visto o acordo para a revisión do convenio colectivo pa

  • Código: 2700022
  • Código Nuevo: 27000022011981
  • Tipo: Empresa
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 39 del 26/02/2008

    ...Convenio Colectivo de Empresa de AGLOMERADOS ECAR, S.A. (27000022011981) de Lugo ESTA DELEGACIÓN PROVINCIAL, ACORDA: PRIMEIRO: Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta D... ...Salario base... ...Depósito de convenios colectivos...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para a empresa "AGLOMERADOS ECAR, S.A.", da provincia de Lugo (Codigo 2700022) Convenio afectado por 11/12/2007 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2007 Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para a empresa "AGLOMERADOS ECAR, S.A.", da provincia de Lugo (Codigo 2700022) 11/12/2007 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2007
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision Revision salarial do convenio colectivo para a empresa AGLOMERADOS ECAR SA 11/03/2011 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2011 Documento oficial en PDF
Revision Revision do convenio colectivo para a empresa Aglomerados Ecar, S.A. da provincia de Lugo (Codigo 2700022) 30/09/2010 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2009 Documento oficial en PDF
Revision Revision das taboas salariais para o ano 2008 do convenio colectivo para a empresa "AGLOMERADOS ECAR S.A.", da provincia de Lugo (Codigo 2700022) 26/02/2008 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2008

Convenio colectivo para a empresa "AGLOMERADOS ECAR, S.A.", da provincia de Lugo (Codigo 2700022) (Boletín Oficial de Lugo núm. 239 de 11/12/2007)

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa "AGLOMERADOS ECAR, S.A.", da provincia de Lugo, asinado o día 31 de outubro de 2007, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTA DELEGACIÓN PROVINCIAL, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 2 de novembro de 2007.- O DELEGADO PROVINCIAL, José Miguel Vázquez Calvo.

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA

AGLOMERADOS ECAR, S.A.

(Anos 2007-2008)

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.- Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afectará a todos os traballadores da empresa AGLOMERADOS ECAR, S.A., dedicada á fabricación de módulos e compoñentes, ou aos que durante a vixencia deste puidesen establecer relación laboral coa empresa Aglomerados ECAR, S.A, sen outras excepcións que as contempladas na Lei.

Durante a vixencia deste convenio este non resultará afectado polo que poida ser disposto en convenio de ámbito distinto.

Artigo 2º.- Ámbito temporal e de vixencia.

O presente convenio terá vixencia a partir do día do seu asinamento, retrotraéndose os seus efectos salariais ao 01.01.07 e prolongándose ata o 31.12.08.

Manteranse vixentes todas as súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte convenio.

Así mesmo o presente convenio deberá denunciarse con antelación ao seu vencemento, comprometéndose ambas as partes a constituíren a Mesa de Negociación no mes seguinte á súa denuncia.

Artigo 3º.- Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas, no seu conxunto, en cómputo global.

Artigo 4º.- Compensación e absorción.

As melloras e normas contidas no presente Convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas para o persoal que as establecidas polas disposicións vixentes. Consideraranse absorbidas nas condicións económicas que con carácter persoal e en cómputo anual excedan as fixadas neste convenio.

Duración do contrato e modalidades de contratación.

Artigo 5º.- Período de proba.

Poderase concertar por escrito un período de proba que en ningún caso excederá de:

a) Técnicos titulados superiores: 6 meses.

b) Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: 2 meses.

c) Persoal de oficio e auxiliar administrativo: 1 mes.

d) Resto do persoal: 20 días.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ao posto de traballo que desempeñe, coma se fose de plantilla, agás os derivados da resolución laboral que se poderá producir a pedimento de calquera das partes durante o seu transcurso.

Artigo 6º.- Contratación e emprego.

1. Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, acomodaranse ao disposto na normativa aplicable, e en particular ao disposto no Convenio Estatal da Madeira, que establecerá a duración máxima dos devanditos contratos e, se é o caso, o réxime de indemnización por extinción destes.

2. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade terán a referencia expresa ao artigo do Convenio Estatal da Madeira que regula o réxime xurídico convencionalmente establecido para os contratos eventuais, ao que ambas as partes se remiten expresamente.

Artigo 7º.- Contratos de aprendizaxe e prácticas.

Os traballadores con contrato de aprendizaxe realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.

Queda absolutamente prohibido que os mesmos realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.

En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.

Unha vez superada a aprendizaxe e previo exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial resultante da citada proba.

O aprendiz percibirá o 70, 80 ou 90% do salario do oficial de 1ª, o 1º, 2º e 3º ano do contrato respectivamente.

A retribución do traballador contratado en prácticas será a establecida en convenio para a categoría profesional que desempeñe, acordándose entrambas as partes a incorporación aos postos de produción realizarase na categoría de axudante ata o remate do período de prácticas.

Ao remate do período temporal máximo legalmente contemplado para este contrato, e en caso de continuar o traballador coa prestación laboral, a empresa comprométese á súa conversión do seu contrato en indefinido, que terá como obxecto o desempeño dos labores para as que foi formado, quedando prohibido seu encadeamento con outras modalidades de contratos a tempo determinado.

Artigo 8º.- Xubilación parcial e contrato de substitución.

De conformidade co pactado no acordo entrambas as partes con data do 8 de marzo de 2004, a empresa comprométese á aplicación da normativa vixente sobre xubilación parcial e o contrato de substitución (R.D. 1131/2002), atendendo as solicitudes que sexan formuladas voluntariamente polos traballadores.

Para iso, segundo o disposto no art. 12 de Estatuto dos Traballadores (R.D. Lex. 1/1995 do 24 de marzo), nos supostos en que un traballador, de común acordo coa empresa, decida reducir a súa xornada de traballo e o salario entre un 25 e un 85%, sempre que cumpra os requisitos para ter dereito á prestación e cumpra os 60 anos, a empresa concertará un contrato de substitución que cubra, polo menos, a xornada deixada vacante polo traballador xubilado parcialmente.

As partes asinantes pactan no presente convenio que, de calquera xeito, a idade máxima para traballar será a de sesenta e cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 9º.- Clasificación profesional.

Segundo a actividade que desempeña na empresa o persoal afectado polo presente convenio, clasificarase de conformidade cos seguintes grupos profesionais, que pola súa vez comprenden as categorías profesionais que se relacionan a seguir:

a) Persoal operario: Aprendiz - Peón Especialista -Axudante - Oficial 2ª - Oficial 1ª - Xefe de Equipo - Encargado de Sección - Encargado Xeral.

b) Persoal subalterno: Pesador/basculeiro -Almaceneiro - Chofer Turismo Garda - Chofer Mecánico.

c) Persoal administrativo: Aprendiz - Auxiliar Administración - Oficial de Segunda - Oficial de Primeira - Xefe Administrativo.

d) Persoal técnico: Analista - Delineante - Xefe de Taller - Técnico Proxectista - Titulado Grao Medio - Licenciado/Enxeñeiro - Vendedor.

Artigo 10º.- Postos vacantes, de nova creación e ascensos.

Os postos de traballo vacantes e nova creación serán cubertos pola empresa dando prioridade absoluta ao persoal de guía que supere as probas establecidas ao obxecto, para os efectos de facilitar a promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de mando. A empresa activará unha política de promoción e ascensos na que se establecerán sistemas de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: Antigüidade, historial profesional, superar as probas que se poñan para tal fin, etc.

Artigo 11º.- Extinción do contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

A extinción de contratos fundada en causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción regularanse polo disposto nos artigos 51, 52 e concordantes do Estatuto dos Traballadores.

Organización do traballo e mobilidade funcional

Artigo 12º.- Organización do traballo.

A organización do traballo de acordo co prescrito neste convenio e na lexislación vixente é facultade e responsabilidade da Dirección da Empresa.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo anterior, os representantes dos traballadores terán competencias de orientación, proposta, emisión de informes, etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 13º.- Mobilidade funcional.

1. A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exercer a prestación laboral e pola pertenza ao grupo profesional. A falta de definición de grupos profesionais, a mobilidade funcional poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes.

2. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ao grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade produtiva. En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe. O empresario deberá comunicar esta situación aos representantes dos traballadores, notificando:

- Causas que motivan o cambio.

- Nome dos traballadores afectados e destino.

- Duración estimada dos traslados.

3. A mobilidade funcional efectuarase sen mingua da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, agás nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invocar as causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

4. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamar o ascenso, se a iso non obsta o disposto en convenio colectivo ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme ás regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclamar a diferenza salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e previo informe do Comité ou, se é o caso, dos Delegados de persoal, o traballador poderá reclamar diante da xurisdición competente.

5. O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometemento ás regras previstas para as modificacións substanciais de condicións de traballo.

Artigo 14º.- Modificacións substanciais das condicións de traballo.

A) Terán a consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten ás seguintes materias:

a) Xornada de traballo.

b) Horario.

c) Réxime de traballo a quendas.

d) Sistema de remuneración.

e) Sistema de traballo e rendemento.

f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional prevé o artigo 39 desta Lei.

Con respecto a esta materia, estarase ao disposto no artigo 41 do Estatuto dos Traballadores.

B) Modificacións nas quendas de traballo.

Ambas as partes conveñen na necesidade de establecer un sistema que permita unha adaptación flexible aos requirimentos produtivos e aos derivados das innovacións tecnolóxicas que se poidan implantar na empresa, tendo en conta, así mesmo, os prexuízos económicos que se poidan derivar aos traballadores pola modificación do seu réxime de traballo.

Con fundamento no principio anteriormente exposto, e sen prexuízo da apertura de período de consultas co comité de empresa, nas condicións reguladas para as modificacións de carácter colectivo, no que a empresa informará e analizaranse as causas que motivan a modificación e os traballadores que resulten afectados, subscribirase un acta de acordo, na que se faga constar os extremos indicados, e os termos en que terá efectos, sempre que se garantan as compensacións que se detallan a seguir.

1) Cambio de réxime de vez de carácter definitivo.

Naqueles supostos en que a modificación de condicións proposta, supoña un cambio no réxime de vez no que o traballador viña prestando servizos, que implique unha mingua na súa retribución, por diferenza entre as contías dos pluses a percibir, a empresa garantirá unha indemnización pola diferenza de haberes, de conformidade co que se establece nos parágrafos seguintes.

Esta compensación aboarase unicamente a aqueles traballadores fixos en guía, e en función do tempo en que veñan prestando servizos no réxime de vez que ten asignada unha retribución superior, aplicando a escala seguinte referida a diferenzas retributivas:

- Catro ou máis anos: 24 meses.

- Máis de tres anos: 12 meses.

- Mas de 1 ano ininterrompido ou 14 meses en dous anos: 6 meses.

Esta indemnización, que non terá carácter salarial, aboarase en dous prazos no primeiro suposto. O primeiro deles, por importe dunha anualidade, no mes en que se produza a mudanza de réxime de vez, e o segundo unha vez transcorrido un ano natural. Nos dous supostos restantes, a indemnización aboarase dunha soa vez no mes en que se produza a modificación.

2) Modificación de réxime de quenda por necesidades produtivas:

No caso de que a medida proposta, non vaia producir efectos con carácter indefinido, e veña motivada por situacións circunstanciais do mercado, que afecte a unha sección ou grupo de traballadores, poderase modificar o réxime de quenda, previa apertura dun período de consultas de sete días co comité de empresa, e sen prexuízo da executividade da decisión da empresa, para permitir unha rápida adaptación da produción á demanda do mercado.

Ao igual que no número anterior, se como consecuencia deste se producise unha mingua na retribución, manterase a subscrición dos pluses que se viñan percibindo durante o período no que se prolongue a situación, co máximo dunha anualidade, tempo límite no que a empresa se compromete a comunicar, aos afectados e ao Comité de Empresa, se se volve á quenda orixinaria ou se consolida o novo réxime de quenda.

No suposto en que a situación se consolide, e polo tanto a modificación do réxime de quenda vaia ter carácter definitivo, rexerase polo disposto no número anterior, entendéndose percibidas, a conta da indemnización que corresponda, un máximo de seis mensualidades de complemento de plus, percibidas desde que se produciu a modificación da vez de traballo.

As condicións para cobrar a indemnización teñen que cumprirse á data en que se produce a modificación inicial do réxime de quenda.

3) No caso de que o cambio de réxime de quendas implique unha retribución superior, por aplicación dos pluses correspondentes, non haberá lugar a indemnización ou compensación.

Tempo de traballo

Artigo 15º.- Xornada laboral.

1. Duración da xornada.

A duración da xornada de traballo efectivo para todas as modalidades de traballo reguladas no presente Convenio será de 1.755 horas no ano 2007 e de 1.750 horas no ano 2008.

2. Calendarios de traballo.

A empresa, previa consulta cos representantes dos traballadores, confeccionará os calendarios de traballo anual, antes do comezo de cada ano natural e unha vez publicada a relación de festivos oficiais.

Os calendarios poderán ser obxecto de modificación durante o ano, cando resulte necesario por razóns de carácter técnico, económico ou produtivo, as cales se poñerán en coñecemento do Comité de Empresa con anterioridade á modificación, para os efectos de que realice as propostas e alegacións que estime oportunas. En todo caso, respectarase a xornada anual establecida.

3. Cómputo de xornada.

A xornada de traballo na empresa ten as seguintes modalidades:

· Xornada partida: Na modalidade de xornada partida traballarase a razón de oito horas diarias de traballo efectivo de mañá e tarde, cunha interrupción mínima da xornada ao mediodía dunha hora e media.

· Xornada continuada a quendas: Na modalidade de xornada continuada a quendas de oito horas, os traballadores terán dereito ao aproveitamento dun descanso de trinta minutos en cada xornada, que non terá a consideración de traballo efectivo.

A partir do ano 2008, o descanso en cada xornada continuada a quendas será de vinte minutos, que non terán a consideración de traballo efectivo.

4. Distribución da xornada anual.

A xornada anual de traballo establecida no número primeiro deste artigo, será obxecto de distribución ao longo do ano, de conformidade cos criterios establecidos para cada un dos sistemas de traballo que se detallan a seguir respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso diario e semanal legalmente establecidos.

4.1.- Xornada partida: A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres realizando oito horas diarias de traballo.

Os traballadores asignados a este réxime de xornada partida, os venres comprendidos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, traballarán exclusivamente de mañá, a razón de cinco horas de traballo efectivo.

4.2. Dúas quendas diarias con dúas quendas de persoal. Este sistema de traballo de dúas quendas diarias de produción realizarase de luns a venres a razón de oito horas de traballo en cada quenda.

O persoal que estea realizando a quenda de mañá traballará os sábados de mañá necesarios para completar a xornada anual de traballo efectivo establecida no presente convenio.

4.3. Dúas quendas diarias con cinco quendas de persoal (dúas e media).

Neste sistema de traballo prestaranse servizos en réxime de dúas quendas diarias de luns a venres e os sábados de mañá, a razón de oito horas, permitindo manter a actividade de forma continuada durante os doce meses do ano de luns a sábado pola mañá.

Establécese un réxime de funcionamento segundo 5 medias quendas, que van gozando sucesivamente das vacacións anuais e descansos durante o ano, por medias quendas.

O ciclo de traballo será de cinco semanas, traballando alternativamente de mañá e tarde durante catro semanas, pasando a quinta semana á denominada semana de “axuste”.

Cando os traballadores estean na quenda de mañá, prestarán servizos de luns a sábado, facéndoo de luns a venres nas semanas de tarde e de axuste.

Durante os días denominados de “axuste” compensaranse os posibles excesos ou defectos de cómputo que poidan producirse, establecéndose días de aproveitamento de vacacións ou descansos compensatorios, ou ben realizaranse as xornadas de traballo necesarias para cumprir coa xornada anual.

Nos axustes determinados como días de traballo prestaranse servizos quendas de mañá ou tarde.

Así mesmo, acórdase que os traballadores que estean nos días de axuste determinados como de traballo substituirán os traballadores ausentes por baixas, permisos, licenzas etc.

En calquera caso, as substitucións de ausencias que teñan que cubrir os traballadores en días de axuste, realizarase respectando o descanso mínimo entre xornadas legalmente establecido.

4.4. Tres quendas diarias con tres quendas de persoal. O sistema de traballo de tres quendas diarias de produción realizarase de luns a venres a razón de oito horas de traballo en cada vez.

O persoal que estea realizando a vez de mañá traballará os sábados de mañá necesarios ata completar a xornada anual de traballo efectivo.

4.5. Tres quendas diarias con tres de persoal máis correquendas (tres e media). Neste sistema de traballo prestaranse servizos en réxime de tres quendas diarias de luns a venres, e os sábados de mañá en quendas de oito horas.

Mantense o ciclo de traballo de tres semanas para as quendas completas, incorporando unha correquenda, que permite que o resto das quendas gocen sucesivamente das vacacións e descansos durante todo o ano por medias quendas.

Cando os traballadores estean na quenda de mañá prestarán servizos de luns a sábado, facéndoo de luns a venres nas semanas de tarde e de noite.

4.6. Tres quendas diarias con cinco quendas de persoal. Este sistema de traballo permite cubrir as tres quendas diarias de mañá, tarde e noite, garantindo a continuidade de produción durante todos os días do ano, a excepción dos días determinados como parada de produción, que se recollen no artigo 16 nº 3.

Establécese un ciclo de traballo de cinco semanas, que comezando en luns, ten o desenvolvemento seguinte: 7 traballo - 2 descansos - 7 traballo - 2 descansos - 7 traballo - 3 descansos - 5 axuste - 2 descansos.

Durante os días denominados de “axuste” compensaranse os posibles excesos ou defectos de cómputo que poidan producirse, establecéndose días de aproveitamento de vacacións ou descansos compensatorios, ou ben realizaranse as xornadas de traballo necesarias para cumprir coa xornada anual.

Nos axustes determinados como días de traballo, prestaranse servizos, con carácter xeral, en quendas de mañá ou tarde, sen que poidan establecerse no calendario anual axustes de traballo en día festivo.

Así mesmo, acórdase que os traballadores que estean nos días de axuste determinados como de traballo, substituirán os traballadores ausentes por baixas, permisos, licenzas etc., tentando establecer un sistema de reparto equitativo entre os traballadores en axuste.

En calquera caso, as substitucións de ausencias que teñan que cubrir os traballadores en días de axuste, realizarase respectando o descanso mínimo entre xornadas legalmente establecido.

Cando por necesidades da empresa os traballadores realicen quenda de noite na semana de axuste, se ao día laborable seguinte de finalizar as noites está determinada en calendario unha xornada de traballo en axuste de mañá ou tarde, terá a consideración de non laborable e non recuperable.

4.7. Tres quendas diarias con cinco quendas de persoal continuado.

Este sistema de traballo permite cubrir os tres quendas diarias de mañá, tarde e noite, garantindo a continuidade de produción durante todos os días do ano, sendo o seu réxime de traballo igual ao descrito no número anterior, a excepción dos días de parada de produción, que por necesidades de continuidade no servizo non se gozarán neste réxime de traballo.

Este sistema de traballo aplicarase exclusivamente á sección de báscula-vixilancia.

Artigo 16º.- Festivos e paradas de produción.

1. Festivos oficiais:

Os traballadores que presten os seus servizos nos sistemas de traballo de xornada partida, dúas quendas e tres quendas, dúas quendas e media, tres quendas e media, contemplados nos números 4.1 - 4.2 – 4.3 - 4.4 - 4.5, do artigo anterior, gozarán dos festivos establecidos no calendario oficial na súa data.

Terán, así mesmo, para estas modalidades de xornada a consideración de días non laborables, os días 24 de xullo, 24 de decembro e 31 de decembro. Esta disposición entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2008.

Para as modalidades de xornada de dúas quendas e media, e tres quendas e media, os sábados precedidos de festivo non se fixarán en calendario como día laborable, sen prexuízo de analizar as necesidades da Sección de Carga, a fin de garantir a saída de produtos e o cumprimento dos compromisos de servizo.

2. Paradas de fabricación:

Para o sistema de traballo en continuo de tres quendas con cinco de persoal, regulado no número 4.6 do artigo anterior, establécense oito días de parada de fabricación no ano, de acordo coas disposicións seguintes:

Seis días gozaranse nas seguintes datas: 24 e 25 de xullo - 24 e 25 de decembro - 31 decembro e 1 de xaneiro.

Os dous días restantes determinaranse no Calendario de traballo sen que, en ningún caso, no conxunto do ano se poidan superar catro períodos de parada de produción.

Así mesmo, establécese un período mínimo de parada de produción de dous días consecutivos, a fin de evitar prexuízos no réxime de fabricación.

3. Compensacións do réxime de cinco quendas continuado:

Este réxime de traballo regula un sistema de traballo en continuo durante todos os días do ano, de xeito que non se gozarán dos días de parada establecidos no número anterior.

Como compensación polo traballo nas festividades do Nadal, ambas as partes acordan que os traballadores que presten servizos en calquera das quendas dos días do Nadal que a seguir se detallan, perciban as seguintes compensacións económicas que para o ano 2007 se fixan no cadro seguinte:

DÍAS

MAÑÁ

TARDE

NOITE

24 de decembro

-

37,68

131,88

25 de decembro

113,03

131,88

37,68

31 de decembro

-

37,68

131,88

1 de xaneiro

131,88

113,03

37,68

En todo caso, o traballo durante as paradas de produción establecidas para o resto de sistemas de traballo, terá carácter ordinario e realizarase con cargo ao cómputo anual de horas ordinarias sen que, polo tanto, teña a consideración de traballo extraordinario para este réxime de traballo.

Vacacións licenzas, maternidade e paternidade

Artigo 17º.- Vacacións.

1. A empresa confeccionará o calendario no primeiro trimestre do ano, notificándoo ao Comité e exhibíndoo no taboleiro de anuncios. Contra este calendario poderase reclamar diante da empresa no prazo de 15 días.

2. A duración das vacacións para o persoal vinculado ao presente convenio colectivo será de 30 días naturais, debendo gozar como mínimo de 20 días de forma continuada no período estival, comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

O resto de días de vacacións gozaranse ao longo do ano, de forma sucesiva entre as quendas a fin de garantir a continuidade na produción e o servizo.

No sistema de dúas quendas e media, durante este período vacacional pasarase a unha rotación de mañá e tarde suprimíndose a semana de axuste.

No réxime de tres quendas e media, a fin de poder garantir 20 días continuados en período estival, poderán asignarse vacacións por quendas completas, pasándose a unha rotación de dúas quendas, de mañá e tarde, para as quendas de traballo restantes.

Para o réxime de cinco quendas durante o período vacacional de verán, os traballadores pasarán a traballar en ciclos de catro semanas, suprimíndose a quinta semana do ciclo, ao quedar só catro quendas de persoal para cubrir a produción.

2.- Se un traballador no tempo fixado para as vacacións anuais non tivese un ano de antigüidade, gozará do número de días proporcionais ao tempo traballado.

No caso de Incapacidade Temporal derivada de accidente de traballo producida antes da data sinalada para as vacacións, a empresa determinará un novo período de aproveitamento, se no ano en que se produce a baixa se reincorpora antes do 31 de decembro e hai días naturais suficientes para o aproveitamento. En caso contrario pérdense as vacacións.

Licenzas, excedencias, maternidade e paternidade

Artigo 18º.- Permisos, licenzas e excedencias.

A) O traballador, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días (artigo 37.3.b do Estatuto dos traballadores).

Nos supostos de falecemento, enfermidade grave ou hospitalización o permiso esténdese a parentes de segundo grao tanto por consanguinidade como por afinidade.

Enténdese por afinidade o parentesco que mediante o matrimonio se establece entre cada cónxuxe e os parentes consanguíneos do outro cónxuxe.

Así mesmo, inclúense as parellas de feito como situación que outorga dereito ao aproveitamento das licenzas contempladas neste artigo, a excepción do permiso por matrimonio.

Esténdese, así mesmo, os efectos ao parentesco por afinidade, en relación aos parentes ata o segundo grao da persoa coa que conviva o traballador como parella de feito.

Para estes efectos, a situación de convivencia acreditarase mediante certificación expedida polo organismo Público a quen corresponda a xestión do censo de parellas de feito.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

e) Por estudos, concederanse as licenzas necesarias retribuídas para que se poida concorrer aos exames nas convocatorias do correspondente centro, debendo ser presentados os xustificantes de convocatoria e asistencia a exame.

f) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

Posteriormente ao aproveitamento destes permisos, os produtores xustificarán fidedignamente as causas que os motivaron.

O aproveitamento das licenzas terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva, de non ter sido solicitada en tal sentido non haberá lugar á devandita licenza.

B) En materia de excedencias estarase ao disposto no art. 46 do Estatuto dos Traballadores e demais normativa de aplicación.

Artigo 19º.- Maternidade.

1. As traballadoras terán dereito, no suposto de parto, a unha suspensión do contrato de traballo de dezaseis semanas de duración, que se gozarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto.

Malia o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva coa nai.

Nos supostos de adopción e acollemento, nos termos regulados no artigo 45 1.d) de Estatuto dos Traballadores, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas a elección do traballador, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ben a partir da resolución administrativa ou xudicial de acollemento, provisional ou definitivo, sen que en ningún caso un menor poida dar dereito a varios períodos de suspensión.

No caso de que ambos os proxenitores traballen, o período distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozar del de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas previstas ou das que correspondan en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple.

No suposto de discapacidade do fillo ou do menor adoptado ou acollido, a suspensión do contrato a que se refire este apartado terá unha duración adicional de dúas semanas.

Os períodos aos que se refire o presente artigo poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, previo acordo entre a empresa e os traballadores afectados, nos termos en que regulamentariamente se determine.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, o período de suspensión previsto para cada caso neste artigo poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

2. Durante as situacións previstas no apartado 1 deste artigo, a nai ou o pai, terán dereito a percibir, se é o caso, un complemento que engadido á prestación pública recoñecida garanta o 100 % do seu salario real.

3. Se o período de maternidade coincide co período de vacacións da traballadora, esta terá opción a gozar delas antes ou despois da maternidade.

Artigo 20.- Lactación e redución de xornada.

1. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ambos traballen.

Así mesmo, a traballadora poderá optar polo aproveitamento acumulado dos permisos de lactación en xornadas completas, xa sexa mediante o seu aproveitamento por períodos semanais ou mensuais, ou ben acumulando o aproveitamento do permiso de lactación a seguir do período de maternidade, computándose neste suposto unha hora de lactación por cada día de traballo efectivo.

2. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.

Terán o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A redución de xornada contemplada no presente apartado constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

3. A concreción horaria e a determinación do período de aproveitamento do permiso de lactación e da redución de xornada, previstos nos apartados 1 e 2, corresponderá ao traballador, dentro da xornada ordinaria. O traballador deberá preavisar á Empresa con quince días de antelación a data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre a empresa e o traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de aproveitamento deste artigo serán resoltas pola xurisdición competente.

Artigo 21º.- Paternidade.

Nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento de acordo co artigo 45.1.d) do Estatuto dos traballadores (E.T.), o traballador terá dereito á suspensión do contrato de traballo durante trece días ininterrompidos, ampliables en dous días máis por cada fillo a partir do segundo.

Esta suspensión é independente do aproveitamento compartido dos períodos de descanso por maternidade, regulados no artigo 48.4. E.T.

O traballador que exerza este dereito poderá facelo durante o período comprendido a partir do remate do permiso por nacemento de fillo, ou a partir da resolución de adopción ou acollemento, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4 E.T. ou inmediatamente despois do remate da devandita suspensión.

O traballador deberá comunicar ao empresario o exercicio deste dereito cunha antelación dun mes a fin de evitar trastornos organizativos.

Durante o período da suspensión o traballador percibirá a prestación de paternidade nos termos e condicións establecidos na Lei Xeral de Seguridade Social.

Estrutura salarial

Artigo 22º.- Salario.

Considerarase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, calquera que sexa a forma de remuneración. En ningún caso o salario en especie poderá superar o 30 por 100 das percepcións salariais do traballador.

Artigo 23º.- Complementos salariais.

1) Persoais: Derivan de condicións persoais, concorrentes no traballador, e non valoradas na fixación do salario base.

1.1.- Antigüidade consolidada.

1.2.- Complemento persoal: Vén a retribuír unha circunstancia especial ou específica do traballador, tales como idiomas, títulos, coñecementos especiais, responsabilidade ou mando, sempre que resulte de aplicación ao traballo que desenvolve o traballador e non sexa valorado ao establecer o salario base do seu grupo ou nivel.

2) Por posto de traballo: Retribúen circunstancias concorrentes no posto de traballo ocupado, e gáñase en virtude de prestación feita neste.

2.1.- Nocturnidade.- Consistente nun incremento do 26% do salario base por noite traballada, agás que o traballador fose contratado especificamente para traballar en xornada nocturna. No ano 2008 elevarase ao 27 % do salario base por cada xornada nocturna de oito horas.

2.2.- Pluses de xornada:

Os traballadores, en función da modalidade de xornada que realicen, percibirán un plus de xornada nas doce mensualidades do ano, que para os anos 2007 e 2008 ten os valores que figuran no cadro que segue a continuación:

SISTEMA DE TRABALLO

PLUS DE XORNADA

2007

2008

XORNADA PARTIDA

81,10.- euros

97.- euros

DÚAS QUENDAS

81,10.- euros

97.- euros

DÚAS QUENDAS E MEDIA

-----

150.- euros

TRES QUENDAS

81,10.- euros

110.- euros

TRES QUENDAS E MEDIA

-----

150.- euros

CINCO QUENDAS

150.- euros

200.- euros

O plus de xornada implica a derrogación dos pluses de domingo e festivo que viñan percibíndose ata a data en 4 quendas.

2.3.- Compensación festivos do Nadal. Retribúen o traballo efectivo nas quendas de traballo do Nadal para o sistema de cinco quendas continuado.

3) Gratificacións extraordinarias.

O persoal percibirá dúas pagas extraordinarias nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha delas a trinta días de salario base máis antigüidade consolidada, e unha paga de beneficios por importe de vinte e oito días de salario base máis antigüidade consolidada, que se aboará por metades nos meses de marzo e outubro.

A paga de verán farase efectiva o 15 de xullo e a do Nadal o 15 de decembro ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

Artigo 24º.- Recibo de salarios.

A estrutura salarial establecida neste convenio debe estar reflectida nos recibos de salario.

1. A liquidación e o pagamento do salario faranse puntual e documentalmente na data convida e a través de entidades bancarias. O período de tempo a que se refire a subscrición das retribucións periódicas e regulares non poderá exceder dun mes.

O traballador e, coa súa autorización, os seus representantes legais terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos a conta do traballo xa realizado.

A documentación do salario realizarase mediante a entrega ao traballador dun recibo individual e xustificativo do pagamento deste. O recibo de salarios axustarase ao modelo que aprobe o Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

2. O salario aboarase por períodos vencidos e mensualmente non máis tarde do quinto día hábil do mes seguinte.

3. O dereito ao salario a comisión nacerá no momento de realizarse e pagarse o negocio, a colocación ou venda en que interviñese o traballador, liquidándose e pagándose, agás que se tivese pactado outra cousa, ao finalizar o ano.

O traballador e os seus representantes legais poden pedir en calquera momento comunicacións da parte dos libros referentes a tales reportacións económicas.

4. O interese por demora no pagamento do salario será o 10 por 100 anual do debido.

5. O salario, así como o pagamento delegado das prestacións da seguridade Social, poderá efectualo o Empresario en moeda de curso legal ou mediante talón ou outra modalidade de pagamentos similar a través de entidades de crédito, previo informe ao Comité de Empresa ou Delegados de persoal.

Artigo 25º.- Horas extraordinarias.

1. Tendo en conta a situación de paro existente e co obxecto de favorecer a creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ao mínimo indispensable as horas extras de acordo cos seguintes criterios:

Horas extras habituais: Supresión.

Horas extras estruturais: Enténdese por hora extra estrutural a necesaria por pedido imprevisto, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras necesidades de carácter estrutural derivadas da natureza das actividades de que se trate.

A dirección da empresa informará mensualmente os representantes dos traballadores, sobre o número de horas extras realizadas, especificando as causas e acompañando unha relación nominal dos traballadores que as realizaron, con detalle do número traballadas por cada un.

2. Establécese un importe de horas extraordinarias único para cada categoría profesional reflectida en convenio, igualando os valores de hora extra de FINSA, para as categorías de produción. Para o ano 2007 terán os importes seguintes:

CATEGORÍA

PROFESIONAL

HORA EXTRA

H.EXTRA

FUNCIONAL

PEÓN ESPECIALISTA

11,53.- euros

9,22.- euros

AXUDANTE/ALMACÉN.

11,66.- euros

9,33.- euros

OFICIAL 2ª

12,20.- euros

9,76.- euros

OFICIAL 1ª

13,04.- euros

10,43.- euros

XEFE EQUIPO

15,10.- euros

12,08.- euros

Así mesmo, establécese unha hora extra de carácter funcional para atender pedidos imprevistos, puntas de produción ou necesidades de servizo a clientes e ausencias imprevistas á vez de traballo, prestadas de luns a venres entre as 6:00 e as 22:00 horas cun importe do 80% do valor da hora extra establecida por categoría.

O resto de horas realizadas, fóra dos períodos anteriormente definidos, retribuiranse como horas extraordinarias.

No ano 2008 aplicaranse os valores de hora extraordinaria e hora extra funcional aprobados nas táboas salariais de FINSA.

Non obstante, os traballadores terán a opción da súa compensación por descanso retribuído, en igual tempo ao prestado como traballo extraordinario, sempre que sexa comunicado con carácter previo á súa realización, a fin de coñecer con antelación as necesidades de persoal para evitar trastornos na produción.

No suposto de opción polo descanso retribuído, no mes en que se realicen as horas extras, aboarase a diferenza entre o valor da hora extra e o valor da hora ordinaria.

Artigo 26º.- Antigüidade.

Acordada xa a conxelación do complemento de antigüidade, os traballadores que tivesen xerados antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada nesa data. A devandita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de "antigüidade consolidada", sen que poida ser obxecto de compensación nin absorción.

Artigo 27º.- Prohibición de discriminación.

a) Tanto os homes como as mulleres gozarán de igualdade de oportunidades no que fai ao emprego, a formación, a promoción e o desenvolvemento do seu traballo.

b) O empresario está obrigado a pagar pola prestación dun traballo de igual valor o mesmo salario, tanto polo salario base como polos complementos salariais, sen discriminación ningunha por razón de sexo.

Aplicación e interpretación

Artigo 28º.- Comisión Mixta Paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender a cantas dúbidas poidan derivarse da aplicación del, establécese unha Comisión Paritaria integrada por catro membros, dous pola parte social e dous pola parte empresarial.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo, arbitraxe e procesuais, a Comisión Mixta Paritaria funcionará de común acordo como órgano de mediación nos conflitos derivados da aplicación do convenio, así como en todas aquelas cuestións socio-laborais que poidan afectar á empresa.

Artigo 29º.- Diminución de capacidade física.

Os traballadores que por accidente, enfermidade, idade e outras circunstancias vexan diminuída a súa capacidade, deberán ser destinados aos traballos axeitados ás súas posibilidades. Esgotaranse todos os medios terapéuticos posibles para a súa rehabilitación ao mesmo posto de traballo. En calquera caso, a súa retribución salarial nunca será inferior á categoría profesional que tivese recoñecida.

Artigo 30º.- Formación profesional.

A maior cualificación do persoal é un obxectivo compartido pola empresa e a representación dos traballadores, que redunde tanto en beneficio dos traballadores, como en beneficio da produtividade, redución de custos, optimización da calidade do servizo ao cliente; atención ao medio ambiente, mellora da seguridade e saúde no traballo, etc.

Para tal efecto, promoverase a mellora no nivel formativo dos traballadores, que permita a adaptación progresiva aos requirimentos das prestacións do traballo en cada momento mediante a formación interna e externa.

A formación interna que fose requirida como tal pola empresa pode ser impartida co persoal e medios propios, ou mediante contratación de persoal especializado para levarse a cabo na empresa.

O traballador terá dereito:

a) Ao aproveitamento dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quendas de traballo, cando curse con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou profesional.

b) A adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou a concesión do permiso oportuno de formación ou formación profesional con reserva de posto de traballo.

Artigo 31º.- Plans para a formación continua na empresa.

Ambas as partes estudarán a presentación de plans de formación de empresa para a formación continua de traballadores, de conformidade co disposto no Acordo Estatal de Formación Continua, co obxectivo de que afecte a colectivos amplos de traballadores, ou seccións en que se prevexan cambios tecnolóxicos, como paso previo para a súa adaptación aos novos requirimentos de cualificación que se demanden.

Artigo 32º.- Seguridade e saúde.

As partes que subscriben este convenio desenvolverán as accións e medidas de Seguridade e Saúde Laboral que sexan necesarias para conseguir unhas condicións de traballo idóneas.

Estarase ao disposto no artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

A empresa e traballadores tomarán como referencia e cumprirán escrupulosamente as disposicións xerais da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e demais disposicións vixentes.

Artigo 33º.- Comité de seguridade e saúde.

Aplicarase o disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre Prevención de Riscos Laborais, reducindo o período de reunións de tres meses a unha por mes.

Artigo 34º.- Recoñecementos médicos.

Todo o persoal desta empresa terá dereito a unha axeitada vixilancia da saúde, en función da avaliación de riscos da súa actividade profesional, que determinará o contido e periodicidade dos recoñecementos médicos, garantíndose, como mínimo, un recoñecemento médico anual que se realizará polos servizos sanitarios concertados pola empresa.

Artigo 35º.- Roupas de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de dúas fundas cada ano e, naqueles postos de traballo que así o requirisen, e previa xustificación, as que fosen necesarias.

Artigo 36º.- Póliza de seguros.

A Empresa contratará unha póliza colectiva da que dará copia ao Comité de Empresa, que abranga os riscos indicados no parágrafo 2º deste artigo.

A cobertura por accidente laboral ou “in itinere” con resultado de morte e, accidente laboral ou “in itinere” con resultado de invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez, será de 25.000 euros. A partir do ano 2008 os capitais incrementaranse ata os 35.000 euros. A cobertura estenderase durante a vixencia, incluso prorrogada, do convenio.

Artigo 37º.- Enfermidade e accidente.

1.- En caso de Incapacidade Temporal derivada de accidente de traballo ou accidente “in itinere” recoñecido como accidente laboral, establécese un complemento de I.T. que engadido á prestación pública do INSS garanta a percepción do 100% dos conceptos salariais fixos do mes de cada traballador, con exclusión das horas extraordinarias.

O devandito complemento aboarase a partir do primeiro día da baixa ata o esgotamento dos prazos de I.T. establecidos na lexislación vixente.

2.- En caso de Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, comezarase a percibir o complemento de I.T. establecido no número anterior, a partir do mes ininterrompido a partir do inicio da Incapacidade Temporal.

Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa completará o 100% do seu salario de convenio exclusivamente durante o tempo que dure a hospitalización.

Artigo 38º.- Premio de xubilación.

Cando un traballador se xubile e permaneza na empresa polo menos 15 anos, percibirá o importe de dúas mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos 15 mencionados.

No suposto de xubilación parcial, o premio de xubilación aboarase cando o traballador solicite a xubilación total, como queira que durante a xubilación parcial mantense vixente a relación laboral.

Incremento salarial

Artigo 39º.- Incremento salarial.

As retribucións consistirán na subscrición das cantidades fixadas no articulado do presente convenio e das que se especifican na táboa salarial anexa.

1. Para o ano 2007 incrementaranse os salarios da forma que se detalla a seguir, ao tempo que se produce a reestruturación dos conceptos salariais pactados en convenio, coa derrogación do plus de especial dedicación.

As táboas de salario base por categoría para o ano 2007 son as que figuran no anexo I, despois de incrementarse en 720 euros anuais de forma lineal para cada categoría, que absorben igual contía do plus de especial dedicación.

Igualmente establécense os pluses de xornada que se detallan no artigo 23, que absorberán o importe restante do plus de especial dedicación.

A nocturnidade elévase ao 26% do salario base diario, por cada vez de noite completo realizado, incrementándose ao 27% no 2008.

Mantense conxelado o importe da antigüidade consolidada, de conformidade co pactado no Convenio Estatal da Madeira.

As contías pactadas considéranse definitivas para o ano 2007, sen que polo tanto sexan obxecto de regularización por desviación do IPC.

2. Para o segundo ano garántese un incremento do IPC do ano anterior máis 1,25 puntos, sobre todos os conceptos salariais de convenio, a excepción da antigüidade consolidada.

Adicionalmente equipárase o plus de dúas e tres quendas co importe que para esa anualidade se estableza no convenio FINSA para 2008 para o plus de xornada de dúas quendas, e que se estima da orde de 96 euros mensuais.

Os incrementos económicos correspondentes ao primeiro ano de vixencia serán de aplicación con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2007.

Artigo 40º.- Dos dereitos sindicais.

O Comité de Empresa é o órgano máximo de representación colexiada do conxunto dos traballadores no centro de traballo.

Cada un das compoñentes do Comité da Empresa dispoñerá dun crédito de 16 horas mensuais, retribuídas como horas realmente traballadas, para o exercicio das súas funcións.

As citadas horas poderán ser computadas bimensualmente en forma global e distribuídas entre os seus membros segundo o seu propio criterio.

Quedan excluídas do conxunto destas horas as que correspondan a reunións convocadas pola empresa e as dedicadas á negociación colectiva.

O Comité de Empresa dispoñerá dun local para o desenvolvemento das súas funcións.

Dispoñerase, así mesmo, dun taboleiro de anuncios.

Artigo 41º.- Competencias.

Estarase ao disposto no artigo 64 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 42º.- Seccións sindicais.

Estarase ao disposto no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.- Normativa complementaria.

No non recollido neste convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normativa de xeral aplicación.

Segunda.- Pagamento de atrasos.

Os atrasos xerados aboaranse antes do día 30 de setembro de 2007.

Terceira.- Plus de especial dedicación.

A partir do ano 2007 deixará de percibirse o plus de especial dedicación, que se absorberá da forma que a continuación se detalla:

720 euros anuais levaranse ao salario base de cada categoría, xa sexa dividindo entre 453 para o persoal a salario día e entre 14,93 para o salario mes.

O resto do importe anual absorberase nos novos pluses de xornada que se reflicten no artigo 24 con valor de 2007.

Deste xeito, queda derrogado este concepto salarial a 31.12.2006, sen que haxa dereito á percepción de cantidade algunha polo devandito concepto.

Cuarta.- Categorías profesionais.

Ambas as partes acordan a adaptación do actual sistema de clasificación profesional por categorías, unha vez completada a reconversión de actividade da fábrica.

Con este fin acórdase manter o diálogo aberto no seo do Comité de Empresa para a devandita adaptación, que se desenvolverá de forma paralela ao proceso de negociación da Mesa de Categorías profesionais que está prevista no convenio do Grupo FINSA en Galiza.

Disposición transitoria

Única.- Complementos de Incapacidade Temporal.

Os complementos de I.T. pactados no artigo 37 serán de aplicación ás situacións de Incapacidade Temporal iniciadas a partir do asinamento do presente convenio.

En Mondoñedo, a 31 de outubro de 2007.

TABLAS SALARIALES ECAR 2007

SALARIO BASE DIA

CATEGORIAS

SALARIO BASE

NOCHES

Encargado General

29,73

Encargado de Sección

29,26

Jefe de Equipo

28,22

Oficial de 1ª

28,22

7,34

Oficial de 2ª

27,20

7,07

Ayudante

26,32

6,84

Peón Especialista

25,87

6,73

SALARIO MENSUAL

SUBALTERNOS

SALARIO BASE

Pesador - Basculero

788,92

Almacenero

815,40

Chofer Turismo

815,40

Guarda

815,40

Chofer - Mecánico

846,75

ADMINISTRATIVOS

SALARIO BASE

Auxiliar, Mecanógrafa

788,92

Oficial 2ª

894,37

Oficial 1ª

973,48

Jefe Administrativo

1.068,44

TECNICOS

SALARIO BASE

Analista, Calcador

788,92

Jefe de Taller

878,47

Delineante

894,69

Jefe de Talleres

973,48

Titulado Grado Medio

989,32

Titulado Grado Superior

1.269,02